28 Apr 2005

Jesus_Garcia_san sebastian_29[2].jpg

Chámase Jesús García e dará que falar. Un amigo mandoume unhas fotos por mail que me teñen fascinada. É incríble como podemos dar por suposto que coñecemos a alguén ata que un pequeno xesto seu nos abre os ollos. Anque te chames Jesús e te apelides García podes atopar algo que te faga único. Esta fíxoa en Donosti e gustaríame tela impresa a gran tamaño na miña habitación para sentirme como esa nena cada vez que abra os ollos pola mañá.
Pareilles a unha señoras nun paso de peatóns en Xove e miráronme como se fora unha marciana. Mentres cruzaban, miraron a matrícula do coche. Abanearon a cabeza totalmente sincronizadas. Miraron outra vez para min con cara de non entender o que estaba pasando. Ó chegar ó outro lado miráronme outra vez e sorriron. Pensarían que o de parar era unha trampa para atropellalas con máis facilidade?

27 Apr 2005

tunin.jpg

Despois destes días de tolemia vital (actuación absolutamente desastrosa incluida) voltei ó que parece inevitable considera-la normalidade.

25 Apr 2005

Lugo 2006

Estivemos aquí e por suposto tamén aquí e aquí. Coñecemos Iruña da man dun simpático guía, carácter vasco en estado puro; fixemos amigüitos daquí e dacolá; tomamos, ejem, tomei uns tanquerais cos anfitrións e cos amigos de vello; esquivamos certas ameazas, anque non todas; e, vini vidi vinci, trouxemos a próxima asamblea xeral para Valado City.
Foi unha finde completiña.

21 Apr 2005

Onte actuamos en Ourense. Sentimentos contradictorios e unhas maniotas da hostia. Saín de Cicely fostiada despois de traballar, durmín pouco e estaba moi cansa. Esperar, cargar o bus, viaxe de ida, descargar, cargar unha furgoneta que nos leve ó teatro, descargar no teatro, coloca-las cousas, facerse co novo espacio, xantar cos de teatro, ensaiar, quentar tarde mal e arrastro... e actuar. Actuar sempre é xenial, ata para unha descrida coma min, sempre minimizando os nervos e as emocións. Despois, os aplausos, o coloquio amigo, cargar a furgoneta que saque as cousas do teatro, cear cos de ourense, bus de volta, descargar na aula os catro pringaos que non puidemos quedar para catar o LK... durmir unhas horas e volta para Cicely. Estou mallada e non tiven tempo nin para fixar os poucos recordos que xorden nídios entre as carreiras, pero encántame ter esa sensación de estar aproveitando o tempo ó máximo. E para seguir coa racha de actividade frenética, mañá ó mediodía parto cos de AI para Pamplona/Iruña. Voltaremos o domingo, co tempo xusto para ir ó ensaio, durmir unhas horas e voltar a Cicely.
O martes, vigueses, otallerdeartedramáticadauniversidadedesantiagonocampusdelugo leva a súa versión libérrima da Nai de máximo Gorki á cidade olívica. Alá vós!
Oito das trece mensaxes que teño gardadas na memoria do móbil son da mesma persoa.

18 Apr 2005

3.jpg
Este sábado escribínvos un post mental. Fágoo ás veces, penso "debería postear isto, como podería describilo?" e entón fago unha especie de dictado cerebral que nunca chegará ás vosas pantallas. Tentarei rompe-la tradición. O venres saín tomar unha copichuelas por Cicely (aka Bonito Town). Comezamos xogando ós dardos e ó tute subastado e acabamos arreglando o mundo e moi especialmente as vidas alleas nese salón que cheira como un cinceiro e está cheo de cubillas... ergo, tén que ser un cinceiro. En fin, que me lío. O sábado cheguei traballar cos ollos pegañentos e o último tanquerai no padal. Cando me dixeron que mataran a paus na Arxentina a tres vellos emigrados de Mondoñedo e me preguntaron se me importaría irlle facer unha afoto e unhas apreguntas ó irmán que quedara na casa só pensei "como me pare tráfico montamos unha que vale por dúas". Saín cara Santa María Maior dez minutos máis tarde, co xornal do día, a páxina da voz que falaba do tema imprimida de internete e o teléfono do señor anotado nun post-it. Boteille un ollo polo camiño, nos (dous) semáforos que atopei vermellos na urbe mindoniense. Pregunteille a un par de homes e atopei sen problemas a casa de Manuel Villalba, ó pé dunha canteira. Saqueille as afotos e fíxenlle a apreguntas de rigor e aínda me deu tempo para facerlle algunha outra off the record que non reproducirei tampouco aquí. Encantoume aquel home, amable e sincero, educado e intelixente, que sen embargo se quedara tan só nesa casa "moi grande pero moi vella" que me amosou orgulloso, coa dignidade que da a vida ben vivida. Cando conducía de volta, coa música de James Brown soando a todo trapo coa inutil intención de espanta-la imaxe de Manolo de Antón da miña retina, mesturáronseme as ganas de chorar cunhas náuseas que preferín achacarlle ás curvas da montaña mindoniense e/ou ó último llintoni antes que á vergonza propia e allea que me producía ir alí despois da TVG e antes que a Voz facerlle crer a aquel home que me importaba que tivera 82 anos e estivera só no mundo, que me entristecía que algún día tivera que desbota-la idea de segui-los pasos dos irmás cara á terra prometida porque o pai quería que algún quedara coa terra e coas vacas. O millorado, pois vaia milloría. E coas ganas de chorar e coas náuseas misturouse tamén o dictado cerebral do voso post. Supoño que tentando exorciza-las pantasmas. Cando cheguei á delegación tentei (crin que tentaba) exorcizalas tamén no que escribía para o xornal, pero alí onde se intuía un fío da miña angoxa foime recomendado "cambia-lo enfoque" e, olvidada xa a sinceridade de Manolo (querendo olvidala), non opuxen resistencia. Onte foron ver a Manolo o delegado de Emigración, o alcalde e algún outro popular de cuyo nombre no quiero acordarme para ofrecerlle viaxar gratis a Arxentina para o funeral dos irmáns. A un home de 82 anos! E se non me chegara coa dose galega de baixeza moral, hoxe chámanme para pedirme o número de teléfono de Manolo, que por outra parte aparece na guía, para o programa de AR. E volven as ganas de chorar e as náuses e hoxe non vai ser-lo llintoni.

17 Apr 2005


Riedel se llama el paisano. Es un tío que hizo ing de caminos y luego se interesó por los cohetes espaciales y decidió estudiar ing aeronáutica. Como en su país natal la cosa estaba chunga para acabar una segunda carrera, se fue a Suecia. Kiruna está a 200 Km del Polo Norte y admite a estudiantes que hayan acabado cualquier diplomatura con un alto contenido en mates y física. Sin haber hecho ningún exámen, la universidad permite participar en la construcción de cohetes en cooperación con la ESA y la Esrange (ajá) que por allí se asentaron. Qué diver. Al cabo de tres cuatrimestres se obtiene el título. No hay mucha marcha y el bar del pueblo sólo abre cuando 10 estudiantes se hayan comprometido a tomar algo, informando al dueño mediante email. La soledad, dice Rieder, y la en el inicio gélida bienvenida de sus compis suecos, se vió recompensada por la primera sesión de aurora boreal en directo. Kiruna se encuentra a 130 Km del próximo núcleo de civilización y a 1350 Km de Estocolmo. Alces y osos polares juegan a los dados y el sol nunca pasa por encima de las montañas.
Un cicely segunda parte versión oropea. Posted by Hello

15 Apr 2005

...a inclusión de músicos demócratas deixou coa boca aberta a máis dun. Concretamente, é unha canción de John Fogerty, un músico que participou na xira musical anti Bush encabezada por Bruce Springsteen, a que máis chamou a atención. Mark McKinnon, voceiro nos medios da Casa Blanca, saiu á palestra asegurando que "se un presidente tén que elixir as cancións só por quen lle vota, entón tería un gusto musical moi pobre".
Festivamente
luis posada carriles.jpg

Luis Posada Carriles
, avogado anticastrista de 77 anos acusado polo goberno cubano de planear un atentado contra Fidel Castro e de participar en atentados con bomba contra varios hoteis no país que causaron a morte dun italiano, solicitou esta semana asilo ós USA. Posada Carriles, a quen tamén buscan as autoridades venezolanas pola voladura dun avión cubano no 76 que causou a morte de 73 persoas, é un heroe para os exiliados cubanos en Miami e hai 30 días atravesou a fronteira de México cara ós Estados Unidos. O seu avogado presentou o mércores a solicitude de asilo político ó que tería dereito, segundo o seu representante "porque promoveu os intereses deste país durante aproximadamente catro décadas". O voceiro do departamento de Estado norteamericano dixo ós medios que non podía comentar "asuntos de asilo ou casos de asilo", que as acusacións de terrorismo "terán que ser consideradas moi seriamente" e que, respecto dos servicios prestados por Posada Carriles ós USA, "está no rexistro do directorio como membro oficial da CIA" dende principios dos 60 e que ademáis é membro de exército estadounidense.

14 Apr 2005

A favor: Alemania, Arabia Saudí, Armenia, Australia, Canadá, Corea do Sur, Costa Rica, Estados Unidos, Finlandia, Francia, Guatemala, Honduras, Hungía, Irlanda, Italia, Xapón, México, Holanda, Reino Unido, Rumanía e Ucrania.
En contra: China, Congo, a propia Cuba, Exipto, Eritrea, Etiopía, Guinea, India, Indonesia, Kenia, Malasia, Nixeria, Qatar, Rusia, Sudáfrica, Sudán e Zimbabwe.
Abstencións: Arxentina, Brasil, Burkina Faso, Buthan, Ecuador, Gabón, Mauritania, Nepal,
Pakistán, Paraguai, Perú, República Dominicana, Sri Lanka, Swazilandia e Togo.

images.jpeg


Para a delegación estadounidense, Cuba "persistiu en impoñer un estado represivo e totalitario que priva os cubanos do dereito a expresar desacordo (coas autoridades) sen o risco de ser condeadas a longas penas de prisión e, ademáis, prívanos de voz en calquera clase de reforma posible política e económica no país" (certo). Claro que tamén din que "as políticas do Goberno negaron ó ciudadán común o placer da seguridade económica. No 1959, ano no que o Goberno de Castro asumiu o poder, Cuba tiña un dos máis altos PIB per cápita de América Latina; hoxe, o traballador medio cubano gaña o equivalente a 15 dólares ó mes" (ai, que se nos ve a patiña...).

Para o representante cubano, Estados Unidos é "o maior e máis persistente abusador dos DDHH do mundo" (é unha competencia tan reñida, que sería difícil de asegurar... pero dende logo está na carreira), polo que "non tén as cualidades morais para falar sobre Cuba" (iso é o que se chama varrer para a casa). Tamén denunciaron que Washington convertera Guantánamo "nun centro internacional de torturas" (certo) e o cárcere iraquí de Abu Ghraib "nun inferno vivinte" (tamén é certo), polo que "non tén o máis mínimo xustificativo moral para efectuar comentarios sobre os DDHH ningún outro país" (tamén nos poderiamos aplica-lo conto a nós mésmos). Polo tanto, conclúe, a resolución é "un pedazo de papel ridículo que no dice nada" (e aí é onde vemos que os dous xogadores da partida teñen a pata peluda).

13 Apr 2005

Madrid (EFE). El ministro de Defensa, José Bono, confesó hoy que su "cuerpo" le pide la ilegalización del Partido Comunista de las Tierras Vascas, pero señaló que "si no se puede demostrar con pruebas aquello que se intuye no se puede iniciar un procedimiento que produciría una sensación de frustración". Por otra parte, preguntado por el modelo territorial, Bono dijo que España "no es un invento que cada mañana pueda estar sometida a las ocurrencias ni de un presidente autonómico ni de un ministro".
"No voy a hacer el ridículo aceptando que se puede ser patriota de cualquier país del planeta menos de España porque a un grupo de internacionalistas les incomoda que algunos, como el ministro de Defensa, se sientan españoles y quieran a su país", concretó el ministro.

11 Apr 2005

Gustaríame poder colgar fotos, porque teño un par delas xeniais, pero non teño o Hello e non sei por que motivo pero non podo descargalo neste pc e como lle estou mangando internete á man que me da de comer (desta degaxo) nin sequera me podo queixar. Quin fastic! (Nota.- É incríble, que rariña son... non sei por que agora, case un ano despois de volver, se me empezan a vir á cabeza frases en catalán... sobre todo esa, quin fastic!, e aqueloutra que me gustou sempre moito, es clar que si!) non sei se a miña ciber-ausencia será culpa do das fotos (anque non soa crible nin para min, que son a que inventa a excusa) ou de que estou saturada de ordenador (tampouco creo, teño botado ben máis horas) ou daquela vella teoría de que a maior vida menor blog (depende do que entendemos por vida)...
non sei
Luna de Avellaneda inaugura pasado mañá a primeira sala de cine da Antártida.
Entraron buscando:
Pura Zato (o medo é libre)
Quien inventó el porta mina (¿porta mina?)
e, xa para flipar: bares de alterne zaragoza

10 Apr 2005

Para Noia

Nadie es normal porque normal no existe pero hay cosas que no son normales.
Una camisa, por ejemplo, es algo muy normal. Se conoce en todo el mundo, es ligera, es de algodón o no, puede ser barata y valer para ejercer trabajos durísimos o también servirle a una top model que gana un pastón por segundo y haber costado un pastón por segundo. Representa libertad, rebelión, sumisión, estándar, corrección, discreción, pull&bear, armani, simplemente normalidad, hostias en vinagre. Cuando era pequeño mi madre consiguió ponerme camisas y yo pobre ser babeante no podía defenderme ni darme cuenta de lo que me ponían. En la última foto en la que llevo una camisa puesta tengo 5 años. A partir de ese momento ya nadie en la faz de la tierra me pudo tocar con esa cosa. El tacto de esa tela fina, asquerosamente fina es insoportable. Qué mente pervertida ha podido engendrar cosa igual. Tiene tal cantidad de accesorios innecesarios y al mismo tiempo ridículos que me sorprende que su producción y venta sea rentable en un mundo sembrado de mentes normales. No puede ser. No debería existir. Se debería haber extinguido hace a tomar por culo. Tiene un pliegue en la espalda para poder arquearla con comodidad porque la tela es tan inelástica que parece que uno lleva una camisa de fuerza. Además unos puños con botones, que requieren de asistente personal para abrocharlos. Una vez abrochados, no hay cristo que se remangue. A sudar como cochinos o morirse de frío.
Y luego está el cuello. Esos trozos de trapo que cuelgan al son del viento a veces dominados por pequeños botones y que no sirven para nada más que para exhibir la mierda mezclada con sudor que tenga el sujeto en cuestión pegado al cuello ( y no nos desviemos al tema del sobaco) o ahogarlo con ayuda de otro complemento absurdo como es la corbata (la pronunciación de esta palabra me provoca náuseas). C O R B A T A. Para más INRI hay cuellos redondeados, como inutilizados por una lijadora, que parecen estar de moda entre los amputados cerebrales que trabajan en los programas basura. No entiendo tampoco por qué se abren las camisas por delante y por qué están llenas de botones. Ni el tiempo y la energía que se malgasta en PLANCHAR. Bueno ya está bien. Algunas veces me las pongo pero necesito concentrarme y aguantar como un campeón, como alguien con gastroenteritis y sin papel. Lo hago por personas que quiero. Pero acabarán erradicadas de mi armario y de los armarios del mundo por completo y en 200 años nos reiremos de esa cosa llamada camisa. Menos mal que tengo dos maravillosos amigos (Seb y Toni) que piensan igual que yo o con ímpetu todavía más fundamentalista, y que ayudan a no sentirme mal en este mundo de personas normales.

9 Apr 2005

Se eleva a 153 las guatemaltecas asesinadas en 2005
Guatemala, 9 abr (EFE).- Al menos 153 mujeres han sido asesinadas en Guatemala en lo que va de 2005, reveló hoy, sábado, la Policía Nacional Civil (PNC). El último asesinato se produjo ayer, viernes, en Santa Cruz del Quiché, en el oeste de Guatemala, donde una mujer no identificada murió de un disparo en la cabeza. La víctima, que tenía unos 18 años, fue localizada a la orilla de un río y además del disparo en la cabeza, también fue golpeada en la cara, dijo la PNC. Las organizaciones de mujeres guatemaltecas están preocupadas por los continuas asesinatos y exigen a las autoridades poner fin a los crímenes, así critican la falta de planes de prevención para que las mujeres puedan sentirse seguras. Un estudio realizado por la organización no gubernamental Sector de Mujeres asegura que el 73 por ciento de los crímenes en Guatemala no son investigados por las autoridades. En 2001 fueron registrados 307 asesinatos de mujeres, 317 en 2002, 383 en 2003, y 527 el año pasado.

8 Apr 2005

Madrid (EFE) Las líneas ferroviarias de Tokio han comenzado a introducir en sus servicios vagones sólo para mujeres ante la avalancha de denuncias contra hombres que aprovechan las aglomeraciones en las horas punta para manosear a usuarias. Este tipo de vagones, impulsado por el Ministerio de Transportes e Infraestructuras, ya existen en otras regiones de Japón, pero su aplicación se retrasó en la capital nipona por su masificada e intrincada red de compañías ferroviarias públicas y privadas. as primeras líneas en adoptar esta medida de prevención han sido Saikyo, de la compañía East Japan Railway, considerada como la más popular entre los manoseadores, y Rinkai, de Tokyo Waterfront Area Rapid Transit, debido a que ambas tienen un sistema compartido. Por lo general, los chikan, que en castellano puede traducirse como "pervertidos de los trenes", e introducen en los tradicionales vagones abarrotados de gente y aprovechan la confusión para realizar tocamientos obscenos a las mujeres. También los hay que actúan en grupo y, mientras uno realiza los tocamientos, los otros hacen de pantalla o bien acorralan a la víctima y proceden todos al mismo tiempo al abuso. En los últimos ocho años este fenómeno se ha triplicado, puesto que de las 778 denuncias que fueron presentadas en las comisarías de Tokio en 1996, se pasó a 2.201 en 2004. Por el momento, un sólo vagón de cada convoy de esas dos líneas prohíbe la entrada a hombres, pero otras nueve compañías privadas y la pública Toei Shinjuku tienen previsto seguir este ejemplo a partir del 9 de mayo.

7 Apr 2005

E chega a fin de semana. Deus santo, como pasa o tempo... mañá xa é venres. Levo aquí unha semaniña e nin me enterei. Tempus fugit. Como sabe unha que non está a tirar con el?

5 Apr 2005

Despois de tres días de traballo, xa vou mellorando na miña capacidade (ata hai nada nula) para converter un comunicado de quince liñas nunha noticia a catro columnas... E é que, amigos e amigas:
Imagination is more important than knowledge.
Como moi ben dixo Albert Einstein, quen era un experto nese xénero chamado xornalismo galaico "de proximidade". Non mo credes? fixádevos nestoutra:
Not everything that counts can be counted, and not everything that can be counted counts.
Tiña máis razón ca un santo, dígovolo eu.

1 Apr 2005

From Cicely, tamén coñecida como Bonito Town.
Cheguei onte á noite coa intención de buscar casa propia e non dar a vara máis do estrictamente necesario en cas'Fleishman. Sen embargo, as doutoras teñen un piso enorme e luminoso e barato e a compañía é agradable e aseguraron que non lles importaba que me acoplase... e eu son débil, non me atopo vivindo soa... supoño que non estou segura de se me daría aguantado tanto tempo seguido. Así que xa estou instalada. Agora só me queda facerme co cuarto (que era o dos nenos e ten dúas camas xemelgas e unha lámpada e un papel pintado horribilísimos) e coa vila.
Hoxe tentei erguerme cedo para ir dar unha volta. Non llo digades a ninguén, pero fun ó concello pedir un mapa. E, flipade, déronmo. No meu paseo tropeceime co mercado, non comprei nada porque me daba pereza ter que pasar pola casa pero despois arrepentinme porque non teño nada máis para comer que a empanada de zamburiñas que ceamos onte (e xantei hoxe).
Na delegación, moi ben. Curramos moito. En fin, curran moito, eu de momento tento entorpecer o mínimo... e poñerme pronto ó día para non sentirme tan inútil. O malo son as pequenas concesións que vas facendo: encher as noticias, copiar comunicados tal cal, escribir en castelán (e mesmo traducir o que xa escribiches)... É o meu maior defecto como xornalista do mundo real, seino, pero non podo evitar dar coa cabeza unha e mil veces na mesma parede.
E pouco máis, estou cansa e teño entendido que os bares da mariña son moi esixentes coas visitas...