29 Mar 2006

25 Mar 2006

Limpou e limpou e, ao sétimo día, descansou

Hoxe puxen algo de orde no pisito. Enchín a nevera de iogures, de froita e de verduras. Hai tanto tempo que non cociño nada rico que xa non sei se recordarei como se fai. Dúas lavadoras deron conta da roupa que se amoreaba dende hai semanas. Entreille á cociña e ao baño. Pasei o aspirador polo chan e un pano con abrillantador polos mobles. Freguei o chan e, despois, subín a música, abrín todas as fiestras, prendín unha vea e un dos pauiños de incenso que troixen de Burela e deiteime a descansar.

24 Mar 2006

Passa-ho

Amnesty Candle

Posa una espelma a la terrassa per la pau a les 24 (inici alto foc ETA). Passa-ho.
Non teño terraza, nin aquí nin muito menos en Barcelona, pero aí vos deixo a miña vela.
Rula por aí un test de perversión no que, incríblemente, obtiven unha puntuación lixeiramente superior á media. Quen o diría.

Requiem for a dream
Jared Leto en Requiem for a Dream

O test incluso desglosa os resultados para que vexas en que categorías P.A. e en cales N.M. Polo visto, eu ando máis que sobrada en drogas -triplico os resultados medios (!?)- e alcol. A media báixame, irremediablemente, no tema sexual.
Que estou facendo coa miña vida?
Ah, se queredes medir as vosas forzas, non tedes máis que pedilo.
enblogs

Entérome da convocatoria vía Spidey. Encantaríame ir, pero vai estar difícil. En calquera caso, contamos coas crónicas dos asistentes... e dos ponentes!

21 Mar 2006

Recurrencias

Nunca collo os xornais gratuitos. Chamádeme doña R que R, pero négome a contribuir á prostitución definitiva da prensa escrita. E non é tan fácil, ás veces boto en falta un sudoku co que encher as horas mortas do máster e outras veces escápaseme, no metro, un ollo cara ós titulares alleos. Hoxe, índa medio durmida, o titular de primeira do Que atravesoume como unha descarga eléctrica:

armas baixo control

Nunha milésima de segundo recordei como, hai xa dous anos, xogaba nos ordenadores da Pompeu coa metáfora das dúas balas:
Estando así las cosas, podemos elegir entre seguir disfrutando con el circo mediático de las armas perdidas o exigir a los medios que nos cuenten qué pasa con esas dos balas y pico que nos corresponden a cada uno de nosotros.
E, xa case asustada, rememoraba como hai pouco máis dun ano saía dun armario máxico, dicindo:
A mí me gustaría saber quién fabricó, quién vendió y quién compró las mías.
Como era aquelo do eterno retorno?
SegundoHeráclito, todo flúe, todo cambia, nada permanece. "Non podemos bañarnos dúas veces no mesmo río", dicía o filósofo de Éfeso, "nin o río nin nós seriamos os mesmos". O devir é o Principio de Todas as Cousas. "Todo é lume que se encende e se apaga, segundo unha medida. O cambio, o devir, está rexido polo logos". O logos regula o devir como unha lei inmanente ó mundo. O devir dáse segundo a loita dos contrarios. A tensión entre os contrarios en luita xera o movemento; por iso á paz séguelle a guerra e a esta, novamente, a paz. "A guerra é a nai de todas as cousas", di Heráclito. E este movemento retorna eternamente sobre sí. Ao terminar o gran ano solar todo volve comezar e repetirse... O eterno retorno.
Mércores 22, 21,00 horas, Auditorio Gustavo Freire
Km 526, de Claudio Rodríguez Fer e dramaturxia de Paloma Lugilde.
Taller de Arte Dramática do campus de Lugo. Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela
Por fin se decidiron a espertar a voz durmida.

20 Mar 2006

Dacabalo (II)

Ciganos, de Ictioscopio
Ciganos, de Ictioscopio

¡Oh ciudad de los gitanos!
¿Quién te vió y no te recuerda?
Que te busquen en mi frente.
Juego de luna y arena.

19 Mar 2006

somos instante palavras poesia

klimt
The kiss, de Gustav Klimt

Nunca fun muito de líos dunha noite. E non é unha cuestión moral. Nin filosófica. Nin nada. É que non dou. Sempre acabo quedando para outra vez. O noventa e nove por cento das veces, esta cita acabou resultando un incómodo e innecesario epílogo que estropeou o que puidera terse convertido nun fermoso recordo imaxinado.
Onte coñecín a un rapaz, madrileño do ej-que, tan raro que non só non se extrañou cando lle preguntei se sabía a capital de Belice, senón que respostou correctamente e contraatacou coa Guyana Francesa. Georgetown? Non, esa é a Guyana Guyana, a francesa é Cayena. Xa sabedes o muitísimo que me gustan os rapaces que teñen resposta para todo. A el resultou que lle gustaban as pecosas preguntonas. Pasámolo ben.
Dúas horas despois de que nos separaramos, recibín unha mensaxe: "¿te llamo?".
Non sei que contestar.

18 Mar 2006

Roubáronme

O Pickpocket de Bresson

E non foi o corazón. Fun buscar a miña irmá á estación de buses e, nos tres minutos e medio que tardei en chegar do metro ás dársenas, quedei sen os 40 eurazos que acababa de quitar, sen DNI, sen as tarxetas da Caixa, sen o carnet da USC, sen a tarxeta do videoclube, sen o ticket do metro e (o que é peor) sen a carteira que me trouxera La Lore de Guatemala. E non quedei sen móbil porque o levaba na mau para mirar a hora.
A conversa cos de seguridade, inenarrable, e a visita á comisaría... daría para escribir un libro de relatos.

17 Mar 2006

Fiennes e Meirelles

Acábame de pasar unha apisonadora por riba. O peor non é que as farmaceuticas traten África como se fora o seu coto privado. O peor é que ese é un dos muitísimos problemas que teñen os habitantes dese xardín. Cando, cara ó final da película, chega a "batida" ao poboado sudanés buscando cabras e pequenos, eu só podía pensar "e conseguiranos coas armas que nós fabricamos para eles"... Puto mundo. Menos mal que queda algún que nolo conta. Doe velo, pero máis doería non sabelo.

13 Mar 2006

12 Mar 2006

Dacabalo

Caballo Roto

Hai uns mesiños (que ás veces parecen séculos), o-xornalista-de-deportes-que-máis-ben-debera-ser-novelista descubriume en dous tempos unha canción coa que nunca tropezaría se non fora por el e que agora me ten absolutamente obsesionada. Primeiro, chamándome un domingo pola tarde para comunicarme o feliz que o fixera escoitala a través dos oídos de Bevilacqua. Despois, de camiño a la última cena da miña vida mariñana, poñéndoma a toda pastilla no coche. Se non fora porque aínda me queda (un algo de) vergonza social, tería chorado aquela primeira vez que escoitei as primeiras estrofas:

Los caballos negros son.
Las herraduras son negras.
Sobre las capas relucen
manchas de tinta y de cera.
Tienen, por eso no lloran,
de plomo las calaveras.
Con el alma de charol
vienen por la carretera.

¡Oh ciudad de los gitanos!
¿Quién te vio y no te recuerda?
Ciudad de dolor y almizcle,
con las torres de canela.
¡Oh ciudad de los gitanos!
¿Quién te vio y no te recuerda?
Apaga tus verdes luces
que viene la benemérita.


Agora, a uns centos de quilómetros reais e uns milleiros de anos luz vitais daquela primeira vez, escoitoa sen parar, co "repetir una" do dvd. Calquera día baixan os veciños pegarme unha paliza por petarda. Incluso lle collín o gusto ao resto, algo máis cañero, da canción:

La ciudad libre de miedo,
multiplicaba sus puertas.
Cuarenta guardias civiles
entran a saco por ellas.
Los relojes se pararon,
y el coñac de las botellas
se disfrazó de noviembre
para no infundir sospechas.
Un vuelo de gritos largos
se levantó en las veletas.
Los sables cortan las brisas
que los cascos atropellan.
Por las calles de penumbra
huyen las gitanas viejas
con los caballos dormidos
y las orzas de monedas.
Por las calles empinadas
suben las capas siniestras,
dejando detrás fugaces
remolinos de tijeras.


E, cando non a estou escoitando, vouna cantando. O venres quedei cos do máster en Lavapiés e fun todo o camiño (unha media hora) repetindo as primeiras estrofas. Tiven que esperar un cachiño e alí me tedes, no medio e medio da capital do imperio, tarareando en silencio, tragando as ganas de cantar a toda voz:

¡Oh ciudad de los gitanos!
¿Quién te vió y no te recuerda?
Dejadla lejos del mar
sin peines para sus crenchas.
¡Oh ciudad de los gitanos!
¿Quién te vió y no te recuerda?
Que te busquen en mi frente.
Juego de luna y arena.


E o sábado recibín vía mail a nova obra do taller, para ver se lle botaba un ollo ao galego. Chámase km 526 e vai da Guerra Civil. E é fermosa. E triste. Tanto como os derradeiros versos que os de Marea lle colleron prestados a Federico:

Rosa de los Camborios,
gime sentada en su puerta
con sus dos pechos cortados
puestos en una bandeja.
Pero la Guardia Civil
avanza sembrando hogueras,
donde joven y desnuda
la imaginación se quema

¡Oh ciudad de los gitanos!
¿Quién te vió y no te recuerda?
Que te busquen en mi frente.
Juego de luna y arena.
¡Oh ciudad de los gitanos!
La Guardia Civil se aleja
por un túnel de silencio
mientras las llamas te cercan

8 Mar 2006

Hoxe foi un gran día

Museu Reina Sofía

Como vos din a brasa nos malos momentos, hoxe véxome na obriga de contarvos o contenta que estou. Non sei moi ben a que se debe esta súbita alegría... Ao mellor é porque non pasei 12 horas seguidas no Ceco. Ou porque paseei un cacho ao sol. Ou polo bocata que comín na cafetería do Reina Sofía, cunha asturiana xenial. Tamén pode ser porque (outra) asturiana xenial me deixou a súa cámara dixital. En calquera caso, benvida sexa.

PD1/ Grazas, compañeir@s, pola referencia. Para outra, e se non é muito pedir, avisade, que limpo un pouco a casa. Foi como recibir visita xusto o día que decides non facer a cama, nin fregar os pratos (do día anterior)...

PD2/ Os programadores de Cuatro (non sei se intencionadamente) ofreceron esta noite unha clase maxistral de xornalismo televisivo, do que se debe e do que non se pode facer nunha reportaxe para TV. Totalmente a favor de Sistiaga. E que Muñoz de Mesa volva falar de cine, por favor.

7 Mar 2006

Puto crack

Disculpádeme o palabro, pero é que me emociono.
Que tío.

hugh laurie

E que diálogos:
Dr. Wilson: That smugness of yours really is an attractive quality.
Dr. Gregory House: Thank you. It was either that or get my hair highlighted. Smugness is easier to maintain.

E que música de cabeceira:

Love, love is a verb
Love is a doing word
Fearless on my breath
Gentle impulsion
Shakes me makes me lighter
Fearless on my breath

Teardrop on the fire
Fearless on my breath

Nine night of matter
Black flowers blossom
Fearless on my breath
Black flowers blossom
Fearless on my breath

Teardrop on the fire
Fearless on my breath

Water is my eye
Most faithful mirror
Fearless on my breath
Teardrop on the fire of a confession
Fearless on my breath
Most faithful mirror
Fearless on my breath

Teardrop on the fire
Fearless on my breath

Stumbling a little
Stumbling a little

Teardrop
MASSIVE ATTACK

Duas cousas sobre o cursiño este que me vai acabar coa saude e coa vida social

olive

1. O proxecto final do máster é un plan de internacionalización para unha empresa española de caramelos... entre eso e as tendas de olivas que hai en tódalas esquinas desta cidade do demo, van acabar comigo.

2. Onte saíron as notas da primeira parte do curso. Non foi mal. Nin ben. Podía ser peor. E mellor. Deixémolo en que foi unha proba máis (se é que facían falta) da inexactitude destas cousas.

3 Mar 2006

O ano 2000

Lugo2

Unha vez, cando era aínda máis pequena que hoxendía, lin nalgures que para o ano 2000 os electrodomésticos serían máis intelixentes que a maioría das persoas, como nos supersónicos (magníficos debuxos, estúpido alcume que me perseguirá toda a vida). Hoxe chegoume unha mensaxe multimedia coa foto que vedes. Unha noite de choiva en Valado City. Idéntica a aqueloutra na que, acubillada no sofá da casa petrucial, lía ciencia ficción nunha revista, seguramente a Pronto (as miñas referencias culturais son ben variadas, como xa sabedes). E idéntica, tamén, a aquela improbable profecía tecnolóxica.

1 Mar 2006

Os tempos son idos

Fóronse. Nevounos. Comenos. Durmimos. Falamos. Recordárnonme que é o que son e que é o que non son (parece evidente, pero non o é). Hoxe pola mañá, Z. deixoume no Ceco e saiu cara a Potes. E eu quedei soa. Comigo, quero dicir. Durmin toda a tarde e decidin cear cos do master. Non debía. Hai un rapaz que me enche o ollo. Ven a ruso. Ten unha chapa de "Palestina Libre"... xa vos contarei.