14 Apr 2005

A favor: Alemania, Arabia Saudí, Armenia, Australia, Canadá, Corea do Sur, Costa Rica, Estados Unidos, Finlandia, Francia, Guatemala, Honduras, Hungía, Irlanda, Italia, Xapón, México, Holanda, Reino Unido, Rumanía e Ucrania.
En contra: China, Congo, a propia Cuba, Exipto, Eritrea, Etiopía, Guinea, India, Indonesia, Kenia, Malasia, Nixeria, Qatar, Rusia, Sudáfrica, Sudán e Zimbabwe.
Abstencións: Arxentina, Brasil, Burkina Faso, Buthan, Ecuador, Gabón, Mauritania, Nepal,
Pakistán, Paraguai, Perú, República Dominicana, Sri Lanka, Swazilandia e Togo.

images.jpeg


Para a delegación estadounidense, Cuba "persistiu en impoñer un estado represivo e totalitario que priva os cubanos do dereito a expresar desacordo (coas autoridades) sen o risco de ser condeadas a longas penas de prisión e, ademáis, prívanos de voz en calquera clase de reforma posible política e económica no país" (certo). Claro que tamén din que "as políticas do Goberno negaron ó ciudadán común o placer da seguridade económica. No 1959, ano no que o Goberno de Castro asumiu o poder, Cuba tiña un dos máis altos PIB per cápita de América Latina; hoxe, o traballador medio cubano gaña o equivalente a 15 dólares ó mes" (ai, que se nos ve a patiña...).

Para o representante cubano, Estados Unidos é "o maior e máis persistente abusador dos DDHH do mundo" (é unha competencia tan reñida, que sería difícil de asegurar... pero dende logo está na carreira), polo que "non tén as cualidades morais para falar sobre Cuba" (iso é o que se chama varrer para a casa). Tamén denunciaron que Washington convertera Guantánamo "nun centro internacional de torturas" (certo) e o cárcere iraquí de Abu Ghraib "nun inferno vivinte" (tamén é certo), polo que "non tén o máis mínimo xustificativo moral para efectuar comentarios sobre os DDHH ningún outro país" (tamén nos poderiamos aplica-lo conto a nós mésmos). Polo tanto, conclúe, a resolución é "un pedazo de papel ridículo que no dice nada" (e aí é onde vemos que os dous xogadores da partida teñen a pata peluda).

No comments:

Post a Comment