skip to main |
skip to sidebar
Tocar ben é de dereitas.___
*Oído por un amigo nun concerto punk.
**O da imaxe é Jimi Hendrix, un dos mellores guitarristas de todos os tempos (1, 2 e 3). E si, a pesar de ser zurdo, hai quen sostén que escoraba un pouco para a dereita.
***Non din identificado ao autor (ou autora) da foto. Se sabedes quen é, agradeceríavos a información.
Cariño, el comunismo no está reñido con vivir en un loft. Para nada.___
*A foto chámase Old and New Shanghai (2007) e fíxoa Boris Svartzman, un fotógrafo franco-arxentino que leva sete anos vivindo en China e que nos últimos anos gañou varios premios de fotografía social cunha serie de fotografías sobre as demolicións dos vellos vecindarios en Shanghai.
-Así que ti es desas...-De cales?-Desas que nunca están tristes, porque sempre están enfadadas.___
*A imaxe pertence á película de Sidney Lumet 12 Angry Men (1957).
A ver, te explico tus derechos (...) Y debes saber que me puedes hablar en gallego, aunque yo lo tengo que traducir todo, porque yo no lo hablo, sabes? (...) Lo digo porque como vi que hablabais en gallego entre vosotras...___
*A imaxe é de Eve Arnold, a primeira muller que formou parte da axencia Magnum. Traballou para Life, Vogue, Paris Match, Stern e o Sunday Times. Viaxou polos Estados Unidos, Europa, Latinoamérica, India, Afganistan, a URSS e China. Retratou varios dos lugares nos que se escribiu o século XX e, sen embargo, fíxose famosa pola "frescura e naturalidade" coa que fotografou a estrelas como Marlene Dietrich, John Huston, Clark Gable, Joan Crawford, a raíña de Inglaterra, Richard Nixon, Joseph McCarthy, Malcolm X e Marilyn Monroe.
Levamos o peso da educación encima e parece que todo é determinante para a nosa vida... pero despois nunca pasa nada. Á mañá seguinte, levántaste e non pasou nada.___
*A foto é de Robert Yager. Un tipo curioso, que segundo parece viviu todas as vidas . Eu acabo de descubrilo, aquí.
Si hace falta sumisión... Sumisión.
Por evitar una agresión, cualquier cosa.
___
*A imaxe é Les fantaisies de Mr. Seabrook (1930), de Man Ray.
**A frase, por certo, díxoa un oficial da Guarda Civil no medio da declaración dunha muller que fora denunciar a súa parella por malos tratos. Copieina na miña libretiña alí mesmo. Diante del.
-Mexarasme por encima? -Non. -Pois entonces vou ter que ir de putas.___
*A imaxe é
Lovers in bistro (1932), de
Brassai.
Os tíos telos que facer sentir importantes. Por que cres que se deita con esa? Dígocho eu, porque mostra interés.___
*A foto chámase Autoportrait devant l'une de ses poupees (1945) e é de Hans Bellmer.
Na casa teño mazás e kiwis, porque é o que come a xente.___
*A imaxe é Muette et aveugle (1940), de Marcel Marien.
-A estas alturas da película, os tíos ou están emparellados ou están cheos de merda. -Non sei como tomarme iso, eu non teño parella.___
*A imaxe é Paulette et Andre, de Brassai.
The best way to get over a woman is to turn her into literature...___
*...din aquí que dixo Henry Miller. E dicir diría, pero eu espero que non se referira a Anaïs Nin.
**Non fun capaz de atopar a autoría da foto.
***Desconvencida e os 500 days of Summer.
-Canto cobrarías?
-Eu, agora, non teño prezo.___
*A imaxe é posiblemente a foto máis famosa da fotógrafa máis famosa do mundo. A finais de 1980 a revista Rolling Stone pediulle a Annie Leibovitz que retratase a John Lennon para unha portada. Dixéronlle, expresamente, que o músico non podía sair acompañado pola súa muller, Yoko Ono, a quen os fans culpaban dos problemas entre Lennon e o resto dos Beatles. Sen embargo, Leibovitz comprometeuse coa parella a que esta foto sería a portada da revista.
A sesión fotográfica foi 8 de decembro de 1980, poucas horas antes de Lennon fose asasinado, e o 22 de xaneiro de 1981 a foto foi, efectivamente, portada de Rolling Stone. Sen titulares.
Vas de liberada, pero eres unha redentora... ...Como todas as mulleres___
*A foto, outra vez, de Robert Frank.
Acabaré en el casino, apostándome a rojo.___
*A foto é de Robert Frank, si. Pertence a The Americans, tirouna en Nova Orleans en 1955 e chamouna Trolley.
Se eu puidera descansar de min...___
*Aproveito as próximas entregas do moleskine para compartir unha serie de fotografías de Robert Frank, que ademais de ser unha figura imprescindible na historia da fotografía documental é un dos meus artistas favoritos... E iso si que é un fito importante, aínda que algo mal remunerado.
**Frank naceu en Zürich, nunha familia xudía acomodada e é famoso pola súa ollada escéptica sobre as sociedades británica e usamericana e por ser o fotógrafo da xeración beat. O seu traballo máis recoñecido é The Americans (esta referencia tamén é interesante), que o ano pasado celebrou o seu 50 aniversario. Tamén dirixiu varias películas. Entre elas, un documental sobre os Rolling Stones cunha historia xudicial algo rocambolesca. Nos últimos anos derivou cara a fotografía e o cinema experimental e, despois da morte dos seus dous fillos, limitou drasticamente as súas aparicións públicas.
***A imaxe que ilustra este post titúlase, simplemente, London street_1951. Recomendo vela ampliada, contén un montón de detalles e historias.
Na vida hai dúas clases de persoas: as vividoras e as traballadoras. As vividoras nunca traballan e as traballadoras nunca viven.___
*A foto é Coal Miner at his Evening Meal (Northumberland, 1937), de Bill Brandt.
**Dicía Gisele Freung en La fotografia como Documento Social que "La reproduccion de la obra de arte no solo esta condicionada por la manera de ver del fotografo, sino tambien por la del que mira la fotografia."
Todo el puto día pienso en ti.___
*Sugar Ray Robinson é considerado o mellor boxeador da historia por Associated Press, ESPN, a revista Ring e outros grandes como Muhammad Ali. Esta foto, que roubei aquí e da que non atopei máis firma cá da axencia (AP), correspóndese coa primeira derrota da súa carreira. Foi ontra Raging Bull, outro dos grandes.
**A frase non estaba no meu moleskine, atopeina na rede. Díxoa alguén que temía ser cursi. Eu creo, sinceramente, que ese é o mellor poema do Mundo. Así como está. Sen coma ningunha.
Prefiro vestir santos a desnudar borrachos.___
*Like a prayer é o primeiro single do cuarto disco de Madonna. As queixas de varios grupos relixiosos tralo lanzamento do vídeo, que algunha enquisa considerou o máis transgresor da Historia, fixeron que Pepsi se desfixese da relación publicitaria que establecera coa cantante. O vídeo dirixírao Mary Lambert, quen contou coa dirección de fotografía de Steven Poster.
Empecemos xuntos esta viaxe, perdendo o último tren.___
* A imaxe chámase Toward Los Angeles, California e fíxoa Dorothea Lange para a Farm Security Administration, en marzo do 1937. Calcúlase que, durante a Gran Depresión, uns dous millóns e medio de persoas abandonaron os seus fogares para botarse á carretera. Ollo ao cartel. A foto é de dominio público, eu collina aquí.