28 Sept 2007

Hasta la vista, babe

from my desk
Hai un meses, dende o despacho, víamos micros amarillas

A derradeira viaxe, a derradeira volta polo centro, a derradeira visita aos museos, o derradeiro carrete chileno, a derradeira obra de teatro, o derradeiro almorzo coas da oficina, o derradeiro ceo en chamas dende a terraza, a derradeira Cena de Chicas, o derradeiro café las candelas feito con auga chilena nunha cafetera napolitana, o derradeiro camiño á oficina, a derradeira promoción de panamá, o derradeiro email convocatoria... Dentro dunha hora deixarei a Oficina definitivamente e quedarei sen Internet por primeira vez dende que pisei Chile.
Este é o derradeiro post dende Chile.
Lyon copy

O ceo de Santiago regaloume un penúltimo atardecer espectacular.
E van un millón.
Quédanme pouco máis de 24 horas en Chile.
Hai casi doce meses que cheguei.
O tempo é tan relativo.

20 Sept 2007

The final countdown



Din que o bo se acaba pronto e este año non estivo nada mal. Vámonos en pouco máis dunha semana e xa só nos queda a liturxia das despedidas, que esperamos nos axudedes a celebrar este sábado a partires das 14.00 co seu asado, coa súa tortilla, coas súas cocretas e cos seus viños chilenos... É que din tamén que as penas compartidas son menos penas.

17 Sept 2007

Pechado por Festas Patrias

Estou por aí, bebendo chicha, comendo anticuchos e bailando cueca para celebrar que hai case douscentos anos se celebrou a primeira Junta de Gobierno de Chile, primeiro fito da independencia.

13 Sept 2007

Feliz Roald Dahl Day 2007!


Matilda, by Quentin Blake (como non podía ser doutra maneira). Roubeina aquí

1. Viste algo amarelo.
2. Leva, polo menos, unha prenda do revés.
3. Deixa caer algo en gobblefunk nas túas conversas.
4. Intercambia un libro de Roald Dahl cun amigo.
5. Fala ao revés.
6. Fai un chiste malo.
7. Gasta unha broma "inesperada".
8. Faille un regalo a alguén.
9. Escribe o teu propio poema asqueroso.
10. Inventa un baile Oompa Loompa e invita os teus amigos a bailalo.

Encántame este tío!

PD. Non deixedes que ninguén vos diga que esto se parece a esto. No máis mínimo.

A outra cara da moeda


Foto dos disturbios da noite do 11 ao 12 nas comunas do extrarradio de Santiago. É de H. Castillo, C. Carvallo, M. Palma ou M. Espinosa (vaya-usté-a-saber) e publicouna emol.com

O 11 de setembro de 2007 acabou, nos barrios da periferia santiaguina, co silencio amedrentado típico das noites de protesta en Chile roto polas balaceras e os saqueos. A morte dun carabinero nunha das comunas máis desfavorecidas da capital por un tiro a queima roupa non abre o debate sobre as consecuencias da desigualdade social extrema ou sobre o incríblemente fácil e barato que parece ser comprar unha arma neste país, senón que recupera para practicamente tódolos medios de comunicación esas palabras anticuadas que sosteñen discursos políticos apolillados e escuros.
E non vos podedes imaxinar canto me ghode.

11 Sept 2007

Vou ser tía (again)



O da foto é o Pikiniño, o verdadeiro home da miña vida, o Juan máis guapérrimo listérrimo e divertidérrimo que coñecín na vida, o meu primeiro sobriño. Acabo de falar con el e díxome que está a punto de chegarlle o "irmanito", que aínda non ten nome oficial nin oficioso, de cuxa educación en la fe católica se ve que vou ser responsable e cuxo nacemento non vou poder presenciar porque decidiu vir ao mundo tal día como hoxe, supoño que para comezar así por-todo-lo-alto a súa carreira de líder político del mundo mundial.
Estou máis emocionadísima...

Actualización 10.15 (16.15): Xa naceu!!!
Actualización 12.50 (18.50): Mandáronme unha foto. Adoro a tecnoloxía.

10 Sept 2007

La calle es nuestra


A foto é de Christian Zuñiga e publicouna hoxe La Tercera

O Goberno chileno non só non lles deu permiso ás organizacións de defensa dos Dereitos Humanos a marchar pola mítica Morandé, senón que non descarta que La Moneda volva amencer mañá (11 de setembro) cercada polos Carabineros, como ocorreu este domingo, para evitar o tránsito das marchas en homenaxe ás vítimas da dictadura.

Que vos dicía?

Claro que non sei eu se estamos nós para falar destas cousas.

7 Sept 2007

Sobre a Industria Editorial Chilena (I): Lecturas

44
anITA botando un ollo aos libros piratas en Perú

Contexto Latinoamericano
Periodistas y Magnates (Instituto Prensa y Sociedad, 2006)
La distribución del Libro en América Latina (CERLAC, 2006)
El Espacio Iberoamericano del libro (CERLAC, 2006)
Percepción sobre el clima empresarial editorial (CERLAC, 2006)
El libro en América Latina, situación actual y políticas públicas (2005)
A Economía do Livro: a crise actual e uma proposta de política (Universidade Federal do Rio de Janeiro, 2005)
Producción y comercio internacional del libro en América Latina* (CERLAC, 2003)

O caso chileno
Política Nacional del Libro y la Lectura (Consejo Nacional de la Cultura y las Artes, 2006)
Chile quiere más cultura (Consejo Nacional de la Cultura y las Artes, 2005)
Una política de Estado para el libro y la lectura (Chile 21, 2005)
Ley 19.891, Consejo Nacional de la Cultura y las Artes (2003)
Ley 19.227, Fondo Nacional de Fomento del Libro y la Lectura (2003)
Ley 17.336, Sobre Propiedad Intelectual (1970) e Ley 19.166, que a modifica (1992)
La industria editorial y el libro en Chile (1930-1984) (Subercaseaux, 1984)
Piratería e libro en Chile (1, 2 e 3)

Outras cousiñas interesantes
Quen move o mercado global (Publishers Weekly, 2007)
Tres claves sobre a indisolubilidade dos conceptos de Industria Editorial e Propiedade Intelectual: crowdsourcing, gratuidad e impresión on demand (1 e 2, La Petite Claudine)
Redes sociales y mundo editorial: ¿hacia dónde va todo esto? (Ciberescrituras, 2007)
El saber- mercancía, las fotocopias y el poder (Kolumna Okupa, 2007)
Entomología para el libro futuro (Libro de Notas**, 2007)
De premios literarios, mercado editorial y creación estética (La Insignia, 2007)

Work in progress

*Esto e máis, aquí
** Imperdible

5 Sept 2007

Must do


Grande, Alberto Montt

Vender mobles
Perfilar maletas
Comprar os derradeiros agasallos
Enviar as postais e cartas acumuladas en 11 meses
Pagar débedas e arreglar papeleos varios
Enviar entrevistas Teatro Galego
Cerrar misións
Acabar estudio de mercado
Escribirlle ao meu xefe o que penso do traballo (coa cabeza e non coas tripas)
Enviar currículums
Entregar tese do Curso de Xestión Cultural
Despedir sitios e personaxes
Ir a Lastarria 90
Subir fotos Machupicchu
Disfrutar os compañeiros de viaxe
Ir a que me lean o Tarot
Planear Fiestas Patrias
Intentar usar os meus quilómetros Lanpass
Decidir se Valado City, Moscú ou Estambul

Quédanme 23 días en Chile e apenas completei unha cuarta parte das miñas tarefas pendentes. Como non podía ser doutra maneira, coñecéndome, empecei polo final.

2 Sept 2007

As de espadas


Din as cartas que estou triste e agobiada, que vivo na calma que precede a tempestade. E a tempestade vai ser muito traballo. Un traballo mui bon, non mui ben remunerado pero si mui creativo e viaxeiro, mui enriquecedor para min e no que vou pasar toda a vida. Non de xornalista. Din as cartas que o xornalismo me produce inseguridade e rabia. E non cerca da familia. Din as cartas que me espera unha vida boa, que me vai gustar vivir, pero que non a vou poder vivir cerca da familia. Cerca desa parte de min mesma. Cerca dun pai forte e feble á vez. Din as cartas que dentro de mui pouco tempo, no medio da tempestade que seguirá esta calma, vou ter que tomar a decisión de separarme desa parte de min mesma. E que a vou tomar, porque non vou poder non tomala. Esto, en concreto, díxomo o As de Espadas.
Pero tamén hai outras cartas.
Hai unha que di que crisis signfica crecer e que teño que aprender a destruir para construir.
Esa é outra historia.
E hai outra que fala dun Don Xoan, dun home comprometido que non tuven, parece, porque non fun "o suficientemente puta" e que nunca vou poder ter de todo, parece, aínda que o vou intentar, parece.
Pero esa aínda é outra historia.
E debe ser contada noutro momento.

Imaxe das manifestacións en Santiago, publicada por La Tercera

Este ano descubrín qué hai no ollo dun furacán. Recordádelo? No ollo dun furacán hai rúas baleiras, cines pechados e silencio. Silencio que soa a medo. Medo ás balaceras, ás porras retráctiles, aos disturbios, aos gases lacrimóxenos, a que che incendien o coche, aos guanacos*, aos cócteles molotov, ás detencións masivas, aos delincuentes "que aprovechan el desorden para cometer fechorías**", a sair á rúa. Chile ten medo de salir á rúa e a min, sinceramente, non me extraña, porque a rúa non é súa, a rúa préstanlla de cando en vez, para según que cousas. Para según que outras, pode quedar sen voz pedíndoa. Para según que outras, vai ter que tomala.
Non sei cando, pronto, Chile vai ter que superar os seus medos e esixirlle a quen a ten secuestrada que lle devolva a rúa, a súa rúa.

*Carros lanza augua.
**Recórdame a única rémora franquista que lle coñezo a meu pai: a orde é boa, o contrario é caos e destrucción.