22 Apr 2010

Post-xornalismo

"Xa non vai habendo xornalistas, só quedan persoas que traballan en medios de comunicación."
___
*A frase é de Camilo Franco, díxoa na mesa redonda que compartiu con Jaureguizar e Iago Martínez, nas xornadas Comunicar Cultura do Consello da Cultura. Tamén estivo ben a clasificación do xornalismo cultural en tres tipos: económico (o que xoga ao servizo dos intereses da empresa), estatístico (o que quere contentar ao maior número posible de persoas) e amistoso. Jaureguizar apuntou que se pode xogar nas marxes e Iago Martínez negou a maior: hai outras maneiras de facer as cousas. Ao final todo quedou nun reparto algo desigual de cinismo e inxenuidade, un par de guiños graciosos e algunha pregunta desas sen interrogante ao final. Ictios quixo preguntarlles pola súa formación e criterio, pero o asunto non callou e fómonos coa sensación de quedar flotando no mar ese dunha cuarta de profundidade. E si, haber hai outras maneiras de facer as cousas, o carallo é facelas en medios de comunicación.

4 comments:

  1. alikense4:53 pm

    interesante reflexión....

    ReplyDelete
  2. Alta e baixa cultura http://minchinela.com/repronto/2010/03/15/capitulo-34-alta-y-baja-cultura/

    ReplyDelete
  3. O da cultura de altura é un temazo, pero creo que excede as lindes do xornalismo (que xa de por si son ben amplas). Aquí o outro comentarista ten unha teoría moi interesante ao respecto chamada "as capas da cebola". Se se anima a expoñela, dedicámoslle un post.

    ReplyDelete
  4. alikense4:58 pm

    todo se andará...

    ReplyDelete