7 Jun 2010

Ganga

O museo está case baleiro. Ámbar recende inxenuidade, "cres que me parezo a Nefertiti?" "Es máis fermosa." "Pregúntocho en serio, teño o seu perfil?" "Sabes que si." "Rose, ho, Rose, Rose, vida miña." Rose descúlpase, "un segundo, teño que ir ó váter" e Ámbar vai asexalo polos baixos da porta do váter: estase chutando. Anóxana os homes que non son amos do seu desexo, como ensina a lección inicial do catecismo da Comunidade: "A vida do individuo é a vida do seu desexo.".

___
*Lendo o Ganga de Antón Lopo (Xerais, 2001) dinme conta de que non coñezo ninguén da miña xeración que recoñeza terse chutado heroína. Ninguén. Nin os máis apaixoados defensores do consumo de drogas. Alcol, hachís, marihuana, éxtase, anfetamina, opio, cocaína ou calquera deterxente líquido destilado por un descoñecido nun alambique doméstico ofrécenos máis seguridade cá heroína, a droga maldita para os que medramos coa Operación Nécora atronando nos Telediarios. O chute de heroína é a representación simbólica da decadencia. O síntoma innegable de que non somos amos do nosos desexo.
**Parece que o domingo se cumpren dez anos da famosa operación policial. Manuel Jabois falaba hai pouco do tema e alguén subiu ao youtube aquel mítico Marea Blanca de Documentos TV.

8 comments:

  1. Anonymous10:18 am

    Esa xeración perdeuse e nuns anos veremos as consecuencias que a cocaína deixa na nosa...

    ReplyDelete
  2. Xa hai estudos que analizan o aumento dos brotes de esquizofrenia que está habendo na nosa xeración e, segundo parece, danse sobre todo en grupos de persoas que consumiron drogas "de deseño" na adolescencia.

    Eu creo que o malo non é consumir drogas, así en xeral, que por outra parte é algo que se leva facendo en todas as culturas do mundo desde que a vida é vida. O peor é por unha parte a perda do ritual que tradicionalmente acompañaba o consumo e que lle daba unha especie de xustificación / control / límites e, pola outra, que a xente non ten puta idea de qué se mete, de onde ven e que efectos ten... como es ilegal y oscuro y eso nos mola mogollón... E así acabamos como acabamos, con adolescentes tragando deterxente líquido entre ronconla e roncola e pensando que é esencia de cactus mexicano e que lles vai dar "el viaje de sus vidas".

    ReplyDelete
  3. Anonymous11:42 am

    A mi lo que más me fastidia es que pasa de ser una diversión a ser una necesidad, que de quedar para tomar unas copas y divertirnos, la cosa acaba siempre pasando por buscar coca y meterse unas rayas, y veo que mis amig@s lo están asumiendo con naturalidad, sin darse cuenta de que ya no es parte de la noche, sino que es la noche...

    ReplyDelete
  4. Anonymous12:15 pm

    Dacordo con vós.
    Eu paso. Perdes amigos, quedas de carca (flipante!) e jode (non quedar de carca, senón que che catalogue de carca quen che cataloga de carca e, por suposto, perder amigos ou perder só moitos dos hábitos marabillosos que compartías con eles), pero eu paso.

    ReplyDelete
  5. marabilloso libro, unha das mellores novelas galegas dos últimos tempos

    ReplyDelete
  6. a min custoume algo entrar, pero a verdade é que dende que colle marcha non hai quen a pare... e agradécese muito a vontade de experimentar.
    bicos transoceánicos!

    ReplyDelete
  7. ascárida5:25 pm

    Veño protestar por algo que comentaches antes. As drogas son un factor de risco, non a causa. Non é que se te enches de MDMA vaias ter esquizofrenia, non é eso, é que se tes unha personalidade psicótica determinado tipo de drogas (non só as de "deseño") poden favorecer o desenvolvemento da esquizofrenia.

    ReplyDelete
  8. Non controlo do tema, obviamente. Pero unha amiga siquiatra colaborou durante anos nun estudo clínico que intentaba debuxar con precisión as relacións existentes entre a esquizofrenia e as drogas. Segundo me explicaran daquela, estas relacións son aínda descoñecidas, pero si que hai varias cousas que se estaban probando científicamente: 1) as persoas con personalidade psicótica teñen unha maior tendencia á adicción, 2) as persoas con esquizofrenia latente que toman drogas teñen máis posibilidades de que a enfermidade se agudice e 3) determinadas drogas provocan en determinadas personalidades unhas respostas bioquímicas que se parecen á esquizofrenia, pero que non o son. Ou que poden non selo. Isto intentáronmo explicar ben, pero non me deu a cabeza. Ten que ver cos neurotransmisores e cos receptores.

    Hai unhas semanas, alguén me dixo que en Galicia está documentado un aumento dos brotes esquizofrénicos en xente da nosa idade con historiais de adicción a certos fármacos. Segundo me dixo esta persoa (aínda que tamén che digo que lle pedín algún contacto que soubera do tema para pasarllo aos amigos xornalistas e non mo soubo ou non mo quixo dar), hai alomenos un centro de axuda ao drogodependente en Galicia no que se está estudiando este asunto.

    ReplyDelete