18 Jun 2010

Unha sala circular

Soñas que toda a xente que coñeces está reunida nunha sala enorme, circular. Míranse. Pasa o tempo. Pregúntanse que os unirá, porque estarán aí. Pasa máis tempo. Discuten rin comen beben bailan durmen. Pasa muito máis tempo. Fórmanse parellas de sexualidade dificilmente compatible, bizarras pero indestrutibles. Pasa todo o tempo do mundo. A vida. Ao principio, preocúpache que falen de ti, que descubran todas as incoherencias, todas as mentiras. Ao final, daste conta de non. De que o malo non é eso. O malo é que nunca se darán conta de que ti es o fío que as une, porque nunca ninguén se acordará de ti.

4 comments:

  1. ascárida9:41 pm

    Esto da para unha serie ou unha película polo menos. Guioniza, tía.

    ReplyDelete
  2. Un pouco de mal rollo si que da, Pilar, si.

    Asca, xa o fixeron. Chámase Persons Unknown. Ou polo menos a min o primeiro capítulo recordoume muito o soño este.

    ReplyDelete
  3. Quemecostas10:20 am

    Eu, tendo sido fío condutor entre moita xene, concordo. Pero non me da mal rollo. Simplemente é.

    ReplyDelete