
O outro día convidáronme a un obradoiro para blogueir@s da Festa do Queixo de Arzúa. Alí, ademais de aprender unha chea de cousas que xa contaron aquí acá acó alí alá e aló, coñecemos as tres xeraciós de propietari@s de Queixerías Bama. Como a Borralleira, escuitar a Benigno Pereira, Nino, á súa parella, aos seus fillos e aos seus pais encheume de optimismo. Foi emocionante e alentador ver que hai xente que non deixa que o urxente ocupe o espazo do importante. Xente que sabe cara a onde vai. Xente que entende que a cultura, a nosa e a do mundo, está nas patacas. E na filosofía. E no queixo. E no café ben compartido, ben conversado.
Agora que pasaron uns cantos días nos que mantiven conversas fondas e interesantes xunto a outras afectadas e interesadas, perdín máis dunha hora da miña vida nunha obra de teatro baleira e tiven ben kilómetros de coche para pensar cara a onde me dirixo, cara a onde nos diriximos... Agora, entendo que a cultura sempre estivo no importante. Eramos nós @s que andabamos entretid@s co que pensabamos que era urxente.
No comments:
Post a Comment