A arte, tal como se concibía hai dous séculos, non ten sentido. Os artistas poñían metáforas, trazos, sons ao descoñecido... Con metáforas pouco se esclarece o misterio, a non ser que nos conformemos cun placebo, cómodo e barato na súa posoloxía, pero ineficaz a longo prazo.
___
*Obediencia é a novela coa que Antón Lopo gañou o premio García Barros 2010. Unha distopía chea de guiños ao presente que se bebe dun trago, entre sorrisos cómplices, e deixa un sabor amargo, como mandan os cánones. "Diríase que nese dilema reside a traxedia do ser humano: a maldición de elixir entre dúas únicas posibilidades e a certeza de que sempre, elixas o que elixas, se che escapará algo", di unha das personaxes ao comezo da novela. Así é.
Alégrame moito este post. Eu tamén disfrutei inmensamente desta novela do amigo Antón. Coido que a moralexa, un tanto amarga, que nos deixa é a de que o sistema necesita da disidencia para xustificarse e que, ao esmo tempo, a súa capacidade de integrar esa disidencia é case infinita. En todo caso, unha historia que te vai atrapando e que resulta de unha moi entretida lectura.
ReplyDeleteTeño saudades dos tempos de disidencia pasados e futuros!