16 Nov 2010

Outing XIV

Pregúntome se a orde na que me visto terá algún tipo de explicación simbólica. Se ocultarei antes o que máis quero protexer. Ou esconder.

Pregúntome en que orde vos vestiredes os demais.

13 comments:

  1. besbe2:03 pm

    O mesmo pensei un par de días da semana pasada, na orde de vestir e na orde de desvestir, a pregunta continúa aí.

    ReplyDelete
  2. Pois si. E tamén aplica soa ou en compañía. A unha mesma ou a outra persoa.

    ReplyDelete
  3. ...de dentro a fóra...

    ReplyDelete
  4. e de arriba abaixo? ou de abaixo arriba?

    ReplyDelete
  5. Lendo estas cousas decátome da inconsciencia con que fago actos da vida cotiá. Hai un capítulo de Redes que fala desto.

    Primeiro penso: nunca seme deu por reflexionar en tal cousa. Habitualmente a xente párase a pensar onde fabrican os cepillos de dentes que usamos todos os días? Eu creo que xamais o faría se non coñecese a unha persoa que traballa nunha das 2 únicas fábricas que hai en Europa. Cada día que me poño os lentes de contacto penso no tipo que estivo aí investigando para facelas, ao mesmo tempo que penso que moita xente non pode ter acceso a esta comodidade occidental. Pero pola orde do vestir/espir nunca se me deu...

    Segundo penso: a inconsciencia do acto

    Terceiro penso: en qué orde o fago. Capa de cebola... vestuario da piscina

    ReplyDelete
  6. De neno xa procuraba polo xeito óptimo de vestirme e penso que o atopei e que o sigo facendo igual hoxe: por orde de superposición de capas.

    Á hora de espirse si que sempre fun anárquico.

    E agora que o escribo, penso que si, que me pode definir ben.

    ReplyDelete
  7. Anonymous3:06 pm

    De dentro para fóra, e de abaixo para arriba. Divertida reflexión :)

    ReplyDelete
  8. A ver, o de dentro a fóra é obvio. Se non, iriamos todos como supermán :D A cuestión é, dentro da mesma capa da cebola, que poñemos antes. E que quitamos antes. Os calcetíns ao principio ou ao final é un clásico. Camiseta sen pantalón ou pantalón sen camiseta?

    ReplyDelete
  9. Os calcetíns ó final... da unha preguiza abaixarse...

    ReplyDelete
  10. Sempre me visto coa cabeza perdida noutras cousas, e creo que non sigo unha orde concreta. Tamén é certo que as necesidades varían no verán e no inverno. Facíame moita gracia unha persoa próxima que ataba as botas antes de subir o pantalón dos xeonllos para arriba...

    ReplyDelete
  11. Voume concentrar.
    Eu penso que o que quito primeiro e poño primeiro é o calzón por pudor inconsciente e o resto da roupa vai en función da calor ou o frío e a comodidade.
    Para vestirme empezo polo calzón, camisola, xersei, pantalón e calcetíns.
    Para desvestirme: calcetíns, pantalón, xersei e camisola ( ás veces xuntos ).
    No choio fanlle graza que poña antes a roupa de arriba ca da abaixo. Non sei o polo que.
    Eu non creo que haxa ningunha simboloxía, polo menos no meu caso.

    ReplyDelete
  12. A min me parece curioso que o fagas así, porque eu fago exactamente o contrario :D Antes abaixo que arriba. De feito, son capaz de poñer os zapatos antes cá camiseta...

    Frenchchou, que bo o das botas!

    ReplyDelete
  13. Eu o deixo a camiseta para o final para non suar, supoño que unha vez que se colle un sistema xa non mudas o ritual

    ReplyDelete