15 Apr 2005

luis posada carriles.jpg

Luis Posada Carriles
, avogado anticastrista de 77 anos acusado polo goberno cubano de planear un atentado contra Fidel Castro e de participar en atentados con bomba contra varios hoteis no país que causaron a morte dun italiano, solicitou esta semana asilo ós USA. Posada Carriles, a quen tamén buscan as autoridades venezolanas pola voladura dun avión cubano no 76 que causou a morte de 73 persoas, é un heroe para os exiliados cubanos en Miami e hai 30 días atravesou a fronteira de México cara ós Estados Unidos. O seu avogado presentou o mércores a solicitude de asilo político ó que tería dereito, segundo o seu representante "porque promoveu os intereses deste país durante aproximadamente catro décadas". O voceiro do departamento de Estado norteamericano dixo ós medios que non podía comentar "asuntos de asilo ou casos de asilo", que as acusacións de terrorismo "terán que ser consideradas moi seriamente" e que, respecto dos servicios prestados por Posada Carriles ós USA, "está no rexistro do directorio como membro oficial da CIA" dende principios dos 60 e que ademáis é membro de exército estadounidense.

No comments:

Post a Comment