![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhVCAzeVdaOrCAviKW7YxBVOpZYQGLq1ajPvRtHxnLiAmfntfxBPtn1Sp34FY_daAVpk1Weem6sIEB47bDHp7JqFbrQdK2HC_YilhIZN8vggZt7rELuQihYRlIzvXpqdqhi7UEA/s320/forno.jpg)
Éncheo de leña e préndelle lume. Esperamos unha media hora. Cambia as brasas de sitio. Xa vai indo, xa vai indo. Apampo para el. Ignora o termostato e busca os sinais: as manchas nos ladrillos do fondo e a cor branca nos rebordes da porta. O forno está roxo, bérralle a mamá. Saca as brasas e varre as incertezas cun escobo de loureiro. Pase o que pase, malo será que nos falte o pan.
Ohhhh! Teño unha reportaxe de fotos do sábado agardando para o blogue. Foi tempo de cocer :)
ReplyDeleteO revival de cocer na casa é xa un feito e alédame muito poder desfrutalo. O romanticismo que desprende é enorme e a sensación de apanpar diante do lume é tamén universal. Para alén do romanticismo, a última frase que dis ten tantas implicacións e tan fondas, que ás veces esquecémolas.
ReplyDelete