22 Dec 2010

Ascensor

Esperto temblando de frío, envolta en min mesma. Enguríñome aínda máis, aprétome, pero non dou entrado en calor. Entón esperto de todo e doume conta de que non estou na miña cama. Estou no chan. Un chan raro, cheo de bultiños. Apálpoos na escuridade. Chego a unha parede. Vou subindo e vou recoñecendo o ascensor da casa na que viviamos cando eu era pequena. As tiras metálicas verticais, desencaixadas. O espello. A tira grosa horizontal que alguén raiu para escribir un "I love you" algo retorto. As portas novas, pechadas. E os botóns. Doulle ao do portal, pero non vai. Busco o do sexto. Non sei por qué, pero dame a impresión de que ese si que vai funcionar. Doulle e doulle e doulle e doulle e doulle e doulle e doulle.

Pero non, non funciona.

16 Dec 2010

Outing XV

Ás veces síntome expansiva. Véxome invadir espazos e momentos que non me corresponden.

15 Dec 2010

Hiperactividade

(...) ya sólo nos gustan los principios de las cosas. Todo lo que no nos proporciona la satisfacción inmediata de lo fresco, el subidón de lo nuevo o la velocidad de una introducción nos resulta insoportablemente aburrido.
___
*Marta Peirano fala en La Petite Claudine sobre The Shallows: What the Internet Is Doing to Our Brains, de Nicholas Carr. Cita o artigo que orixinou o libro (en castelán, aquí).

1 Dec 2010

É bastante sinxelo, no fondo.

Acepta que che diga cousas bonitas e dame un bico, idiota.

Benarés



Volveu o ceo de decembro e eu non só non fixen todo o que me prometín que faría, senón que nin sequera fun capaz de organizar as imaxes daquelas semanas.

Facelo dame morriña de lugares que non coñezo.



De persoas que nunca coñecerei.

26 Nov 2010

As regras do xogo

1. Non se admitirán listas cun único elemento
2. Non se admitirán presións ou agasallos con intención de influir nos participantes
3. Os participantes, de mutuo acordo, poderán decidir a suspensión temporal dalgunha destas regras

Nuestro carácter es nuestro destino

Character is fate.

A cita de Heráclito estará masticadísima, como di Lector Malherido, pero eu non a coñecía. Podería tatuala na caluga.

24 Nov 2010

Super fotón

Todos somos actores porno.

O do reloxo

Atopámonos na barra do Ultra. Mírame aos ollos e vexo un reflexo de intimidade compartida. Sorrí. Sonia? Sorrío. Como podes recordar como me chamo? Pon unha cara moi seria, como de concentración... e despois ri. Vale, chámaste igual que miña irmá. Eu tamén me río. Chámome igual que todas as irmás da miña xeración.
-Así que ti non tes nin idea de que son...
-Claro que sei quen es, o que non sei é como te chamas...
-E quen son?
-O do reloxo.
Mírame outra vez aos ollos e aquelas horas de intimidade compartida inúndanme como se foran anos. Como se este tipo bastante máis guapo e bastante máis pijo do que eu recordaba levara toda a vida ao meu lado. Como se o soubese todo de min. Pero non, claro. Non ten nin idea. E eu, por non saber, non sei nin como se chama. Quedamos calados, cun silenzo incómodo. En fin, teño que volver... estou cun amigo. Si, claro, eu tamén. Dámonos dous bicos algo aparatosos e volvo xunto a M. Como se non pasara nada.
Como se nunca pasara nada.

23 Nov 2010

Acumúlaseme o choio

Os tacóns son agora unha cousa importante, outra cousa importante é facer listas e que nunca o saiban.

16 Nov 2010

Outing XIV

Pregúntome se a orde na que me visto terá algún tipo de explicación simbólica. Se ocultarei antes o que máis quero protexer. Ou esconder.

Pregúntome en que orde vos vestiredes os demais.

3 Nov 2010

Gastar palavras

Penso (pensar nao consome as palavras) muitas coisas assim. E tenho pena de nao poder falar disto a ninguém, nao ter as palavras necessárias em mim. Sinto-me deficiente: nasci com défice de palavras.

Nao percebo para que estou a gastá-las contigo.
__
* Gastar palavras é o libro co que Paulo Kellerman gañou o premio Camilo Castelo Branco.

30 Oct 2010

Supercrisis

Tengo por fin un numero de plaquetas elevado. Para celebralo mi oncologo y yo decidimos envenenar mi sangre y matarlas a todas.

___
*Cheguei a Supercrisis da man de Lector Malherido, que dixo del que "en este otro blog se destila más ternura, más vida, más cojones, más socialismo, más dolor real por la vida que en todos los artículos de domingo del año". E eu estou dacordo.

26 Oct 2010

Cuestión de carácter



Xenio nervio temperamento forza firmeza tenacidade vontade empuxe potencia valentía. O que máis admiro nas mulleres da miña familia é o caracter. Medrei confiando en que dentro de min había algo diso, que mesturada coa melancolía viña parte desa enerxía... e así levo toda a vida, tirando dese stock xenético. Parece infinito. Pero supoño que non o é. De feito, ás veces, dame medo malgastalo. Desperdiciar esa forza tirando de carros alleos cheos de persoas moles. Dame moito medo pensar que pode chegar un día no que sinta que non dou máis. Que se acabou. E dame máis medo aínda darme conta de que ese día necesitarei que alguén tire de min. Necesitarei que alguén teza para min unha nova capa de invulnerabilidade. E pode que ese alguén non exista, ou que eu non fora capaz de atopalo, porque estaba demasiado ocupada desperdiciando a miña enerxía en discusións estériles con mediocres ben situados.

24 Oct 2010

Prematuro

O seu único fillo pegouse un tiro aos 37 anos. A noite do día que o enterraron botaron na tele un documental sobre nenos moi prematuros que sobreviven de milagre. Vírono sentados cada un nunha esquina do sofá. En silencio.

22 Oct 2010

Manual de Masoquistas

Hai quen persegue durante unha vida o reflexo que se tivo e hai quen desprecia buscar e se deposita na auga e fai dos seus ollos unha superficie de limo.
___
*Antón Lopo está a piques de presentar Obediencia. A cita é doutro libro seu, de título glorioso: Manual de masoquistas (autoedición, 1990).

14 Oct 2010

Bailamos



Toda a noite. Bailamos cada un de nós para unha persoa concreta. No mellor dos casos, esa persoa está mirando. No peor, non existe.

11 Oct 2010

La sombra del éxtasis



Yo creo que todos los escritores, incluso los más mediocres, los más falsos, los peores escritores del mundo, han sentido durante un segundo la sombra de ese éxtasis.

Sin duda, el éxtasis no lo han sentido.

El éxtasis, tal cual, quema.

___
*Non me gusta nada Cristián Warnken, pero mola escuitar a Bolaño falar de literatura, de éxtases, de lumes que consumen e das vidas covardes dos que non se deixan consumir.

1 Oct 2010

Gramática de la fantasía

Los cuentos sirven a las matemáticas, así como las matemáticas sirven a los cuentos. Sirven a la poesía, a la música, a la utopía, a la labor política: en definitiva, al hombre entero y no sólo al que crea fantasías. Sirven precisamente porque, en apariencia, no sirven para nada: como la poesía y la música, como el teatro y el deporte (si no se convierten en un negocio).

(...)

Ha de ser una ley: no hay creación auténtica sin cierta ambigüedad.

___
*Gramática de la fantasía: introducción al arte de inventar historias, de Gianni Rodari. Eu teño o de booket, traducido por Mario Merlino, pero na rede só encontrei esta tradución de Roberto Vicente Raschella. Non sei que tal estará. O libro é un must

30 Sept 2010

Renuncia

En este sencillo acto, entonces, y ante la aterradora mirada de Cristina, mi mujer, que es catalana y no entiende de gestas y epopeyas, renuncio a todo lo molesto y a todo lo incordioso y a todo lo burocrático y a todo lo extremadamente sigloveinte de mi oficio. Le digo chau, feliz de la vida y sin rencor, a los intermediarios que me obstaculizan la charla con los lectores. Chau publicidad, que te recorta la palabra; hasta nunca burocracia, que te distribuye mal y pronto; adiós y buena suerte ideología, que te despierta por la noche.

—También dile adiós a la seguridad social y a que nos entre un duro en el banco —me interrumpe Cristina—, saluda de nuestra parte a la universidad de la Nina, despídete de comprarnos una casa y dejar de ser inquilinos, dile adiós a hacerte el tratamiento de conducto cuando se te caigan los dientes de tanto cenar las sobras… Que lo sepas, que yo cojo una maleta y me marcho, si sigues con esa idea de Cuba a cuatro pesos. ¿Qué se te ha perdido a ti en Cuba? Tú y el imbécil de tu amigo. Que desde que llegó os creéis Batman y Robin…

—¡Silencio, mujer! ¡Con tus gritos nadie puede ser anarquista en esta casa!

___
*Hernán Casciari renuncia á escritura por conta allea e ás súas desgrazas con este post e eu, léndoo, síntome máis Cristina que anarquista. Espero que iso non me convirta nunha desas persoas que renunciaron a renunciar.

22 Sept 2010

La voz global

Ella, que ha sido la primera escriba elegida democráticamente. Autora de las primeras palabras que escuchamos y del último aliento que recibimos todos los seres humanos del planeta. Ella, propietaria última de la Identidad y de la Historia, se enfrenta ahora a un proceso judicial por abuso de confianza pública que mantiene a nuestra sociedad perpleja y desorientada. Es preciso recuperar el control, para lo que proponemos diseñar una escriba androide que no rinda cuentas más que a la Verdad. Es urgente. No quedan ya personas que hayan oído palabras que Ella no haya pronunciado y apenas conservamos algunos restos de lo que hasta hoy conocíamos como Mentira y que a la luz de los últimos descubrimientos en el pasado podría haberse llamado Literatura.
___
*Non conseguín o iFree Tablet. Non me extraña. O sorprendente é que vaia entrar na antoloxía, segundo me comunicaron nun correo... si que vai ser ampla. Aquí está.

15 Sept 2010

Asedio

Estou durmindo soa na casa dos meus pais. Esperto de madrugada, sobresaltada. Hai xente abaixo. Afino o oído. Voces masculinas descoñecidas discuten a operativa do roubo. Pensan que a casa está vacía. Un deles comeza a subir pola escaleira. Pecho a porta e arrastro o primeiro armario. Berran. Movo a cama. Petan na porta. O outro armario. Puta, sal daí. O escritorio. Como nos fagas entrar vai ser peor. Pego todos os mobles á porta e séntome no metro cadrado que queda libre, debaixo da velux. Tremendo de cansancio e de medo, doume conta de que estou illada. Os teléfonos quedaron do outro lado.

Cheira a fume.

Hai seis pisos de caída ata o río.

Canción de las simples cosas



Demorate aquí, en la luz mayor de este mediodía,
Donde encontrarás con el pan al sol la mesa servida

17 Aug 2010

Velocidade Alta



A aldea espertou un día e os prestidixitadores do progreso non estaban. Marcharan sen dar aviso, coas súas máquinas e coas súas présas, deixando tras de si unha presada de euros en expropiaciós e unha ferida sanguenta no medio e medio da terra dos comedores de chopos.

14 Aug 2010

Sun Bath



Beleza amor fillos estabilidade matrimonio aburrimento violencia liberdade traballo independencia enfermidade vellez morte paixón dor. Five women chatting about life on a quiet summer afternoon. Notas para unha peza teatral.

13 Aug 2010

Diary of Light



André Kertész foi un fotógrafo autodidacta que retratou a Hungría de primeiros de século, o París de entreguerras e o Nova York dos 30 aos 80. Ademais da marabilla sobre a lectura que descubrín hai pouco no reader de Orsinia, hai unha compilación das obras máis significativas de Kertész que se chama Diary of Light 1912-1985 (tédelo enteiriño aquí, pero non vos chivedes). Sillas baleiras, fiestras, sombras, reflexos... vexo as fotos que fixo este tipo hai case un século e recoñezo unha por unha todas as miñas obsesións. Boto contas e conclúo, outra vez, que nada do que eu vexo, do que eu sinto, do que eu penso, do que eu vivo, é novo. Que está todo dito.

E tampouco é que importe demasiado.

12 Aug 2010

Big Love



Mormon theology is a form of restorationism that shares a common set of beliefs with the rest of the Latter Day Saint movement, including use of the Bible, the Book of Mormon and Doctrine and Covenants. It also has a history of teaching eternal marriage, eternal progression, and plural marriage, although the Church of Jesus Christ of Latter-day Saints had abandoned the practice by the early 20th century. Under the doctrine of revelation, Latter-day Saints believe that Jesus leads the church by revealing his will to the President of the Church, whom they sustain as a modern-day prophet, seer, and revelator. Individual members are expected to receive personal revelation from God for specifics in conducting their lives.
___
*Acabo de ver as tres primeiras tempadas de Big Love (máis info, na HBO e na wikipedia) e non sei. Si, pero non. Aprender algo máis sobre os mormóns é interesante e algunhas personaxes molan, pero bótase en falta algunha dobrez, algunha evolución. Ao final parece unha espiral, dando voltas sobre o mesmo ata o infinito. Non sei se seguir coa cuarta, faise algo aburrida.

3 Aug 2010

Post-it

Aproveito que un dos meus inventos favoritos está de aniversario para limpar a carpeta de post que nunca publicarei. Selecciono 30, escríboos en cadanseu cadradiño amarelo e seméntoos pola cidade adiante. No camiño de volta, sinto que a xente me mira raro. Supoño que os sorprenderán as miñas alancadas de astronauta.

26 Jul 2010

ἀφορισμός XII: Silencio

O silencio é atractivo porque se deixa encher coas palabras que queremos escuitar.
O silencio é decepcionante porque ao rompelo vemos que dentro non había nada máis ca inseguridades.

21 Jul 2010

O culeiro

Botamos o verán na aldea, coidando da abuela Josefa, que xa está mui maliña. Non quere comer nin beber nin durmir. Laia, día e noite, e berra nomes descoñecidos que xa non olvidarei nunca máis. Os pequenos durmimos nos cuartos da cuchiqueira, porque son os máis alonxados, e eu soño o mesmo todas as noites. Todas. Soño que esperto a media mañá eu soa na casa grande da aldea. No piso non hai ninguén. Nin a abuela, nin os seus lamentos. Na cociña non hai traza nin do almorzo nin do xantar. Non se escuitan os ruídos das vacas no establo. Dáme algo de medo. Saio á aira e vexo un culeiro negro debaixo da cerdeira. Acércome despaciño. Cando chego á sombra da árbore, vexo que dentro do culeiro hai unha persoa cortada en pedaciños. Son unhes cachos minúsculos, irrecoñecibles, pero eu sei que é papá. Esperto angustiada. Non podo respirar.

20 Jul 2010

The Wire



The Wire é como esas novelazas de mil millóns de páxinas que todo o mundo che recomenda. Parece que dá pereza poñerse, porque son tan longas, esixen tanta concentración e iso de obra mestra bota tanto para atrás... pero, despois, un día calquera, poste. E pouco a pouco, como quen non quere a cousa, vaste metendo na historia. Faiche gracia. É intelixente. Adoras algunhas personaxes. Odias outras. Non sabes por onde lles dá o aire á maioría. Confías nas normas: os bos gañan e os malos perden. É cuestión de paciencia. Ou non. Déixaste sorprender. Ris. Choras. Enfádaste. E, de repente, daste conta de que mil millóns de páxinas non chegan a nada. Daste conta de que as cousas que non esixen concentración tampouco poñen nin quitan. E daste conta, sobre todo, do orfa que vas quedar cando acabes esta fucking obra mestra.

Acabo de papar 60 horas de televisión sen respirar e estou conmocionada. Non sei que hostia vou ver (ou ler) agora. Non vai ser fácil atopar algo que estea á altura.

15 Jul 2010

Outing XIII (bis)

Cousas que alimentan máis ca un bocata de xamón:
-Os petisuis
-A tensión sexual non resolta
-A mala hostia

Outing XIII

O que máis me activa na vida é a mala hostia. Dá algo de medo pensalo, pero é así.

13 Jul 2010

Amor y pedagogía

La razón de ser, en efecto, de la pajarita de papel es su perfección geométrica, perfección a la que todas ellas tienden, aunque no logren alcanzarla jamás. (...) Y aquí se nos presenta una interesantísima y muy sugestiva cuestión. Es, a saber, la de que lo que hace la individualidad de cada pajarita, lo que de las demás pajaritas de su tamaño la distingue es precisamente su imperfección.
___
*“Apuntes para un tratado de cocotología” é unha xoíña que ven como bonus track do Amor y Pedagogía de Miguel de Unamuno (1902, reeditado en 2001 por Alianza Editorial na colección El Libro de Bolsillo).

29 Jun 2010

Persecución

Soñas cunha persecución policial. Pensabas que ser a mala sería diferente. Máis reconfortante. Nas películas parecen mui seguros de si mesmos, pero tu tés medo e non che gusta conducir tan rápido. Rascas o R5 contra unha ringleira de coches aparcados e contra un par de esquinas, antes de meterte nun calexón sen saída. Merda. Saes do coche e entras nun edificio en construción. Acércanse muito. Subes correndo polas rampas das escaleiras. Vante coller. Estás cansa e agobiada. Tropezas contigo mesma e caes polo burato do ascensor. Caes caes caes caes ata que ves un cable pelado e pensas que é a túa oportunidade de frear esta caída infinita. Agárralo coas dúas mans, con toda a túa forza.
E espertas coa descarga eléctrica.

27 Jun 2010

Fuck



___
*Estame costando un mundo entender os diálogos de The Wire, teñen un montón de vocabulario específico. Je. É gloriosa.

Jeanne Moreau



___
*Como molaría ser Jeanne Moreau. Aínda que só fose un momentiño. Aínda que implicase pasear atormentada polas rúas de París. A escea pertence a Ascenseur pour l'échafaud, de Louis Malle.

26 Jun 2010

Fin de século en Palestina

El contaba esas desgrazas cun sorriso nos labios, como se fose unha broma, e iso, curiosamente, en vez de suavizalas, convertíaas en algo ben máis cruel.
___
*Miguel Anxo Murado tira de sentido do humor para contarnos o seu Fin de século en Palestina (Galaxia, 2009) e iso convirte os incidentes, por chamarlle á morte dalgunha maneira, en algo ben máis cruel.

25 Jun 2010

Escaleiras

Desde ben pequena, ás veces, soña con escaleiras mergulladas nun silencio que as envolve por completo. Por veces soña que sobe, outras que baixa ou senta nelas… e, as máis, que cae. Nestas últimas hai dous tipos de caída: a normal e a elegante, que consiste en baixar chanzo a chanzo lentamente ata darse de conta de que non hai máis e aínda así coloca o pé, sen medo, na completa escuridade. A semana pasada soñou que subía as escaleiras de costas, cunha soltura que marabillaba. Días despois de darlle voltas ao asunto, recordou ter lido algo de Cortázar ao respecto.
___
*H. acaba de abrir caderno en internete. Chámase Xambreadeira e xa conta cunha leal seguidora.

22 Jun 2010

Summertime (VI): One of these mornings



But till that morning
There’s a nothin’ can harm you
With daddy and mammy standin’ by


18 Jun 2010

Unha sala circular

Soñas que toda a xente que coñeces está reunida nunha sala enorme, circular. Míranse. Pasa o tempo. Pregúntanse que os unirá, porque estarán aí. Pasa máis tempo. Discuten rin comen beben bailan durmen. Pasa muito máis tempo. Fórmanse parellas de sexualidade dificilmente compatible, bizarras pero indestrutibles. Pasa todo o tempo do mundo. A vida. Ao principio, preocúpache que falen de ti, que descubran todas as incoherencias, todas as mentiras. Ao final, daste conta de non. De que o malo non é eso. O malo é que nunca se darán conta de que ti es o fío que as une, porque nunca ninguén se acordará de ti.

17 Jun 2010

Roxa

Nós, os netos dos caseiros, ilustrados e desclasados, que quixemos saltar da servidume á clase media sen pasar polo proletariado, do analfabetismo ao máster, da cultura do pobre pero honrado ao cinismo low cost, recordaremos por fin cal era o lugar que nos correspondía.
___
*Belén Regueira, en ANT. No sei se ela está especialmente lúcida ou eu ando moi necesitada de honestidade, pero xa é a segunda vez que noquea esta semana.

15 Jun 2010

Outing XII

Gustaríame ter unha tarxeta de visita que me definira con letras grandes e bonitas.

29 de xaneiro do 2002

ben o sei ben sei eu todo
que para eu aprender este ladrido
á fin fixeron falla
mil mulleres lavando a reo no río de Saá
e mil arando e dúas mil cosendo e cinco mil
apañando cozas e garabullos no medio do monte e Ti
sobre todo ti plantando pinos nun serragoto inmenso
desaprendendo canto es
esfuracando as túas dúbidas.


___
*Moi fálame de "29 de xaneiro do 2002", de Olga Novo, ao fío daqueloutro de Sofía Castañón, e non sei se serán o poema a primavera ou as circunstancias, pero o caso é que choro unha magdalena. Sería xenial poder reestructurarlles a osamenta co implante dunha canción anarquista. Sería o máximo. Pero non vai ser, claro, porque os versos alexandrinos e as cancións anarquistas non están para iso. Están para outra cousa, supoño. Só me falta descubrir para que.
**O poema pertence a
A Cousa Vermella (Espiral Maior, 2004) e, curiosamente, unha das primeiras referencias que atopei na rede foi a do blog de 23 Pandoras.

11 Jun 2010

Esta noite



Ouvín dicir que non ías andar máis por aquí
que querías voltar voltar voltar

pois non, meu irmán
foi simplemente
un momento de abatemento

pero xa tomei folgos...

___
*Alo Irmao gravouse hai un ano no Teatro Principal de Compostela. Nestes doce meses pasaron muitas cousas. Se cadra, demasiadas. Ao mellor, non as suficientes. Quen sabe. O que está claro é que
a miña debilidade por este proxecto sigue intacta, inmune a calquera momento de abatemento. Investigade no Spotify e, se vos gusta, aproveitade a oferta da toupa.

10 Jun 2010

Life Without the Web



Besides reading more, I am more productive when at my office. Letters get written, calls get returned, and reports get finished. I am drawing more. My days don't begin and end with me staring at my laptop. I don't constantly feel humiliated by my inability to refrain from compulsively checking my e-mail. I feel less anxious as I move through the day. A certain texture has returned to my life.

___
*O debuxante estadounidense leva dous meses desenchufado de internet (aquí, a historia en castelán. Eu vino nas lecturas compartidas por Grial). Non é un rollo rancio de desprezo polas bondades da rede. É que se sentía ansioso, dependente, tiña a sensación de que o tempo se lle escaba das mans máis rápido por culpa de internet e decidiu probar a desengancharse unha temporada. Recordoume canto me custou apagar o ordenador (e o móbil) antes de marchar para a India... e a pereza que daba alí ir ata o ciber ou chamar. É certo que estar de vacacións é outra historia, pero, en fin, algo de comportamento adictivo tamén hai. O que non está tan claro é que queira facer algo ao respecto.

7 Jun 2010

Ganga

O museo está case baleiro. Ámbar recende inxenuidade, "cres que me parezo a Nefertiti?" "Es máis fermosa." "Pregúntocho en serio, teño o seu perfil?" "Sabes que si." "Rose, ho, Rose, Rose, vida miña." Rose descúlpase, "un segundo, teño que ir ó váter" e Ámbar vai asexalo polos baixos da porta do váter: estase chutando. Anóxana os homes que non son amos do seu desexo, como ensina a lección inicial do catecismo da Comunidade: "A vida do individuo é a vida do seu desexo.".

___
*Lendo o Ganga de Antón Lopo (Xerais, 2001) dinme conta de que non coñezo ninguén da miña xeración que recoñeza terse chutado heroína. Ninguén. Nin os máis apaixoados defensores do consumo de drogas. Alcol, hachís, marihuana, éxtase, anfetamina, opio, cocaína ou calquera deterxente líquido destilado por un descoñecido nun alambique doméstico ofrécenos máis seguridade cá heroína, a droga maldita para os que medramos coa Operación Nécora atronando nos Telediarios. O chute de heroína é a representación simbólica da decadencia. O síntoma innegable de que non somos amos do nosos desexo.
**Parece que o domingo se cumpren dez anos da famosa operación policial. Manuel Jabois falaba hai pouco do tema e alguén subiu ao youtube aquel mítico Marea Blanca de Documentos TV.

Lugares Comunes



Fernando: Experiencia no implica conocimiento... Yo no sé nada de mujeres.

Tutti: Y eso es una mentira elegante... Un caballero no habla de ciertas cosas.

Fernando: Las pocas mujeres que conocí en mi vida, las admiré, las observé, intenté descifrarlas... Nunca dejaron de ser un misterio. Nunca dejaron de sorprenderme. Pero lo único importante es disfrutar de su presencia. No me di cuenta enseguida, pero... un tiempito después aprendí a escucharlas, a valorar los silencios, las miradas; esos momentos en los que parece que no pasa nada y pasa un mundo... Aprendí a respetar su intuición, su inteligencia... y aprendí a amarlas.

Tutti: Le quiero advertir que el nivel de mis defensas está bajando peligrosamente... No se pueden decir esas cosas así, como si nada.

__
*Aristarain sempre volve.

2 Jun 2010

23 Pandoras

Nos heló la sangre descubrir
que la muerte habita ya en nosotros.
Antes fuimos niños.
Inconscientes, felices, tontorrones,
pensábamos que morir era cosa de otros.
Nos llegó el miedo.
Y un vértigo ciego nos mostró
una vida mecánica.
Y absurda.
Dolorosamente entendimos
el origen de todas las sombras.

___
*O poema é de Carmen Beltrán Falces e atopieno en 23 Pandoras (Baile del Sol, 2009), unha antoloxía de "poesía alternativa española" realizada por Vicente Muñoz Álvarez. Na selección hai tres galegas: Míriam Reyes, Déborah Vukusic (abella con orellas de lobo) e Begoña Paz (Se gañar é / dicir / a última / palabra / súa é. / Eu non a necesito. // Coa razón / bástame ). Tamén me gustaron Carmen Ruíz Fleta, que ten catro versos mortais: La mujer más fea del mundo / me hablaba de tratamientos faciales gratuitos / mietras ponía en mi mano un folleto / con la mujer más bella del mundo. Isabel Bono: antes de despedirse / a ella le hubiese gustado / que él preguntara / - ¿te has masturbado alguna vez / pensando en mi? // ella habría dicho / -esta noche / será la primera vez. Brenda Ascoz: si tú no existes, / tu soledad tampoco. Almudena Vidorreta Torres: "Tranquila, fiera, las hay más ridículas que tú". / Pero menos niñas. E, sobre todo, Sofía Castañón. "Agora escuende les manes" é do máis emocionante que lin en muito tempo, pero non volo podo estractar. Haino que ler enteiro (por exemplo, aquí). Paga a pena.

1 Jun 2010

Estás ben?

Durme un sono intranquilo nas escaleiras da igrexa que hai ao lado da miña casa, deitada de mala maneira sobre a barriga. Hai tempo que non a vía, non sabía que estaba embarazada. Cando paso ao seu lado levanta a cabeza, sorrí e estende a man. Non dá sostido a cabeza. Achégome a ela e pregúntolle: Estás ben? Levanta outra vez a cabeza, con bastante traballo, os segundos necesarios para mirarme aos ollos e escupirme. O cuspe engánchase aos vaqueros, á altura do muslo. Miro uns segundos para el e sigo andando. Esto pásame por facer preguntas ridículas. Cinco minutos máis tarde, sentada diante da lavadora, intento identificar o momento xusto no que a auga borra a tristeza a mala hostia a culpa. Esa culpa idiota que non serve para nada, nin sequera para facerme sentir mellor persoa.

31 May 2010

El factor A

“Gustar” es una cualidad pasiva, afecta a los demás, pero vive en el sujeto y en él la observamos. “Atraer” parece una fuerza magnética que a pesar de nacer en el sujeto se observa en el movimiento de los demás. Algo nos puede atraer, retenernos e incluso perdurar en nuestra memoria, aunque no nos guste en absoluto. Casi todo lo que nos atrae, nos gusta. Pero no necesariamente.
___
*POSTPUBLICIDAD. Reflexiones sobre una nueva cultura publicitaria, de Daniel Solana.

30 May 2010

Broken



House: Why did you kiss me?
Lydia: How many reasons are there? I like you. It felt like a nice way of showing you that.


___
*Din que non hai nada máis atractivo que a felicidade xenuína e, sen embargo, a algunhas persoas encántannos os seres tristes e escuros.
**O primeiro episodio da sexta temporada de House é a mellor película que vin en bastante tempo. E si, Lydia é Franka Potente.

26 May 2010

Outing XI

Gústame levar roupa doutra persoa e que o seu olor me sorprenda ao longo do día.
___
*Tamén me gustan as pequenas cousas que fan felices aos demais.

É o momento



Envío tres dos proxectos aos que máis horas lles dediquei nos últimos anos ao disco duro externo e gaño 40 Gb de espazo no ordenador. Mentres calculo a equivalencia cerebral deses gigas, chégame un aviso de Gmail: sobrepasei o espazo permitido, teño que soltar lastre. Dispóñome a descargar 7458 Mb de conversas proxectos textos fotos audios deseños probas. 25.000 correos. O proceso é máis lento do que pensaba. Dame tempo a albiscar títulos remitentes frases...

Remángome.

Toca limpeza xeral.

(o tema pinchouno Moi)

19 May 2010

No meu moleskine XXXVIII: e de dereitas



Tocar ben é de dereitas.
___
*Oído por un amigo nun concerto punk.
**O da imaxe é Jimi Hendrix, un dos mellores guitarristas de todos os tempos (1, 2 e 3). E si, a pesar de ser zurdo, hai quen sostén que escoraba un pouco para a dereita.
***Non din identificado ao autor (ou autora) da foto. Se sabedes quen é, agradeceríavos a información.

18 May 2010

No meu moleskine XXXVII: de esquerdas



Cariño, el comunismo no está reñido con vivir en un loft. Para nada.
___
*A foto chámase Old and New Shanghai (2007) e fíxoa Boris Svartzman, un fotógrafo franco-arxentino que leva sete anos vivindo en China e que nos últimos anos gañou varios premios de fotografía social cunha serie de fotografías sobre as demolicións dos vellos vecindarios en Shanghai.

11 May 2010

Outing X

Cada certo tempo tomo unha decisión que todas as persoas que me rodean consideran errónea. Unha decisión desas con enxundia. Deixar ao mozo perfecto. Deixar o traballo perfecto. Deixar a cidade perfecta. Deixar a vida perfecta. Nunca me arrepentín de ningunha desas decisións, pero cada vez que me achego a unha témblanme as pernas.

Parece que non, pero témblanme as pernas.

___
*P.S. Todas as decisións importantes que tomo na vida conteñen o verbo deixar. Iso si que é un descubrimento... O que non sei é de que.

10 May 2010

It really really really could happen



No one here is alone, satellites in every home
Yes the universal's here, here for everyone
Every paper that you read
Says tomorrow is your lucky day
Well, here's your lucky day.

(click)

6 May 2010

De galiñeiros e outras movidas



Por aquí ando. Xente riquiñirma, curtas chulas e música ata nos galiñeiros, xa teño estado en sitios peores.

5 May 2010

Tréboles

Trébol

-Por que na nosa casa nunca hai tréboles de catro follas?
-Claro que os hai. Están aí dentro. O que pasa é que hai que buscalos.
-E por que na nosa casa nunca hai tempo para buscar tréboles de catro follas?
-Porque hai que traballar.
-E por que?
-Porque non me deixan volver ao cole contigo.
-Buf, eso si que molaba.

4 May 2010

La manera de recogerse el pelo

si un día
después de una de estas noches
en las que ejerzo
de encantadora de serpientes
al despedirme
me oyes decir
que sólo soy un fraude

compadéceme:
los adictos a los aplausos
también necesitamos testigos
cuando nos quitamos
el maquillaje.


___
*La manera de recogerse el pelo. Generación blogger é unha selección de trece mulleres poetas feita por un home, David González. Publicouno Bartleby agora en abril. A cita é dun poema de Ana Pérez Cañamares que se chama "Si un día me oyes" e que podedes ver, xunto con moitos outros, no blog da autora. O libro está estupendo, por certo, aínda que o do DVD non me acabe de convencer. Ah, e hai dúas autoras galegas que escriben en galego, Déborah Vukusic e Begoña Paz. E outra máis que escribe en castelán, Lucía Fraga.

30 Apr 2010

I made up my mind



I wish I could find something
to make me feel better
a drive or a drink,
a something that would make me think
it's all ok
or maybe it could fool me
or give me a ride
or something that I haven't tried


(vía)

Porque ella lo dijo

Después de todo sé que nada es permanente
y que al impaciente
se le olvida la miel del presente.
___
*É un pedazo de "Ninguna chavala tiene dueño", de Violadores del verso, pero non vos vou engañar, eu lino na porta do baño do Ultra.

29 Apr 2010

Os nadies



Os nadies non poden competir coas señoras de peluquería café e pincho no Casino nin co olor da paella precociñada nin coa semifinal da Champion nin muito menos con unha solución definitiva contra a obesidade. Os nadies non poden competir coas preocupacións estéticas deste mundo noso. Nin coas éticas tampouco. Eles existen aínda que eticamente prefiramos que non existan. E, mentres nós lle damos forma ao cinismo post-oenegé, está ben que alguén algunha vez faga algo, aínda que sexa algo tan obsceno como berrar no deserto da abundancia que hai nenos que morren de fame...

Menos, amig@s, é non facer nada.
___
*Os nadies é un pequeno texto de Eduardo Galeano que podedes ler aquí.
**Onte presentouse Níxer, unha iniciativa é de Acción Contra el Hambre e Cultura Solidaria Galega, no casino de Santiago.

28 Apr 2010

Lento pero viene

lento
viene el futuro
con sus lunes y sus marzos
con sus puños y ojeras y propuestas
lento y no obstante raudo
como estrella pobre
sin nombre todavía
convaleciente y lento
remordido
soberbio
modestísimo
ese experto futuro que nos inventamos
nosotros
y el azar
cada vez más nosotros
y menos el azar

___
*"Lento pero viene", pertence a Cotidianas. Aquí podedes escuitar ao propio Mario Benedetti léndoo.

27 Apr 2010

A single man

"Se non se goza do presente, non hai nada que suxira que o futuro ha de ser mellor."
___
*Di X que din en A single man. Haberá que vela.

24 Apr 2010

No meu moleskine XXXVI: Enfadados



-Así que ti es desas...
-De cales?
-Desas que nunca están tristes, porque sempre están enfadadas.
___
*A imaxe pertence á película de Sidney Lumet 12 Angry Men (1957).

23 Apr 2010

Outing IX

A maioría das conversas que teño na vida son mentira. Non son nada. Non significan nada. Será por medo por vergonza ou por desinterese, pero o caso é que poucas veces digo ou escuito cousas que sorprendan manquen emocionen. Se cadra é por iso polo que as contadas ocasións nas que me atopei diante dunha pequena partícula de verdade dubidei entre retroceder ou atacar. Protexerme ou expoñerme. Dubidei, como se puidera facer outra cousa que non fora abrirme en canal e aferrarme a ese momento como se fora o último...

Dios, e se é o último?

22 Apr 2010

Post-xornalismo

"Xa non vai habendo xornalistas, só quedan persoas que traballan en medios de comunicación."
___
*A frase é de Camilo Franco, díxoa na mesa redonda que compartiu con Jaureguizar e Iago Martínez, nas xornadas Comunicar Cultura do Consello da Cultura. Tamén estivo ben a clasificación do xornalismo cultural en tres tipos: económico (o que xoga ao servizo dos intereses da empresa), estatístico (o que quere contentar ao maior número posible de persoas) e amistoso. Jaureguizar apuntou que se pode xogar nas marxes e Iago Martínez negou a maior: hai outras maneiras de facer as cousas. Ao final todo quedou nun reparto algo desigual de cinismo e inxenuidade, un par de guiños graciosos e algunha pregunta desas sen interrogante ao final. Ictios quixo preguntarlles pola súa formación e criterio, pero o asunto non callou e fómonos coa sensación de quedar flotando no mar ese dunha cuarta de profundidade. E si, haber hai outras maneiras de facer as cousas, o carallo é facelas en medios de comunicación.

21 Apr 2010

Cultura sexy



Leo a Belén en ANT e véñenme á cabeza esta foto de Huidobro rodeado de actrices de Hollywood e a historia daquel colega poeta que xura e perxura que vive máis tranquilo e liga muito máis desde que se meteu a poli nacional. Eu non sei se a culpa será do mundo ou dos poetas, pero sei que así non vamos ben.

20 Apr 2010

George Orwell



1. Never use a metaphor, simile or other figure of speech which you are used to seeing in print.
2. Never use a long word where a short one will do.
3. If it is possible to cut a word out, always cut it out.
4. Never use the passive where you can use the active.
5. Never use a foreign phrase, a scientific word or a jargon word if you can think of an everyday English equivalent.
6. Break any of these rules sooner than say anything outright barbarous.
___
*A cita pertence a Politics and the English Language, de George Orwell (podedes ver o texto íntegro, aquí). Ramón Lobo recordoullela aos estudiantes de xornalismo que asistiron ás xornadas Comunicar Cultura, do Consello da Cultura Galega, insistindo na sexta e última norma: non hai mais lei cá de usar o sentido común.
**Segundo parece, a foto é unha das dúas imaxes que hai de Orwell escribindo. Fíxoas o seu amigo Vernon Richards en xaneiro de 1946, nove meses despois de que morrese a súa muller e cinco meses antes de que publicase Animal Farm.

18 Apr 2010

Roxar



Éncheo de leña e préndelle lume. Esperamos unha media hora. Cambia as brasas de sitio. Xa vai indo, xa vai indo. Apampo para el. Ignora o termostato e busca os sinais: as manchas nos ladrillos do fondo e a cor branca nos rebordes da porta. O forno está roxo, bérralle a mamá. Saca as brasas e varre as incertezas cun escobo de loureiro. Pase o que pase, malo será que nos falte o pan.

15 Apr 2010

Zapatillas alleas



En días coma hoxe cambiaría a miña vida (de arriba abaixo) por unhas zapatillas quentiñas polo sol de mediodía.

14 Apr 2010

Níxer

Porque unha vida en Occidente non ten prezo, pero a vida en África non ten valor.
___
*Níxer (Xerais, 2010) é unha crónica da fame tal e como a viron Francisco X. Fernández Naval, Camilo Franco, Alfonso Costa e Moustapha Bello Marka nunha viaxe a Níxer promovida por Acción Contra a Fame (ACF) e Cultura Solidaria Galega (CSG). A cita pertence a "A mochila moral", a parte de Camilo Franco, que me recordou canto boto de menos os Menús de cultura rápida e os Vai por aí.

10 Apr 2010

The Lady from Shanghai



With these mirrors is difficult to tell. You are aiming at me, aren't you? I am aiming at you, lover. Of course, killing you is killing myself. It's the same thing. But, you know, I'm pretty tired of both of us.

___
*E outra de Orson Welles. The Lady from Shanghai (1947), que foi un fracaso no seu tempo. Ao público non lle gustou o cambio de look de Rita Hayworth e á crítica non lle gustou a historia. O propio produtor, o mítico Harry Cohn, dixo que era incapaz de entendela e ofreceulle mil dólares a calquera que puidera explicarlla. Nin sequera Welles foi capaz. A min encántame esta película. Sobre todo, esta escena. Ao mellor é porque me intriga a relación que mantiñan Rita Hayworth e Orson Welles. Hai unha frase gloriosa que dixo ela unha vez para definirse a si mesma e a súa relación cos homes: "Basically, I am a good, gentle person, but I am attracted to mean personalities".

The third man



In Italy, for thirty years under the Borgias, they had warfare, terror, murder, bloodshed, but they produced Michaelangelo - Leonardo Da Vinci, and the Renaissance... In Switzerland, they had brotherly love. They had five hundred years of democracy and peace, and what did that produce?... The cuckoo clock.

___
*The third man dirixiuna Carol Reed, con guión de Graham Green, en 1949. A frase que cito non estaba no guión orixinal. Engadiuna Orson Welles e, segundo parece, despois recoñeceu que nin é certo que os suízos viviran felices e en paz na época dos Borgia nin que inventaran o reloxo de cuco.

9 Apr 2010

and you could have it all
my empire of dirt



I will let you down
I will make you hurt

if I could start again
a million miles away
I would keep myself
I would find a way

(click)

8 Apr 2010

O timbre

Nas series norteamericanas, sobre todo nas malas, cando unha personaxe se sinte perdida atascada agobiada ou triste soa o timbre. Soa o timbre e a personaxe en cuestión responde enseguida. Ansiosa. Coming! Pero tropeza con algún obxecto. Coming! Pon algo máis de roupa. Coming! Péinase ou despéinase. Coming! Fai o que sexa, calquera cousa, para darnos tempo a comprender que o que hai detrás desa porta é un xiro inesperado. Un encontro emocionante. Unha historia mellor.

Danme ganas de abrir a porta e tocar eu mesma o puto timbre.

7 Apr 2010

Outing VIII

Ata o ano pasado non borrara a ninguén da miña vida.
Sorprende (e asusta) que sexa tan fácil.

3 Apr 2010

Enid Blyton



-It’s stupid being a girl!
-said George, for about the millionth time in her life.- Always having to be careful when boys can do as they like! I’m going to sleep in a barn, anyway. I don’t care what you say, Ju!
-Oh yes you do,
-said Julian- You know quite well that if ever you go against the orders of the chief -that’s me, my girl, in case you didn’t know it- you won’t come out with us again. You may look like a boy and behave like a boy, but you’re a girl all the same. And like it or not, girls have got to be taken care of.
-I should have thought that boys hated having to take care of girls
-said George, sulkily.- Especially girls like me who don’t like it.
___
*En 45 anos de carreira, Enid Blyton publicou 753 títulos (lin por aí que no momento de maior produción escribía 10.000 palabras ao día), dos que se venderon máis de 600 millóns de copias. Cada ano, aínda hoxe, véndense máis de un millón de exemplares dos libros dos Cinco. Con obras traducidas a 90 idiomas, é a quinta autora máis traducida da historia. O cuarto é Shakespeare.
**O fragmento pertence a Five on a hike together (Hodder & Stoughton, 1951).
***Como recolle este artigo, as súas obras foron prohibidas nalgunhas librerías e bibliotecas e a BBC negouse durante décadas a dramatizalas. Considerábanas aburridas, mal escritas, repetitivas, pobres no uso do vocabulario, racistas e clasistas.
Ela respondía que non estaba interesada en críticas de lectores maiores de 12 anos. O artigo da wikipedia recolle unha cita estupenda dun editor que rexeitou unha historia de Blyton en 1960, porque "there is a faint but unattractive touch of old-fashioned xenophobia in the author's attitude to the thieves: they are foreign, and this seems to be regarded as sufficient to explain their criminality". Pregúntome cantos medios de comunicación españois superarían hoxendía a proba do algodón racista dese editor británico dos 60.

1 Apr 2010

No meu moleskine XXXV: Comprensivos



A ver, te explico tus derechos (...) Y debes saber que me puedes hablar en gallego, aunque yo lo tengo que traducir todo, porque yo no lo hablo, sabes? (...) Lo digo porque como vi que hablabais en gallego entre vosotras...
___
*A imaxe é de Eve Arnold, a primeira muller que formou parte da axencia Magnum. Traballou para Life, Vogue, Paris Match, Stern e o Sunday Times. Viaxou polos Estados Unidos, Europa, Latinoamérica, India, Afganistan, a URSS e China. Retratou varios dos lugares nos que se escribiu o século XX e, sen embargo, fíxose famosa pola "frescura e naturalidade" coa que fotografou a estrelas como Marlene Dietrich, John Huston, Clark Gable, Joan Crawford, a raíña de Inglaterra, Richard Nixon, Joseph McCarthy, Malcolm X e Marilyn Monroe.

29 Mar 2010



Esta tarde pasoume pola porta a procesión da Confraría da Humildade. Escuridade tambores capuchóns chuvia un bastón golpeando a pedra. Freaking easter passion. Recordoume aqueloutra procesión que retratara para o proxecto de final de carreira en Gales. Recordei como o profesor, licenciado en estudos afroamericanos e negro, abriu a miña reportaxe e mirou alucinado para a primeira foto. Mirou para min. Outra vez para a foto. Para min. Pasou as outras fotos rapidamente, case sen miralas. Cerrou o album. Mirou para min, sorriu e dixo:
-Whatever this means, I cannot deny you have a nerve
.
-Non é o que parece.
-Pero parece o que parece e tu fixéchelas para que o parecera.
-Supoño. Eso é malo?
-Claro que non.
E este profesor, cuxo nome recordo con sorprendente claridade despois de pasar dez anos sen ter noticias del, non só me puxo unha nota digna, senón que botou ben dúas horas comentando o traballo comigo. Alucinando coa estética Klu Klux Klan, co hiperdramatismo das figuras relixiosas e cos nenos pequenos subidos aos hombros dos seus pais para observar tranquilamente o lento sufrir dos encapuchados. Criticándome os defectos (sobre todo, a impaciencia) e loubándome os acertos. Loubando, dixera daquela, a miña capacidade para transmitir beleza ironía humor e desafío xa coa primeira foto.

Joder, como boto de menos ás veces ter un bo profesor ao que desafiar.

28 Mar 2010

Lucía Joyce



Los primeros brotes de hebefrenia hicieron aparición cuando Lucía tenía alrededor de 25 años. A los 28 años la internaron en el manicomio de Ivry, en las afueras de París, y desde entonces jamás volvió a poner un pie en la calle. La relación con su madre y con su hermano jamás dejó de ser difícil, pero Joyce se desvivió por su hija hasta el final de sus días. Se sentía responsable de su locura. Estaba convencido de que había heredado de él una versión maligna de su talento que acabó por destruir su razón.
___
*El País deume hoxe tres motivos para arrepentirme de gastar os 2.20 euros que custa: (1) falta de filtro e palabraría barata de experto na materia; (2) inexatitude e parcialidade nun tema controvertido; e (3) ruin propaganda empresarial disfrazada de información sectorial. A cambio, regaloume a figura de Lucía Joyce nunha reportaxiña algo estraña que firma Eduardo Lago (?). A ela pertence fragmento.
**A foto é a cuberta dun libro de Carol Loeb Shloss, unha profesora de Standford que, polo visto, tivo problemas coa familia á hora de publicalo. Encantaríame lelo.
Mentres tanto, conformareime con isto.
***Nesta páxina hai un montón de fotos da familia Joyce. Muitas delas, por certo, son de Berenice Abbot.
****Agora que ando enleada en In Treatment, alégrome de que non todos os fillos de escritores famosos acaben igual.

Tamén en Lugo



España é o único país europeo onde a prensa formal publica anuncios de prostitución. Obviamente, este tipo de publicidade repórtalles aos medios (serios ou non) importantes beneficios. Nun día laborable, El País publica 702 destes anuncios, El Mundo 672, ABC 225 e 91 La Razón. El País ingresa arredor dos 5 cinco millóns de euros anuais deste xeito*. O da prostitución é un negocio lucrativo e un pastel tan grande dá para repartir. Tamén en Lugo. Entre agosto e setembro de 2009, El Progreso publicou unha media de 70 anuncios diarios sobre prostitución e La Voz de Galicia 230 (dos cales uns 12 eran relativos á provincia de Lugo).**

O Foro de Participación cidadá en materia de igualdade do Concello de Lugo ven de pedirlles formalmente a El Progreso e a La Voz que "no marco dos seus códigos deontolóxicos consideren a renuncia á publicidade relacionada co comercio sexual para impedir o negocio das organizacións mafiosas”. Ata agora, só Público, 20 Minutos, Avui e La Gaceta de los Negocios renunciaron ao seu pedazo do pastel.
___
*Segundo datos recollidos na “Ponencia sobre la prostitución en nuestro país”, elaborada pola Comisión Mixta dos Dereitos da Muller e da Igualdade de Oportunidades do Congreso e do Senado. Ademais, participar do negocio tampouco impide criticalo. Sonado foi o caso das amplas reportaxes sobre prostitución que publicou El País en 2009.
**Segundo recolle a Carta dirixida aos medios de comunicación do Foro de Participación cidadá en materia de igualdade do Concello de Lugo que podedes descargar aquí.

26 Mar 2010

Liquidación de Existencias

La seducción es el principal mecanismo de producción de realidad.
Su materia prima es el misterio.

Opera Aperta (sistema de huecos)
Lo importante en la seducción es saber administrar los silencios. Adhiere más a una narración lo no dicho que lo explicitado. El compartimiento hueco es rellenado por el intérprete desde sus propios referentes, y así recorre la mitad del camino, y crea nuevos huecos.

Nota ao pé: la contención crea huecos que atraen, huecos repletos de ingenio y significado, simétricos de los nuestros.

___
*No prólogo, Antón Baamonde define Liquidación de existencias (Difusora, 2005) como unha obra "a medio camiño entre o dietario de autor, ao modo dun Nietzsche, Benjamin ou Pessoa, e a antropoloxía experimental". Podedes descargar o libro completo aquí e tirar as vosas propias conclusións.

25 Mar 2010

In Treatment



I was looking at her. Looking at every inch of her body. And I said to my self: Who the hell is this woman, sleeping in the sofa, in front of the TV? What the hell does she know about me? What does she think she knows about me? And what the hell am I doing, living with her in the same living room in the same house with the same kids for the last 15 years?

Understand?
___
*Cheguei a In Treatment en plena resaca de Mad Men, seguindo os sempre sabios consellos de Ascárida, e papei sete episodios seguidos, sen respirar. É emocionante intensa intelixente contida. Encántanme a brevidade e a estrutura narrativa. Estou enganchadirma. A este non lle gusta tanto, advirto

24 Mar 2010

No meu moleskine XXXIV: determinados



Levamos o peso da educación encima e parece que todo é determinante para a nosa vida... pero despois nunca pasa nada. Á mañá seguinte, levántaste e non pasou nada.
___
*A foto é de Robert Yager. Un tipo curioso, que segundo parece viviu todas as vidas . Eu acabo de descubrilo, aquí.

23 Mar 2010

A tele



Cando era pequena, na casa só había unha tele. Estaba na sala, cos sofás de skai vermellos, e só podíamos vela todos xuntos. Cada vez que miña mai nos pillaba vendo a tele sós, queixábase de ter uns fillos que non atopasen nada mellor que facer que eslongarse nun sofá a papar o que lles botasen. Apagábaa. Poñíase no medio. Tirábanos un coxín á cabeza. Obligábanos a levantarnos. Eu era a única que escapaba desta lei materna, porque me despertaba ás sete da mañá todos os días do ano e cando non estaba vendo a tele andaba detrás dela choromicando: abúrrome, cóntame algo, abúrrome, cómprame un libro, abúrrome, vamos de paseo, abúrrome... Lin a enciclopedia para ter un argumento sólido e irrefutable: pero, mami, non hai ningún libro na casa que non lera, xa o sabes.
Regaláronme unha tele para o meu cuarto.

Durante anos, o primeiro que facía ao levantarme pola mañá era encender a tele. Víao todo. Aerobic, telediarios, debuxos, series, a Hermida, a María Teresa Campos, a Nieves Herrero, a Paco Lobatón. Todo. Tamén o Agro. O programa do Parlamento. Os culebróns. Os talk show. Os realities. Todo o peor. Todo todo. Durante anos, muitos anos, fun unha guía da televisión andante, fun a pesada que sabe a que outros actores dobra un actor de dobraxe, fun a típica que tararea pola calle a sintonía dun programa e fun, ademais, imbatible ao xogo aquel de descubrir o produto nos primeiros segundos do anuncio. Dediqueille dous anos da miña vida a ler artigos científicos sobre a influencia que ten a televisión na construción da identidade, por Dios!

E agora son incapaz de ver media hora seguida de tele. Incapaz. Como pode ser? Como chegamos a este punto en menos de dez anos?

22 Mar 2010

Ten rules for writing fiction

  1. Colm Tóibín: Stop feeling sorry for yourself.
  2. Hilary Mantel: Are you serious about this? Then get an accountant.
  3. Margaret Atwood: Do back exercises. Pain is distracting.
  4. Zadie Smith: Work on a computer that is disconnected from the ­internet.
  5. Joyce Carol Oates: Don't try to anticipate an "ideal reader" – there may be one, but he/she is reading someone else.
  6. Sarah Waters: Treat writing as a job. Be disciplined. Writing fiction is not "self­expression" or "therapy". Novels are for readers, and writing them means the crafty, patient, selfless construction of effects.
  7. Will Self: Live life and write about life. there are more than enough books about books. (...) Always carry a notebook. Short-term memory only retains information for three minutes; unless it is committed to paper you can lose an idea for ever.
  8. AL Kennedy: Defend others. You can, of course, steal stories and attributes from family and friends, fill in filecards after lovemaking and so forth. It might be better to celebrate those you love – and love itself – by writing in such a way that everyone keeps their privacy and dignity intact.
  9. Andrew Motion: Honour the miraculousness of the ordinary.
  10. Anne Enright: Imagine that you are dying. If you had a terminal disease would you ­finish this book? Why not? The thing that annoys this 10-weeks-to-live self is the thing that is wrong with the book. So change it. Stop arguing with yourself. Change it. See? Easy. And no one had to die.
___
*Estas son as miñas favoritas da manchea de regras que publicou co Guardian (1 e 2) hai unhas semanas. Outros, teñen outras favoritas.

21 Mar 2010

Reñínlle



Por primeira vez na vida. Con cariño, pero con firmeza. Seria. Reñínlle e el non dixo nada. Baixou a mirada. Enchéronsenos os ollos de lágrimas. El sabía que eu tiña razón e eu sabía que ese momento cambiaría a nosa relación para sempre.

20 Mar 2010

No meu moleskine XXXIII: Insubmisos



Si hace falta sumisión... Sumisión.
Por evitar una agresión, cualquier cosa.
___
*A imaxe é Les fantaisies de Mr. Seabrook (1930), de Man Ray.
**A frase, por certo, díxoa un oficial da Guarda Civil no medio da declaración dunha muller que fora denunciar a súa parella por malos tratos. Copieina na miña libretiña alí mesmo. Diante del.

18 Mar 2010

Os cadernos de Agatha Christie



Había de todo tipo, colores, marcas, precios y formas, algunos sin tapas, otros con las grapas oxidadas por el tiempo y páginas rayadas. (...) Christie cogía uno al azar y escribía. Su uso fue irregular: el Cuaderno 35 tiene 220 páginas de notas, mientras el Cuaderno 72 tan sólo tiene cinco. Algunos, ni siquiera tienen relación con su producción literaria: los 11, 40 y 55 constan sólo de fórmulas químicas "y parecen datar de sus tiempos de aspirante a empleada de farmacia". El 73 está todo en blanco. Algunos incluso contienen notas personales: una lista de muebles para su casa de Sheffield Terrace (Cuaderno 59), por ejemplo.

(vía)

16 Mar 2010



Ando por aquí, recuperando miradas. Por fin.

Actualización 17.03.10.- Editar centos de fotos propias dá para facer algo de autoanálise. Dá, como mínimo, para recoñecer a incapacidade para desbotar, o complexo á hora de roubar outras miradas e a obsesión coas portas, coas ventanas e cos camiños... cos marcos, cos límites, cos puntos de fuga. Sen furgar muito na ferida, dá para recoñecer que me aburro a min mesma. Que xa é triste. Ai.

13 Mar 2010

The Golden Notebook

My dear Anna, your attitude to art is so aristocratic that you write, when you do, for yourself only.
___
*En The golden notebook (publicado en galego por Galaxia, no 2009) Doris Lessing conta a historia de Anna Wulf, unha escritora que recolle as súas experiencias en catro cadernos: no negro as literarias, no vermello as políticas, no amarelo as emocionais e no azul as cotiás. Unha escritora cunha novela de éxito que xa non dá escrito máis que para ela mesma.

12 Mar 2010

No meu moleskine XXXII: Ameazantes



-Mexarasme por encima?
-Non.
-Pois entonces vou ter que ir de putas.
___
*A imaxe é Lovers in bistro (1932), de Brassai.