É mellor calar e parecer estúpida que abrir a boca e confirmalo?
3 Jul 2009
Comas traidoras
Pregúntome cantos poemas terán estragado as comas traidoras e respóndome que é imposible calcular cantos amores eternos terán masacrado a falta de depilación, as casas desordeadas, os poemas alleos, as inseguridades... "Aquilo arranxábase cunha boa remexedura na cama" e eso sábeo calquera. Tamén Ela. Ela sabe iso e sabe tamén que arranxalo, ás veces, é a peor opción. Arranxalo pode estragar un poema. O poema que nos faría grandes entre os máis grandes.
No comments:
Post a Comment