29 Jun 2010

Persecución

Soñas cunha persecución policial. Pensabas que ser a mala sería diferente. Máis reconfortante. Nas películas parecen mui seguros de si mesmos, pero tu tés medo e non che gusta conducir tan rápido. Rascas o R5 contra unha ringleira de coches aparcados e contra un par de esquinas, antes de meterte nun calexón sen saída. Merda. Saes do coche e entras nun edificio en construción. Acércanse muito. Subes correndo polas rampas das escaleiras. Vante coller. Estás cansa e agobiada. Tropezas contigo mesma e caes polo burato do ascensor. Caes caes caes caes ata que ves un cable pelado e pensas que é a túa oportunidade de frear esta caída infinita. Agárralo coas dúas mans, con toda a túa forza.
E espertas coa descarga eléctrica.

No comments:

Post a Comment