27 Apr 2004

¿Xa non hai mulleres coma as de antes?

Anda pola rede un extracto dun libro da Falange Española Tradicionalista y de las Jons. Cando cansei de rir coas recomendacións, chegoume unha ondanada de culpabilidade que tentei silenciar amosándome a min mesma que o texto non era máis ca un invento, conto de ciber-ociosos... Pero non, resulta que o libro existiu (existe); chámase "Economía doméstica. Sección femenina de F.E.T. y de las J.O.N.S" e foi publicado por primeira vez en Madrid sobre o 1954. Poñéndonos en plan Garci, ¡había uns cinco anos que Simone de Beauvoir publicara en París "Le Deuxième Sexe"!
Só atopo un certo alivio espiritual no título do email que me descubriu abriu a caixa de pandora: "xa non hai mulleres coma as de antes".

No comments:

Post a Comment