20 Jul 2010
The Wire
The Wire é como esas novelazas de mil millóns de páxinas que todo o mundo che recomenda. Parece que dá pereza poñerse, porque son tan longas, esixen tanta concentración e iso de obra mestra bota tanto para atrás... pero, despois, un día calquera, poste. E pouco a pouco, como quen non quere a cousa, vaste metendo na historia. Faiche gracia. É intelixente. Adoras algunhas personaxes. Odias outras. Non sabes por onde lles dá o aire á maioría. Confías nas normas: os bos gañan e os malos perden. É cuestión de paciencia. Ou non. Déixaste sorprender. Ris. Choras. Enfádaste. E, de repente, daste conta de que mil millóns de páxinas non chegan a nada. Daste conta de que as cousas que non esixen concentración tampouco poñen nin quitan. E daste conta, sobre todo, do orfa que vas quedar cando acabes esta fucking obra mestra.
Acabo de papar 60 horas de televisión sen respirar e estou conmocionada. Non sei que hostia vou ver (ou ler) agora. Non vai ser fácil atopar algo que estea á altura.
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
Agora tes que poñerte con algo lixeiro, a min o machopirolismo de Californication foime perfecto coma desintoxicación. Hung tamén pode valer, e acaba de comezar agora a segunda tempada. Con Californication andan a voltas coa data da estrea, a ver... E o 25 comeza Mad Men, claro.
ReplyDeleteproba con Treme http://www.hbo.com/treme/index.html
ReplyDeleteCando menos ten bo pedegree
Ti tranquila que temos neveira con máis series... Californication témola, Tremé está en camiño, Damages tamén...
ReplyDeleteA neveira das sereis mola... pois a ver se nos poñemos con Tremé, logo, ou? E o 25 empeza Mad Men outra vez, yupi!
ReplyDeleteBoh, eu non quero saber... levo dende o venres intentando ver unha película...
ReplyDeleteBuah, claro, as películas que? :D
ReplyDeleteP.D: Treme mola pero tampouco TANTO, Damages ben a primeira tempada e despois psé. Tía, tes que ver Big Love (a serie que non ve ninguén que máis mola).
shiiiiiiiiiiiit!
ReplyDeleteTes que ver Luther, Stringer Bell facendo de poli nunha serie inglesa de 6 episodios (que acho que vai ter segunda tempada) ou misfits (coma herois pero ben feita). Digo eu que cruzar o océano servirá para cambiar, ademais de que ó ser breviñas entran moi doado.