15 Sept 2010

Asedio

Estou durmindo soa na casa dos meus pais. Esperto de madrugada, sobresaltada. Hai xente abaixo. Afino o oído. Voces masculinas descoñecidas discuten a operativa do roubo. Pensan que a casa está vacía. Un deles comeza a subir pola escaleira. Pecho a porta e arrastro o primeiro armario. Berran. Movo a cama. Petan na porta. O outro armario. Puta, sal daí. O escritorio. Como nos fagas entrar vai ser peor. Pego todos os mobles á porta e séntome no metro cadrado que queda libre, debaixo da velux. Tremendo de cansancio e de medo, doume conta de que estou illada. Os teléfonos quedaron do outro lado.

Cheira a fume.

Hai seis pisos de caída ata o río.

10 comments:

  1. Anonymous1:13 pm

    E cubre?

    ReplyDelete
  2. E unha ventá onde facerlle chiscadelas á esperanza.

    ReplyDelete
  3. Anonymous12:30 pm

    Pois daquela só che queda voar...

    ReplyDelete
  4. ... ou hostiarme. Sempre me gustaron os órdagos.

    ReplyDelete
  5. Anonymous12:47 pm

    Es cierto o es un relato? Dios, qué susto! (Roberto)

    ReplyDelete
  6. Jajaja, es un sueño, Roberto. Y susto el que me diste tu a mi cuando vi en tu facebook que te habías casado! ;-) Felicidades!!!

    ReplyDelete
  7. Anonymous5:53 pm

    Non fastidies! Podendo escoller, sempre mellor voar, non si?

    ReplyDelete
  8. Anonymous11:17 am

    jaja, pues lo mío es cierto, me he casado jajaja tengo que poner alguna foto :-D
    Bicos! (Roberto)

    ReplyDelete