27 Aug 2005

Miguel Carballeda Piñeiro

Non sei como deberia ter empezado a entrevista co presidente do consello xeral da Once, pero sei como quixera non telo feito:
—Veamos...
—¿Por qué le dices a un ciego, veamos?
—Cierto. Lo siento. Qué debería decir?
—Nada. Muy bien. Esto es muy natural.
—Será natural, pero yo me siento un poco avergonzada... Nunca me lo había planteado.
—Claro, pero pasa. Tú todo lo basas en la vista y si no tuvieras vista, qué harías?
Gustaríame colgarvos a transcrición máis ou menos íntegra da conversa, pero non atopei a maneira. A tecnoloxía e máis eu...

26 Aug 2005

Teño unha dúbida moral e profesional: deberiamos (dentro das nosas limitacións) corrixir os comunicados de prensa dos políticos? non será desleal cos lectores?

Hay certa alarma social pola escasez de auga que poida nun futuro cercano afectar a Burela, a cal, vaia por diante, compartimos plenamente. Isto non implica que a nos, como grupo local, elegidos polos veciños de Cervo, preocúpenos especialmente a situación na que poidan quedar, nestes momentos de seca, os burgos de Cervo, Rúa e San Román. A sua situación é moito mais grave que a de Burela.
O río Xunco, nace, discurre na sua totalidade, e desemboca en Cervo. A pesares de eso, ó alcalde Insua, nun acto de deixadez, abandono e incompetencia entregou as chaves do embalse de Rúa ó alcalde de Burela ( naqueles momentos Manuel Mon) renunciando a controlar os pasos de augas polas tuberías hacia ó noso concello. A realidade é que os empregados municipais de Cervo, non teñen acceso ó interior do embalse.
A situación polo tanto é a seguinte. Primeiro colle auga Burela no embalse de Rúa, e si non chega, por outra tropelía de Insua, permitindo montar unha estación de bombeo na Ponte Vella de San Román, volve a coller auga únicamente Burela. Despois, SI QUEDA, un kilómetro rio abaixo, colle auga Cervo que por bombeo a manda para os depósitos da Senra. ¿ Non é triste que, a pesar de estar o rio Xunco na sua totalidade no noso termo municipal, nos sexamos os últimos?. Todas as noticias falan da previsible falta de auga en Burela, pero si esto ocurre, nos xa estaríamos sin ela fai tempo e o impacto medio ambiental no rio Xunco sería brutal.
Este grupo municipal, polo tanto, quere denunciar públicamente a situación na que nos atopamos. Somos os grandes damnificados pola mala xestión de Insua, é os veciños deben coñecer o responsable de esta vergonza.
En Cervo, a 26 de Agosto do 2005.
Asdo. GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA NO CONCELLO DE CERVO

24 Aug 2005

O meu tema favorito

o cantador
A Emilio y a José les aterraba la idea de morir en un campo de batalla, por eso se echaron al monte el día que los nacionales vinieron a reclutar jóvenes para luchar en el frente. Mientras o caramelo y o cantador se convertían en escapados, su cuñado y sus hermanos partían hacia la guerra y su hermana y su padre, hacia la cárcel. Los combatientes volvieron, heridos pero vivos, de la contienda y a los familiares encarcelados los dejaron en libertad cuando capturaron y mataron a Emilio y a José en el mismo monte que los cobijaba. El pasado fin de semana, las familias desenterraron sus cuerpos del monte de A Penela, en O Vicedo.
(El Progreso A Mariña, 12 de xuño de 2005)

O diario de Lugo desde 1908 permitiume coñecer a historia do Cantador e do Caramelo e escribir sobre eles en tres ocasións. É, con diferencia, o tema que máis me gustou tratar nestes meses de piriodismo comarcal e sinto unha certa débeda con el, como se o estivera a deixar a medias... como se quedaran mil cousas por averiguar e por contar, como cando me vou dun sitio e sinto que me teño que despedir un por un de tódolos recantos polos que pasei. É probable que nunhas semanas me teña que despedir das vías do Feve, da ponte que hai camiño da miña casa, da música hortera do Eroski (non, esa haberáa en todas partes), da fonte de azulexos, do taller de barcos, da piscina paradisiaca dos veciños (ver pero no tocar)... e do Cantador e do Caramelo.

23 Aug 2005

Para flipar II

lotería green card

Vexo na gué do xornal no que traballa la-lore un anuncio que me sorprende e me preocupa e me asusta e me deixa volá... a lotería do green card, no que o que se sortea é un permiso de residencia noutro país... Hoy te puede tocar a ti!?
paco

Fixádevos que partidazo. Agora xa andará outra vez facendo as américas, pero se cadra para a volta acepta proposicións máis ou menos decentes. Indecentes dubido que as acepte, pero con estes inteleztuais nunca se sabe...

19 Aug 2005

Bichos na costa da morte 2ª parte


A miña racha de Félix Rodríguez de la Riño continúa. Agora anda un raposo de paseo pola noite polo meu xardín. Xa lle dín de comer e pasa de todo. Pouco máis e miro se ten carrachas.

17 Aug 2005

Canto máis vos quero contar...

niñez
...menos tempo teño.
E a crónica da vida dunha piriodista do diario de Lugo desde 1908 daba hoxe para escribir un libro. E igual ata mo publicaban en Astarté. Que tolo vos está o mundo.

15 Aug 2005


As oito despertoume o meu veciño Pepe e acousa xa andaba chunga. Había fume no dormitorio polo que decidimos dar un chimpo en dirección gayllumbos e outro dende os gayllumbos ó coche e arrancar a toda pílula. Pinos poucos quedan pero a cousa non é nova. Cajindiola.

Arde...


...Galicia
El incendio registrado la pasada madrugada en los montes de Muros y Carnota, que sigue activo, obligó a realojar la pasada madrugada a unos 200 campistas y vecinos, que vieron amenazadas sus casas, y también puso en peligro una fábrica de plástico.
Así lo explicó a Efe el alcalde de Carnota, Xosé Manuel García, que consideró que el fuego ha sido intencionado, ya que surgió sobre la una de la madrugada en el término municipal de Muros y se fue extendiendo con el viento hacia su ayuntamiento.
Unas 200 personas, entre usuarios del cámping de Ancoradoiro (Muros) y vecinos de la zona de chalés, además de otros de la parroquia de Lariño, fueron realojados en el polideportivo de Carnota, que abandonaron esta mañana.
Aunque la situación ha mejorado, dijo, el frente sigue avanzando porque "los montes están hechos un polvorín" por su descuido y por la sequía.
El alcalde destacó que una fábrica de plástico que gestiona el colectivo de minusválidos de Cogami en la zona de Lariño se vio rodeada por el fuego y, de hecho, se quemó material que tenía en su perímetro, si bien ahora se ha controlado y no hay serios daños.
El fuego empezó de madrugada, dijo, en la zona de Muros, y se extendió "a una velocidad terrible" con el fuerte viento. Sobre las 4,00 horas se realojó a los campistas y vecinos, ya que el fuego llegó casi "hasta el mar".
Xosé Manuel García se lamentó de que, además del daño medioambiental que causan los incendios, repercuten negativamente en el turismo en el que está volcando su municipio y que este verano había registrado "un despunte enorme".EFE

11 Aug 2005

"Las tías teneis, a pesar de que seais intelectuales (algunas), un puntito hortera que en cuanto veis una película de esas de cuento de hadas, os toca fibra".

"No es machismo, es biológico. Los tíos y las tías somos distintos, nos gustan cosas distintas. A cuantas tías conoces que les guste el fútbol? Es estadística. No es sexista. Decir lo contrario es negar lo evidente".

10 Aug 2005

Pois ao final vai ser certo eso de que nos merecemos as políticas que temos.
Quen nolo ía dicir hai uns mesiños...

Táboas e Díaz Pardo por Antonio López para A Mariña

Táboas salienta en Sargadelos o seu compromiso coa sostenibilidade
A clausura das xornadas de deseño foi o seu primeiro acto público como conselleira

A conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas, salientou onte en Sargadelos o seu compromiso coa sostenibilidade, entendida como "consumir para vivir sen hipotecar o territorio para os que virán".
Táboas pechou así as xornadas sobre deseño territorial, arquitectura e deseño industrial que se desenvolveron onte e antonte na fábrica de cerámica. Táboas fora invitada hai tempo, en calidade de decana do colexio de arquitectos de Galicia, a presidir as xornadas, pero o seu nomeamento fixo que só puidera participar no acto de clausura. Teresa Táboas asegurou que para ela era "moi emotivo" que o seu primeiro acto como conselleira fora "nun seminario organizado por Isaac Díaz Pardo".
A responsable de Vivenda e Solo dixo que "no século vinteún queremos vivir nun pasado que xa non existe" e afirmou que, pola contra, "temos que pensar un futuro que pase por criterios de sostenibilidade, porque senón, en 30 anos, non poderemos xerar os recursos que necesitamos para sobrevivir". Neste sentido, a conselleira aboga por "cambiar os hábitos de consumo" e "pensar globalmente para actuar localmente".
"A utopía non a alcanzaremos nunca, pero intentalo fainos camiñar", concluiu Teresa Táboas. E de utopías falouse, e moito, nas xornadas de deseño de Sargadelos, segundo explicou Ramón Villares, pero "de utopías que parten dunha realidade que non nos gusta".
A presenza de dous conselleiros —ademáis da propia Táboas, o titular de Presidencia, Méndez Romeu, asistiu a título persoal á conferencia de Caramellino sobre o planeamento agrícola do sur de Milán— dotou as xornadas dunha certa solemninade. De feito, Villares tivo dúas referencias para Teresa Táboas na súa exposición das conclusións das xornadas, respecto da necesidade de "ter unha posición máis crítica sobre o mercado" e de "afrontar a nosa relación co territorio dun modo ordeado e integrado".
As xornadas para debater "o que nos agarda", en palabras do propio Isaac Díaz Pardo, concluíron así coa entrega do relevo da utopía do desenvolvemento sostible á nova responsable autonómica de Vivenda e Solo.

9 Aug 2005

Piliculón...

Hotel Rwanda

...absoluto.
Que difícil debe ser comportarse como un heroe no medio da debacle.

P.D. E esto que tal estará? Ten boa pinta.

8 Aug 2005

Para flipar

Garda Civil Española por Eugene Smith

As miñas experiencias coa Guardia Civil limítanse a aquela malfadada entrevista que mantivemos unha compañeira de Amnistía e máis eu co teniente coronel da demarcación provincial de Lugo (José Herrera) para o estudio de caso da violencia contra as mulleres e que acabou nun ronsel de ranciadas do tipo (e cito):
-Tenemos unas agentes especializadas, miembros del Emume. Ambas mujeres, por supuesto, porque en estas situaciones... cuando una mujer maltratada tiene que enseñar las bragas... es mucho más incómodo que el agente sea un hombre.
-A la sociedad, si un hombre mata a sumujer con una sartén, pues, claro, no pasa nada, porque no se puede hacer nada, pero si la mata con un arma se culpa a la Guardia Civil por permitirle tenerla.
-Claro, como no va a haber violencia. Antes, la mujer estaba ocupada en casa planchando, fregando y pariendo. Ahora, como tienen tres botones que hacen esas coas por ellas... pues claro.
-No aguantan el matrimonio y a los pocos meses de casarse ya se quieren separar. Y ¿quién se queda con el chalé? La mujer. Y ¿quién paga la hipoteca? El hombre. Y después hay violencia.
-Además, hay un desorden moral en la sociedad, hoy vale todo, hasta se pueden casar los gays. Porque ahora todo es salir del armario. Bueno, que les voy a decir a ustedes, que están en eso...
-La violencia doméstica en el campo no existe, porque si la mujer está en el Caurel cuidando las cabras, o está con las cabras o no está, pero su marido no le va a pegar.

Intento recordar que é unha experiencia puntual e que non os coñezo a todos e que non me gusta xeneralizar... pero é que cada día resulta máis difícil defender a existencia dun corpo de "seguridade" tan agresivo cos valores da sociedade actual.

Fotazo de Rafael Marchante

Cada día, máis. O de Roquetas de Mar demostra que a xestión lexítima da violencia implica tanto poder como responsabilidade e que, con frecuencia, a Garda Civil abusa do primeiro e malinterpreta o segundo, ata o punto no que a desconfianza da sociedade a incapacita para cumplir a súa misión.

sudoku

Acordádesvos das primeiras partidas de tetris? Eu soñaba coa xogada perfecta que deixaba limpa a pantalla e, cando lía, aparecíanme as fichas encaixadas despois dos puntos e aparte.
E agora esto.

sudoku

Que vai ser de min?

4 Aug 2005

Mulleres desesperadas

desperate housewives

A serie, que emite La Primera en horario de máxima audiencia, conseguiu esta semana o mellor resultado desde a súa estrea, unha vez concluidas as súas competidoras: Hospital Central, en Telecinco, e Mis adorables vecinos, en Antena 3. Que país este no que hospitais cutres e veciños berrones lle fan sombra aos asasinatos propios da clase alta usamericana e unha rubia explosiva que pasea un escote ata os pés polos escenarios se ofende pola tendencia xeral a presupoñer que, se tivera un cerebro, xa o tería amosado antes.
Me ha abordado en plena calle una señora de mediana edad y media sin liga y me ha preguntado si soy yo la que escribo en estas páginas. Le he dicho, palabra de honor (que también es un escote), que no, que es mi hermana gemela, la que lleva cuello alto incluso en verano y gasta zapato plano para no hacer ruido ni caerse desde las alturas, la que es plana en excesos y profunda en anhelos, la que no lleva ni tinte ni mecha y se recoge el pelo en un moño para no soltarse, ni loca, la melena.

Estou contigo, os prexuizos non nos levan a ningures. É só que era a única parte da túa anatomía que non coñeciamos. Pero tu tranqui, que se sigues así pronto nos afaremos.

2 Aug 2005

Dis-cordantes

franquismo

Para Amnistía.
A resposta do Estado español cara ás víctimas da Guerra Civil e do franquismo foi baixo cateogrías que non dan conta da natureza e da gravidade dos feitos ilícitos recoñecidos como tales polo dereito internacional.

Para Pío Moa.
Tampoco armoniza con la reconciliación, sobre la que se ha levantado nuestra democracia, el tenaz empeño por recordar los horrores de la guerra y la represión sólo en lo que afectaron a un bando. Las viejas heridas están afortunadamente cerradas para la mayoría de los españoles, pero tales empeños buscan reabrirlas y sembrar un rencor que sólo puede servir a los propósitos de los fanáticos. Contra lo que los promotores de esas campañas afirman, la reconciliación y la democracia españolas no se han cimentado sobre un olvido que ellos vendrían a subsanar, sino precisamente sobre una memoria muy viva de los sucesos, y la decisión de no recaer en ellos.

1 Aug 2005

Agora si que si

John Bolton

Di Piedad Viñas para EFE que poucos entenden cómo Bush impuxo a candidatura de John Bolton, un hombre coñecido polas súas duras críticas a Nacións Unidas e que chegou a dicir publicamente que "non pasaría nada" se desapareceran dez pisos do edificio da ONU en Nova York. Os demócratas intentaron ata o derradeiro momento frear o seu nomeamento polo seu longo currículo de irregularidades e pola negativa da Casa Branca a facilitar documentos sobre o seu pasado. De feito, parece que incluso algúns republicanos cuestionaron a elección de Bush e chegaron a dicir que non é o candidato idóneo para defender a posición dos EUA na ONU. Entre eles, o que fora seu xefe no Departamento de Estado, Colin Powell.

De 56 años, casado y con una hija, Bolton tiene aspecto de bonachón, en gran parte gracias su gran bigote blanco. Nació en Baltimore (Maryland) el 20 de noviembre de 1948 y en 1974 se doctoró en Derecho por la Universidad de Yale. El nuevo embajador se alistó en la Guardia Nacional pero no fue a la guerra de Vietnam porque, según aseguran que dijo, "no quería perder la vida en un arrozal de ningún país asiático". El nuevo embajador es también miembro desde hace mucho tiempo de la Sociedad Federalista, un grupo de juristas conservadores que se ha opuesto a la aplicación del derecho internacional en las decisiones de Washington porque amenaza la soberanía estadounidense. Dentro del Departamento de Estado, Bolton encabezó la campaña para retirar la firma de Washington del Estatuto de Roma de 1998, por el que se creó la nueva Corte Penal Internacional (CPI), primer tribunal permanente con jurisdicción sobre crímenes de guerra, crímenes contra la humanidad y genocidio.

Tamén lin por aí que o novo embaixador dos EUA perante as Nacións Unidas ten dito que a ONU só paga a pena para os EUA cando serve os seus intereses e que éstos deberan ser o único membro permanente do consello de seguridade.

Vaia xoia.

Din-xustiza

Acordádesvos daquel post do día da liberdade de expresión?
A fiscalía de Lugo imputou, a través do xulgado de Viveiro, a unha sobriña de Manuel Fraga, Ana Robles Fraga, que exerce como directora do IES Perdouro de Burela por un presunto delicto contra a Administración pública. Tamén se imputa polos mesmos delictos á secretaria do centro educativo, Soledad Gude; á persoa contratada de forma irregular, María José López Galán; e ó inspector de educación Manuel Álvarez Martínez.Pero no diario de Lugo desde 1908 non o veredes.
Pois onte recibín este comentario ao respecto:
Por que no cuentas la historia completa? que la denuncia la puso una concejala del Bloque, profesora del IES PERDOURO, y enlace sindical de la CIGA, dispuestos a inventar cualquier cosa con tal de hacer su sucia campaña habitual.
Quizais sexa bon, para animar o debate, traelo ao tempo presente. Non me meto coa xestión do IES Perdouro. Nin coas relacións familiares da súa directora. Nin sei nin (de momento) me importa a resolución do caso. Só digo que si que era noticia, que un dos meus compañeiros investiu tempo e esforzo escribíndoa e que se finalmente non saiu publicada foi porque a protagonista era sobriña de Fraga. E, por certo, que importa a afiliación política da denunciante? Que propós, anonymous, prohibirlles aos representantes políticos e/ou sindicais poñer denuncias?

Prensa re-vista

Despois da chapa-e-pintura do post anterior e dun fin de semana de dualidade familiar (nin contigo nin sen ti, que diría aquel) e descanso laboral, non me fagades moito caso porque pode ser o cansancio, pero creo que me gustou o artigo da Manjón.

beatriz manjon
Mi chico veinte busca, seguramente, una chica diez para una vida sobresaliente. Y yo tengo que confesar, ya que estamos en confianza, que llevo varios suspensos en el corazón y un necesita mejorar en el alma. Así que esperaré a septiembre, que es la última oportunidad para los que nunca nos aprendimos la lección de lo conveniente.
E seguindo coa re-visión dos acertos da competencia, inmenso XotaEle.

barreiro
Mi historia personal está íntimamente ligada a la de Fraga Iribarne. Todo lo que soy y significo parte de una generosa oportunidad que él me dio, y de la confianza ilimitada que puso en mí cuando aún no había cumplido treinta años. Y todas las huellas que dejé en esta querida Galicia pertenecen a unas botas que él me regaló hace ya veinticuatro años. Pero su historia de gran líder también está ligada a la mía, porque le devolví los talentos que me prestó convertidos en su primera victoria democrática, y porque fui el primero que le di una alternativa constructiva a su obcecado enfoque del Título VIII de la Constitución.

Sempre me tivo un aquel, pero desde que o vin sufrir na Telepecha... ando enamoriscada. E agora, esto.

dobao
É probable que agora todos os enormes produtores autoproclamados independentes empecen a ser de esquerda e nacionalistas de toda a vida. Iso non evitará que sigan teimando na necesidade de producións galegas pero universais —é dicir, non galegas—, nunha lingua non local e apta para o mercado —é dicir, en castelán— e con actores de categoría e prezo razoable —é dicir, españois, nunca galegos. Mais o compromiso esixible á CRTVG require un outro discurso, o discurso oposto, porque a función dos nosos medios públicos non é promover o enriquecemento privado senón constituírse en motor dun campo audiovisual autónomo, galego, que se constrúa sobre a propia bagaxe cultural para estar no mundo con voz propia. Con lingua, recursos e universos simbólicos propios

Para iso é para o que me da a min que vale a inteleztualidá.