28 Mar 2009

Reconstruccións improvisadas



Non se me ocorre mellor cidade para reconstriuirme que Roma. Andámola enteira e o camiño emborráchame de historias e de contrahistorias. Intento non pisar as pegadas das outras vidas que habitaron estas pedras, pero é imposible. Hai tantas liñas. E están tan pegadas. Tan mesturadas. Ao final, déixome atravesar por elas e pola súa mensaxe. Non te compliques e déixate levar, bérranme dende o templo romano reconvertido en ghetto xudío, a vida non é máis que unha ringleira de reconstruccións improvisadas.

23 Mar 2009

No meu moleskine XVII: Prudentes



Ser consciente das túas limitacións só significa que non te permites superalas.
___
* A fotografía pertence ao
Die Olympischen Spiele, 1936, onde aparece definida como "Jesse Owens at start of record breaking 200 meter race". Eu atopeina aquí.

20 Mar 2009

Tudo bem


A imaxe roubeina aquí, onde me levou Magago

No taller foi todo ben e eu retomo a viaxe adiada co campo de batalla a medio limpar, algo máis tranquila e coa determinación de aproveitar a perspectiva que dá a distancia para buscar novos camiños ao meu xardín máxico.
Vémonos alá.

18 Mar 2009



Estamos no taller. Agora é o seu sim o que leva un diamante negro sobre a cabeza, así que recupero a perspectiva deste lado da barreira. Saco o meu humor máis absurdo e colleito un éxito notable. O diamante reverdece por momentos. Interrompe a miña actuación maxistral un ruído insoportable que nos taladra a cabeza. Hai un ruido insoportable que ocupa absolutamente todo o espazo ao noso arredor e esta xente teclea fala camiña como se non o oise.
Calo.
O diamante perde o pouco brilo que gañara e eu sinto unha dor terrible, porque teño un xardín máxico no que só se oe a primavera e non sei como levalos ata alí.

17 Mar 2009

Conversas co Pikiniño I: Dios

Pikiniño, tu sabes quen é dios?
Mírame desconcertado un segundo, só un segundo, antes de deixarse levar pola diversión da pregunta inesperada. En canto entende o xogo, atopa resposta. A victoria chega rápida e instálaselle nos ollos. Déixase gozar un cachiño e, por fin, dime:
O dios que te pariu.

15 Mar 2009

Notas necrolóxicas

Enfróntome ao sentido do deber e á culpa cambiando os reflexos do espello compostelán por unha fin de semana na aldea. Levo comigo a Xesús Fraga, para ver se o seu sentido do humor desganado e retranqueiro me axuda a sorrir mentres recollo os restos da batalla. Sinto que me mira sen mirarme cando reprimo as ganas de abrazalo, de abrazala. Réñeme. Non hai que ser covardicas, dime, non hai que esconder os abrazos. Eu baixo a mirada e disfrazo a culpa cun sorriso parvo.



Prendo a radio e deixo, de fondo, as notas de Monforte. Séntoo ao meu lado, debaixo das mazairas, e pídolle que me fale de Tony e de Álvaro mentres o pikiniño xoga a ser pekeno. Mírame coa miña mirada revirada, convídame a un xelado e cóntame de Untia e de Londres mentres lambemos cobizosos nos dedos as faragullas de chocolate. Fálame de Joseph e de Ian. De Román, de Pablo e de Norberto. Apréndeme a ler graffittis. Ponme deberes musicais. Penso que eu preferiría mil veces ser Vitoria a ser Lucía, pero non llo digo. Tampouco lle digo que non hai polvos da vida, como tampouco non hai amores da vida. Sobre todo desde que os botas. Desde que os tés. Intrígame por qué escapou de Sarah e de Nadine e, en vez de preguntarllo, quéixome porque non entende o conflito lingüístico que tanta dor me causou. Mírame as pencas e as zapatillas de cadros, louba o meu castrapo monolingüe e lévame da man correr darredor do seu estanque.
Se queres
, dime, xogamos a Robín e Marián.
Eu ben sei que o papel xa está dado, pero déixome levar.

12 Mar 2009



Despois duns días de intensa actividade capitalina, cústame un mundo irme. Humidtown é unha trincheira que reborda diversión conversas proxectos. Marcho arrastrando os pés, chamada polo sentido do deber e pola culpa, e fago todo o posible por non mirar atrás, por non ver no espello o reflexo dos días que non vivirei.

No Valado, espéranme os restos da batalla. Recúo, pero xa é tarde para buscar refuxio na felicidade mentirosa do meu xardín compostelano.

11 Mar 2009

A crise



Buf. Esta crise tenme preocupada. Non che se recorda unha igual na vida. Vernos nunha coma esta fainos valorar, máis ca nunca, a importancia de contar cun sistema financero solvente, rentable, sano e sostenible. Éche así. Eu ben vexo que neste momento temos sobre a mesa tres problemas globais: a liquidez, os activos tóxicos e a capitalización de las entidades financieras. Que tres problemas, dios mío. É certo que inciden con distinta intensidade segundo o país. Hai sitios nos que xa requiriron medidas urxentes... E no resto hanas requirir, dígocho eu. Non sei a que esperamos para actuar. Na miña opinión, está claro que a achega das autoridades é clave en cuestións como a liquidez, a transparencia e a supervisión. Nós pouco máis podemos facer que recuperar o foco no cliente, potenciar o negocio recurrente, xestionar con prudencia o risco e reforzar a xestión corporativa... Esta crise éche jodida. Non se recorda unha igual na vida. Pero non vai acabar con nós. Xa o verás.

___
* É marzo outra vez, así que parece que chegou a hora de recuperar o proxecto aquel que tiñamos a medias anITA e máis eu. A foto é súa, fíxoa en Portomarín, e o texto é parte do discurso que deu Emilio Botín na Conferencia de Banca Internacional a mediados de novembro do 2008.

10 Mar 2009

Na escaleira

Penso naquel lo urgente no deja tiempo para lo importante de Mafalda. Boto contas e calculo que nesa frase xenial collen a maior parte dos erros que lle teño visto cometer ao goberno bipartito, á xente en xeral e a min en particular. Ás veces teño a impresión de que os individuos e os países pasamos tanto tempo salvando os atrancos do camiño que olvidamos cara a onde nos dirixiamos.



O outro día convidáronme a un obradoiro para blogueir@s da Festa do Queixo de Arzúa. Alí, ademais de aprender unha chea de cousas que xa contaron aquí acá acó alí alá e aló, coñecemos as tres xeraciós de propietari@s de Queixerías Bama. Como a Borralleira, escuitar a Benigno Pereira, Nino, á súa parella, aos seus fillos e aos seus pais encheume de optimismo. Foi emocionante e alentador ver que hai xente que non deixa que o urxente ocupe o espazo do importante. Xente que sabe cara a onde vai. Xente que entende que a cultura, a nosa e a do mundo, está nas patacas. E na filosofía. E no queixo. E no café ben compartido, ben conversado.

Agora que pasaron uns cantos días nos que mantiven conversas fondas e interesantes xunto a outras afectadas e interesadas, perdín máis dunha hora da miña vida nunha obra de teatro baleira e tiven ben kilómetros de coche para pensar cara a onde me dirixo, cara a onde nos diriximos... Agora, entendo que a cultura sempre estivo no importante. Eramos nós @s que andabamos entretid@s co que pensabamos que era urxente.

9 Mar 2009



O peor de deixar pasar un tren non é que non volva. O peor de deixar pasar un tren é que sempre volve. E tu sabes que o vas deixar marchar unha e outra vez. Todas as veces.
Sabes que prefires quedar onde estás.
Esperando.
___
* A a-foto é de Sandy Skoglund, outra vez.

5 Mar 2009


A foto é de Cartier-Bresson e roubeina aquí

Lin, neste artigo estupendo, unha frase na que collen todos os meus desencontros coa aristocracia artística: "la teoría en la creación es un código a posteriori, como la moral en la vida diaria". Encántame. Tan simple. Tan fonda. Tan verdadeira. Aplícoa ao cine, á música, ás artes plásticas, ao teatro, á danza, á literatura... e váleme para todo. Muchnik úsaa para falar da fotografía neste noso mundo dixital. Explica que "toda foto digna del adjetivo «memorable» se caracteriza por dos aspectos no digitalizables: su significado humano y su encuadre. El primer aspecto no digitalizable depende de la sensibilidad moral del fotógrafo, que ha de ser capaz de desentrañar algo acerca del alma humana en una fracción de segundo. El segundo aspecto no digitalizable de la fotografía depende de su sensibilidad estética, que le obliga a componer, en esa misma fracción de segundo, un buen encuadre. Atención: ambas sensibilidades han de ejercerse al mismo tiempo".

Ao final todo vai sentir e de contar. E de facelo con honestidade.

3 Mar 2009

La vida, la vida
me sueña, me alumbra
me pace y luego me esquila
la rueca me hila
me teje, me corta
me cose, me plancha
me viste la vida.




Y cuando me sé el camino
llega Destino y lo cambia
como si fuera domingo
arrugándome la espalda.

Cousas que facer en Lugo cando non estás morta



Palimoco Teatro estrea a súa obra infantil Construcións Clementina, dígame? o domingo 8 de marzo ás 18.30h no auditorio Gustavo Freire.

Clementina é unha persoa maior que ten unha casa que xa non consegue pagar... Un día chega a temida carta de desaloxo, data límite o vinte catro de Nadal. O corazón de Clementina rompe de dor, pero nese preciso instante, nesa milésima de segundo, o seu corazón cae nas mans do Home das Apertas e dos cráteres que a acompañarán na súa viaxe á lúa...o seu derradeiro soño? Na lúa agardan por ela a Nena do Ollo Pecho, a Nena das Arestas e alguén moi especial, o seu compañeiro Sigfrido.

2 Mar 2009

Conxugacións do 1M: Balones fuera



1 (álbum)

Como quisiera fotografiar

minucia por minucia
pedazos de futuro
y colocar las instantáneas
en un álbum

para poder hojearlo

lenta morosamente

en un manso remanso
del pasado

2 (claves)
Algunas claves
del futuro
no están en el presente

ni en el pasado


están

extrañamente

en el futuro

5 (después)
el futuro no es
una página en blanco


es una fe

de erratas


7 (rigores)

En las fronteras

del fututo
hay un control

estricto


Sólo son admitidos

los sobrevivientes

8 (previsión)

De vez en cuando es bueno

ser conciente

de que hoy
de que ahora

estamos fabricando

las nostalgias
que descongelarán

algún futuro


9 (plurales)

Hay ayeres

y mañanas
pero no hay

hoyes


___
* "Conjugaciones" é un capítulo do libro Viento del exilio, de Mario Benedetti. O 5 (despues) aparecía onte no almanaque que ilumina as nosas mañás gracias a H.
** Non me exilio, non me dá a gana de exiliarme. Que se exilien eles. Do futuro.

1 Mar 2009

1M



Fuxir é de covardes. Fuxir é de covardes. Fuxir é de covardes. Fuxir é de covardes. Fuxir é de covardes. Fuxir é de covardes. Fuxir é de covardes. Fuxir é de covardes. Fuxir é de covardes. Fuxir é de covardes. Fuxir é de covardes. Fuxir é de covardes. Fuxir é de covardes. Fuxir é de covardes. Fuxir é de covardes.

Escapar outra vez non pode ser a solución.