24 Nov 2010

O do reloxo

Atopámonos na barra do Ultra. Mírame aos ollos e vexo un reflexo de intimidade compartida. Sorrí. Sonia? Sorrío. Como podes recordar como me chamo? Pon unha cara moi seria, como de concentración... e despois ri. Vale, chámaste igual que miña irmá. Eu tamén me río. Chámome igual que todas as irmás da miña xeración.
-Así que ti non tes nin idea de que son...
-Claro que sei quen es, o que non sei é como te chamas...
-E quen son?
-O do reloxo.
Mírame outra vez aos ollos e aquelas horas de intimidade compartida inúndanme como se foran anos. Como se este tipo bastante máis guapo e bastante máis pijo do que eu recordaba levara toda a vida ao meu lado. Como se o soubese todo de min. Pero non, claro. Non ten nin idea. E eu, por non saber, non sei nin como se chama. Quedamos calados, cun silenzo incómodo. En fin, teño que volver... estou cun amigo. Si, claro, eu tamén. Dámonos dous bicos algo aparatosos e volvo xunto a M. Como se non pasara nada.
Como se nunca pasara nada.

1 comment:

  1. Hai máis neses nadas que en moitos todos

    ReplyDelete