11 Apr 2005

Gustaríame poder colgar fotos, porque teño un par delas xeniais, pero non teño o Hello e non sei por que motivo pero non podo descargalo neste pc e como lle estou mangando internete á man que me da de comer (desta degaxo) nin sequera me podo queixar. Quin fastic! (Nota.- É incríble, que rariña son... non sei por que agora, case un ano despois de volver, se me empezan a vir á cabeza frases en catalán... sobre todo esa, quin fastic!, e aqueloutra que me gustou sempre moito, es clar que si!) non sei se a miña ciber-ausencia será culpa do das fotos (anque non soa crible nin para min, que son a que inventa a excusa) ou de que estou saturada de ordenador (tampouco creo, teño botado ben máis horas) ou daquela vella teoría de que a maior vida menor blog (depende do que entendemos por vida)...
non sei

No comments:

Post a Comment