21 Apr 2005

Onte actuamos en Ourense. Sentimentos contradictorios e unhas maniotas da hostia. Saín de Cicely fostiada despois de traballar, durmín pouco e estaba moi cansa. Esperar, cargar o bus, viaxe de ida, descargar, cargar unha furgoneta que nos leve ó teatro, descargar no teatro, coloca-las cousas, facerse co novo espacio, xantar cos de teatro, ensaiar, quentar tarde mal e arrastro... e actuar. Actuar sempre é xenial, ata para unha descrida coma min, sempre minimizando os nervos e as emocións. Despois, os aplausos, o coloquio amigo, cargar a furgoneta que saque as cousas do teatro, cear cos de ourense, bus de volta, descargar na aula os catro pringaos que non puidemos quedar para catar o LK... durmir unhas horas e volta para Cicely. Estou mallada e non tiven tempo nin para fixar os poucos recordos que xorden nídios entre as carreiras, pero encántame ter esa sensación de estar aproveitando o tempo ó máximo. E para seguir coa racha de actividade frenética, mañá ó mediodía parto cos de AI para Pamplona/Iruña. Voltaremos o domingo, co tempo xusto para ir ó ensaio, durmir unhas horas e voltar a Cicely.
O martes, vigueses, otallerdeartedramáticadauniversidadedesantiagonocampusdelugo leva a súa versión libérrima da Nai de máximo Gorki á cidade olívica. Alá vós!

No comments:

Post a Comment