11 May 2010

Outing X

Cada certo tempo tomo unha decisión que todas as persoas que me rodean consideran errónea. Unha decisión desas con enxundia. Deixar ao mozo perfecto. Deixar o traballo perfecto. Deixar a cidade perfecta. Deixar a vida perfecta. Nunca me arrepentín de ningunha desas decisións, pero cada vez que me achego a unha témblanme as pernas.

Parece que non, pero témblanme as pernas.

___
*P.S. Todas as decisións importantes que tomo na vida conteñen o verbo deixar. Iso si que é un descubrimento... O que non sei é de que.

5 comments:

  1. ascárida4:20 pm

    Tamén conteñen o adxetivo perfecto, ainda que sea en cursiva.

    ReplyDelete
  2. Creo que os cambios son para mellor. Corrixo: DESEXO que os cambios sexan sempre para mellor. Canto máis o desexo, mellor me saen.

    ReplyDelete
  3. Que observadora, asca. Tamén contiñan o sintagma (para min). Así, entre parénteses. Pero quiteino, porque me angustiaba.

    frenchchou, se o desexo conta nesta operación matemática, non hai fallo posible.

    ReplyDelete
  4. anITA5:45 pm

    eu creo q se fose "perfecto" non terías a necesidade de deixalo, non?... non creo moito na perfección, a verdade, e se che sirve de algo, eu non considero q a túa decisión (se é a que eu penso) sexa errónea, e máis, te admiro moito por ser capaz de tomala.. q lo sepas!!

    Outro apunte: o que en un momento dado pode ser "perfecto", non ten pq. selo para sempre

    ReplyDelete
  5. Anonymous10:18 am

    perfecto, do latín perfectum e significa rematado

    ReplyDelete