1 Jun 2010
Estás ben?
Durme un sono intranquilo nas escaleiras da igrexa que hai ao lado da miña casa, deitada de mala maneira sobre a barriga. Hai tempo que non a vía, non sabía que estaba embarazada. Cando paso ao seu lado levanta a cabeza, sorrí e estende a man. Non dá sostido a cabeza. Achégome a ela e pregúntolle: Estás ben? Levanta outra vez a cabeza, con bastante traballo, os segundos necesarios para mirarme aos ollos e escupirme. O cuspe engánchase aos vaqueros, á altura do muslo. Miro uns segundos para el e sigo andando. Esto pásame por facer preguntas ridículas. Cinco minutos máis tarde, sentada diante da lavadora, intento identificar o momento xusto no que a auga borra a tristeza a mala hostia a culpa. Esa culpa idiota que non serve para nada, nin sequera para facerme sentir mellor persoa.
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment