8 Apr 2010

O timbre

Nas series norteamericanas, sobre todo nas malas, cando unha personaxe se sinte perdida atascada agobiada ou triste soa o timbre. Soa o timbre e a personaxe en cuestión responde enseguida. Ansiosa. Coming! Pero tropeza con algún obxecto. Coming! Pon algo máis de roupa. Coming! Péinase ou despéinase. Coming! Fai o que sexa, calquera cousa, para darnos tempo a comprender que o que hai detrás desa porta é un xiro inesperado. Un encontro emocionante. Unha historia mellor.

Danme ganas de abrir a porta e tocar eu mesma o puto timbre.

5 comments:

  1. anITA1:50 pm

    sí, eu sempre que estou agobiada ou triste penso nas "putas" películas e series americanas, que nos fixeron creer que os días son unha continua sucesión de cousas emocionantes...
    en todo caso, se o timbre non sona, sempre podes sair ti e tocar no timbre doutro. O meu está desexando soar ;D

    ReplyDelete
  2. Pero que listas. Non vale, tedes que vir ata aquí!

    :)

    ReplyDelete
  3. E digo eu, estás certa de que queres que a túa vida sexa coma unha seríe americana das malas? Mira que empezar empezar medio ben, pero acaban sendo culebróns intragables ou unha sucesión de clichés predicibles... :P
    Un biquiño, que o timbre non o teño a man.

    ReplyDelete
  4. diferente11:17 pm

    levanta xa, que xa tocaron varias veces e ti sigues no sofá, penso que te durmiche.
    Bicos

    ReplyDelete