Eu tecleo mentres el edifica un garaxe enorme no medio e medio da miña habitación.
Teñen que coller todos os coches, explícame. Remata, mírao orgulloso, facémoslle unha foto, dime preocupado:
cando acabes de traballar e te vaias, hai que cerrar a ventana, para que non veña ningún lobo e o desfaga. Eu protesto:
cando acabes temos que recollelo todo, porque eu teño que pasar por aí para sair da habitación. El pénsao un segundo e responde:
e se imaxinamos que o garaxe está debaixo dunha rotonda e tu pasas darredor?
No comments:
Post a Comment