5 May 2010
Tréboles
-Por que na nosa casa nunca hai tréboles de catro follas?
-Claro que os hai. Están aí dentro. O que pasa é que hai que buscalos.
-E por que na nosa casa nunca hai tempo para buscar tréboles de catro follas?
-Porque hai que traballar.
-E por que?
-Porque non me deixan volver ao cole contigo.
-Buf, eso si que molaba.
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
:)
ReplyDeleteAí vai outra:
ReplyDelete-Tu cantos anos tes?
-Trinta
-Trinta?! Boh. (mírame con cara de non che creo nada do que me contas)
-Parécenche muitos? Pois o abuelo ten cincuenta (ten máis).
-Boh, que mentirosa eres, non se poden ter cincuenta anos!!!
A verdade é que lle minto muito, desde sempre. Por exemplo, se estou no ordenador e me pregunta que fago dígolle que estou esfolando unha pita ou arreglando a miña nave espacial ou cousas así. E, claro, agora desconfía por defecto :D
Estupendísimo! Que sorte ter un pequerrecho cerca, terapia contra as contracturas (polo menos as do corazón). Saúdos
ReplyDelete:)
ReplyDeleteEncántanme estas cousas, de verdade que me encantan.