30 Sep 2005

Forward

Esta mañá recibín dúas mensaxes. Cópiovolas.

Melilla 28.09.05 EFE

Da Asociación por los Derechos Humanos de Andalucía
Las últimas noticias que tenemos de lo ocurrido en Ceuta no pueden ser mas desalentadoras.
Según lo que nos han contado los propios subsaharianos de Beniunesh, cuando intentaron saltar la alambrada esta pasada madrugada, un importante número de guardias civiles empezaron a disparar balas de goma inmediatamente hacia la parte marroquí a través y sobre la alambrada.
Casi a continuación apareció la policía (o el ejército marroquí, no supieron especificar) que los cogieron entre dos fuegos. Como os podéis imagina, la confusión y el caos fue total. El resultado dos muertos en la parte española, al menos cuatro muertos en la parte marroquí (la subdelegación del gobierno sólo ha reconocido dos a cada lado por ahora, aunque no descarta mas). Varias decenas de heridos hospitalizados. 80 personas aproximadamente que lograron pasar.
La respuesta del gobierno supongo que sabéis que ha sido la de desplegar el ejército... ¡que barbaridad! Primero provocan al situación y después la quieren resolver a balazos. Los candidatos a emigrar (ni siquiera son inmigrantes) están aterrorizados, en una situación desesperada y dispersos por los bosques.
Y honestamente nos sentimos toda la gente que estamos siguiendo el tema, totalmente impotentes.
La Apdha ha convocado concentraciones esta tarde en Córdoba, Cádiz y en Sevilla (junto a otros colectivos en esta última ciudad). Pero es evidente que tenemos que hacer algo mas.
Tanto desde Marruecos, como desde España, como por supuesto desde Europa, creo que es preciso que planteemos alguna iniciativa que sirva de mayor presión y también sea altavoz de lo que está pasando en esa primera muralla europea clavada en territorio africano.
Las jornadas de este fin de semana en Larache pueden ser un buen momento para proponer alguna iniciativa que sea capaz de sumar al máximo de redes, colectivos sociales y plataformas.

De SOS Racisme Catalnya
CONCENTRACIÓ UNITÀRIA
EN REPUDI A LES MORTS D'IMMIGRANTS AL MUR COLONIAL DE CEUTA
DIVENDRES 30 SETEMBRE 19h A PLAÇA SANT JAUME

Que está pasando?
Podemos (realmente) facer algo para evitalo?

26 Sep 2005

Times are changing

River of Time by Dot Bardarson

O mundo tal e como eu o coñezo está a piques de desaparecer. Todo flúe, que dicía o grego aquel (Heráclito). Saio de noite por Valado City e non recoñezo a metade dos bares. O mítico Tíroler converteuse nunha especie (sorte que din os Outeiriños) de viñoteca cool na que seguramente se respira (mellor) pero que non ten o encanto deses buratos inmundos nos que pasei a metade da miña adolescencia xogando ao tute. E non só cambian os bares. Parece que dúas das parellas máis estables do meu contorno chegaron ao seu fin. Con maior ou menor sufrimento para unha ou as dúas partes. E outras nas que non puxera a máis mínima confianza de futuro comezan a súa vida conxunta. E unha das miñas mellores amigas comprou un piso. E la Fran fixou para abril a data definitiva da voda. E unha das miñas referencias vitais vai ser nai. E miña irmá pequena non deixa de berrar en cada cousa que fai que non é tan pequena. E estos marabillosos meses en Cicely parecen chegar ao seu fin. E as dúas semanas de vacacións acabaron moito antes do que debían. No mesmo río entramos e non entramos, pois somos e non somos (os mesmos).

23 Sep 2005

A gran final. Parece que pasei. Pola mínima, iso si. Debo de ser como Bustamante, ninguén se explica como puido chegar tan lonxe.

Polo demáis, aínda non vos podo relatar polo miúdo as miñas vacacións na cornixa cantábrica (fermosa expresión), nin colgarvos fotiños nin nada de nada. Só me quedan tres días para volver a Cicely e teño que aproveitalos ben. Ou o mellor que poida, vaia.

Ah, unha cousiña... Problema Infernal estáme gustando moito, Señorita Extraviada está moi ben, Sin City é esteticamente do mellorciño que vin nos últimos tempos (a narración deixémola en pasable) e Obaba non está mal (é interesante a comparación con A Lingua das Bolboretas).

Ai, anto me gustan as vacacións... Mágoa que se acaben.

15 Sep 2005

Retiro espiritual

parroquia de pereiro
Pois si, estou de vacacións. Tiña toda a intención de postear de cando en vez, pero claro... a vida contemplativa esixevos unha gran dedicación pola miña parte. Onte en Humidtown, hoxe en Valado City, mañá en Llanes... Life is wonderful... sometimes.

9 Sep 2005

OT

Máis vale tarde ca nunca (I). Esta media noite haberá unha semana que partín cara ao segundo casting dese OT académico no que ando metida. Cheguei á capital-del-reino ás seis da mañá, baixeime en princesa e camiñei insegura pero certa cara ao bar no que me ofreceran un almorzo reparador naqueloutra ocasión. Non me defraudaron. Que napolitanas de chocolate teñen neste sitio...

almorzo madrileño

O exame de inglés foi jodidísimo (para min), un texto de xestión empresarial ao que lle faltaba de todo menos os míticos linking words, prepositions e phrasal verbs que eu esperaba. E os erros descontaban. Un desastre. E, para rematala, o meu exame oral estaba previsto para última hora da mañá. Problemón, tiven que cambiar o billete de volta (para o seguinte bus, nove horas máis tarde) e tiven que perder toda a mañá facendo que lía...

mañá perdida

...e departindo amistosamente cos pijos de madrí e alrededores, tralo que collín camiño do paraíso, onde gastei a anónima de agosto e parte da de xullo en:
Problema infernal. Estados Unidos en la era del genocidio, de Samantha Power.
El lejano país de los estanques, de Lorenzo Silva (co que dou por rematado o filón de Bevilacqua).
Cuentos e Anticuentos, de Juan José Millás.
Oracle's night e The book of illusions, de Paul Aster.
E algún outro de cuyo nombre no quiero acordarme...

Cargadiña de sabedoría e entretemento ata as orellas, fun aproveitar a tarde ao outro paraíso que esconde a metrópole para unha desterrada ás tan fermosas como aburridas terras de alaska. Vin Dear Wendy e, na honra de spidy, ¿Por qué las mujeres siempre queremos más?. A primeira gustoume moito e a segunda, moi pouco. Quizais para ver na casiña mentres fago un sudoku quíntuple. Quedei coas ganas de ver A Estrea da semana, pero botábana en tantísimas salas que supuxen que acabaría chegando incluso ao cine de Cicely... Se é que aínda estou en Cicely para daquela.

6 Sep 2005

Cheta

O ano pasado perdín tódalas tardes entre octubro e decembro nunhas clases aburridísimas nas que se supoñía que me ensinaban a ensinar... Cando non durmía cos ollos abertos, xogaba coa compañeira de pupitre, debuxaba aos que se sentaban diante de min, trazaba futuros éxitos editoriais e/ou cinematográficos, reflexionaba sobre o irónico que resulta que te durmas no medio dunha disertación sobre o impresdindible que é reter a atención do alumnado ou, se me atopaba especialmente descansada, lía os materiais do curso. Esas lecturas foron unha das dúas cousas que lle teño que agradecer ao CAP. Gracias a elas descubrín, entre outras cousas, a teoría das intelixencias múltiples de Gadner e comecei a desmadeixar (e polo tanto a comprender e apreciar) a lexislación educativa actual. Gústame a filosofía da Loxse... esa que proclama a supremacía da creatividade e da comprensión e califica de inútil a memorización.


El objetivo primero y fundamental de la educación es el de proporcionar a los niños y a las niñas, a los jóvenes de uno y otro sexo, una formación plena que les permita conformar su propia y esencial identidad, así como construir una concepción de la realidad que integre a la vez el conocimiento y la valoración ética y moral de la misma.
Que bonito! O malo é que gran parte do profesorado pasa de ler a lexilación aplicable á súa profesión (como a maioría dos traballadores) e pasa aínda máis de poñerse, dez ou vinte anos despois de dar a súa primeira clase, a revisar temarios e a preocuparse pola educación integral do alumnado. Menos mal que, enfronte destes desalmados (todos temos algún na nosa memoria) que recitan os mesmos apuntes que hai vintecinco anos coa intención de que os alumnos os copien (a man) os memoricen e os volquen (outra vez a man) nunha folla de exame, están os profes modernos. Como molan esos profesores que participan en proxectos de investigación, que escriben libros sobre pedagoxía moderna, que pasan dos temarios clásicos, que renegan da memorización e endeusan a comprensión. Que preparan os alumnos para a vida. Profes modernos, como Julio Reboredo Pazos, coñecido en Valado City como Cheta.
Dise do Cheta que vai polos corredores do Sanxillao cun carriño do Gadis ata arriba dos libros cos que os seus alumnos construirán os seus propios temarios (que moderno) de Historia, que despois memorizarán (que antigo) e repetirán con maior ou menor fortuna nuns exames, segundo parece, de antoloxía. É que me alucina que alguén poda distanciarse desa maneira da realidade, que pense que é lóxico que máis da metade dos alumnos do Sanxillao se dispersen polos outros institutos lugueses cando chegan a segundo de BAC, que non se entere dos movementos que fan os seus xefes para librase del e os xefes dos outros centros para que non lles caia o morto a eles, que non se plantee ata que punto lles pode joder a vida aos rapaces suspendéndoos unha e outra vez sen explicarlles nunca por qué ou cómo facer para aprobar e que aínda teña a tremenda cara de pontificar sobre pedagoxía e de publicar un libro coas cagadas que os seus alumnos cometen nos seus exames como se fora algo completamente alleo á súa función na vida, como se fora consecuencia directa da ineptitude dos fillos do século vinteún e non da súa propia inoperancia docente. Eu é que flipo.