22 Dec 2010

Ascensor

Esperto temblando de frío, envolta en min mesma. Enguríñome aínda máis, aprétome, pero non dou entrado en calor. Entón esperto de todo e doume conta de que non estou na miña cama. Estou no chan. Un chan raro, cheo de bultiños. Apálpoos na escuridade. Chego a unha parede. Vou subindo e vou recoñecendo o ascensor da casa na que viviamos cando eu era pequena. As tiras metálicas verticais, desencaixadas. O espello. A tira grosa horizontal que alguén raiu para escribir un "I love you" algo retorto. As portas novas, pechadas. E os botóns. Doulle ao do portal, pero non vai. Busco o do sexto. Non sei por qué, pero dame a impresión de que ese si que vai funcionar. Doulle e doulle e doulle e doulle e doulle e doulle e doulle.

Pero non, non funciona.

No comments:

Post a Comment