Boto de menoso botón de "non me gusta". Ao meu ver é o peor que lle podes facer a outra persoa, negarlle a existencia, anque so (un so enorme) sexa a súa existencia para ti. Iso é crear ermos.
Non sei as circunstancias dese borrar, pero agora mesmo paréceme a cousa máis cruel do mundo.
Se ser cruel é "deleitarse en facer sufrir" ou "complacerse nos padecementos alleos", négome a verme reflexada nese espello. Nin busco nin gozo co sufrimento alleo. Punto.
Pero se cruel é "duro" ou "violento", acepto a violencia. A miña e a dos demais. Por exemplo, a túa. Se cadra é unha obviedade, pero a min paréceme cruel acusar a alguén de crueldade. Muito máis, como ben dis, sen saber as circunstancias. E se acepto esa crueldade, esa violencia, é porque entendo que é un reflexo da miña, que tamén aceptei, no seu momento, porque foi un reflexo da que eu recibín. E así.
Triste é, en todos os casos. Tamén cando as persoas se esvaen soas, como a tinta ao sol, como di Beluka. Pero hai cousas máis tristes. E máis crueis. E eu estouche mellor así. Dou fe.
Si, fun (son) violenta máis non te acusei de crueldade, falaba da idea en si, a secas, e coñecendo so as circunstancias doutros casos que a min me tocaron ver nas que iso aconteceu e nas consecuencias que trouxo.
Pode ser que o teu concepto de borrar non teña nada que ver co que eu coñezo e, dende logo, non vou ser quen diga que ti es isto ou o outro. Non.
Por iso é polo que me sigue parecendo algo cruel e triste. Despois, alédome que ti esteas ben.
Eu nunca borrei... pero ás veces esvaece a tinta, supoño
ReplyDeleteBoto de menoso botón de "non me gusta". Ao meu ver é o peor que lle podes facer a outra persoa, negarlle a existencia, anque so (un so enorme) sexa a súa existencia para ti. Iso é crear ermos.
ReplyDeleteNon sei as circunstancias dese borrar, pero agora mesmo paréceme a cousa máis cruel do mundo.
cruel e triste
ReplyDeleteSe ser cruel é "deleitarse en facer sufrir" ou "complacerse nos padecementos alleos", négome a verme reflexada nese espello. Nin busco nin gozo co sufrimento alleo. Punto.
ReplyDeletePero se cruel é "duro" ou "violento", acepto a violencia. A miña e a dos demais. Por exemplo, a túa. Se cadra é unha obviedade, pero a min paréceme cruel acusar a alguén de crueldade. Muito máis, como ben dis, sen saber as circunstancias. E se acepto esa crueldade, esa violencia, é porque entendo que é un reflexo da miña, que tamén aceptei, no seu momento, porque foi un reflexo da que eu recibín. E así.
Triste é, en todos os casos. Tamén cando as persoas se esvaen soas, como a tinta ao sol, como di Beluka. Pero hai cousas máis tristes. E máis crueis. E eu estouche mellor así. Dou fe.
Si, fun (son) violenta máis non te acusei de crueldade, falaba da idea en si, a secas, e coñecendo so as circunstancias doutros casos que a min me tocaron ver nas que iso aconteceu e nas consecuencias que trouxo.
ReplyDeletePode ser que o teu concepto de borrar non teña nada que ver co que eu coñezo e, dende logo, non vou ser quen diga que ti es isto ou o outro. Non.
Por iso é polo que me sigue parecendo algo cruel e triste. Despois, alédome que ti esteas ben.