27 Jan 2006

A sebya horosho

ruski keyboard

Sigo viva. É máis, estou ben. Algo estresada, pero ben. Acabei Tokio Blues, que por certo é un deses libros que te jode acabar, porque estás tan metida na vida das personaxes que non soportas que che pechen o buratiño polo que os espiabas. Despois, e do tirón, lin Háblame musa de aquel varón e Carta Blanca, que levaban meses na recámara. Xa sabedes como é, cando tés que estudiar engánchaste a todo canto libro e película atopas. A min, ademáis, éntrame unha necesidade frenética de deixa-la casa impoluta. En fin, que os libros están ben, sobre todo o de Lorenzo Silva, do que me declaro xa seguidora absoluta. Ademáis de ler, ver pelis e limpar, adico a maior parte do meu tempo a entender o funcionamento do sistema capitalista. E, sobre todo, a entender aos que o sustentan. Tras algunha desafortunada discusión política, cheguei á conclusión de que o mellor que pode facer alguén das miñas características en-un-sitio-como-este é ver oir e calar. O malo é que vai contra a propia esencia da miña natureza. E o bon é que cando se acaban as diferencias empeza o vodka (ou era ao revés). Onte fun cear cos de ruso a un mini restaurante ruso (un dos pros das urbes). A comida estaba boa (o postre, riquísimo) e a compañía foi muito máis agradable do que esperaba... e, de regalo, tropeceime cun sarriano nun bar hip-hopero. Ningún dos dous sabiamos quen era o outro, pero recoñecímonos na multitude... Flipante.

No comments:

Post a Comment