Aproveito que un dos meus inventos favoritos está de
aniversario para limpar a carpeta de
post que nunca publicarei. Selecciono 30, escríboos en cadanseu cadradiño amarelo e seméntoos pola cidade adiante. No camiño de volta, sinto que a xente me mira raro. Supoño que os sorprenderán as miñas alancadas de astronauta.
No comments:
Post a Comment