13 Aug 2010

Diary of Light



André Kertész foi un fotógrafo autodidacta que retratou a Hungría de primeiros de século, o París de entreguerras e o Nova York dos 30 aos 80. Ademais da marabilla sobre a lectura que descubrín hai pouco no reader de Orsinia, hai unha compilación das obras máis significativas de Kertész que se chama Diary of Light 1912-1985 (tédelo enteiriño aquí, pero non vos chivedes). Sillas baleiras, fiestras, sombras, reflexos... vexo as fotos que fixo este tipo hai case un século e recoñezo unha por unha todas as miñas obsesións. Boto contas e conclúo, outra vez, que nada do que eu vexo, do que eu sinto, do que eu penso, do que eu vivo, é novo. Que está todo dito.

E tampouco é que importe demasiado.

1 comment:

  1. Cantouno Sergio Algora: "Estoy tan cansado de ser como soy, / todo lo que dije lo dijo alguien ya. / ¡Qué pena que no sea ruso, señor!".
    Pero despois tamén cantou aquilo de: "tengo un podio en mi casa. / Soy el primero cuando quiero".

    ReplyDelete