25 Mar 2010

In Treatment



I was looking at her. Looking at every inch of her body. And I said to my self: Who the hell is this woman, sleeping in the sofa, in front of the TV? What the hell does she know about me? What does she think she knows about me? And what the hell am I doing, living with her in the same living room in the same house with the same kids for the last 15 years?

Understand?
___
*Cheguei a In Treatment en plena resaca de Mad Men, seguindo os sempre sabios consellos de Ascárida, e papei sete episodios seguidos, sen respirar. É emocionante intensa intelixente contida. Encántanme a brevidade e a estrutura narrativa. Estou enganchadirma. A este non lle gusta tanto, advirto

5 comments:

  1. ascárida10:46 pm

    Atención sentencia: esta serie non lles gusta aos que len pouco. Tomallá

    ReplyDelete
  2. Laura e Alex acaban de conocerse, OMFG!!! Agora teño que ver o seguinte... e isto amigos e amigas é unha das vantaxes indiscutibles de internet sobre a tele.

    E cal dis ti que é a relación desta serie coa lectura?

    ReplyDelete
  3. Acabo de ver o primeiro e sen palabras....avecíñase seriaza!

    @ascarida, o comentario ese é o máis snob que lin en tempo.... :-/

    ReplyDelete
  4. ascárida10:15 pm

    Non o digo por sobradismo snob.

    Todas as críticas que lin son de vaia rollo de serie que non pasa nada, só hai uns tipos nun sofá e un psiquiatra e veña plano curto. O señor ese de El Mundo queixase da falta de tramas secundarias, bueno, de que non se ven, algo que tamén lin noutros lados (desculpen, non me vou poñer a buscar onde) e que por eso non pasa nada. E a min esa maneira de non pasar nada paréceme moi dos libros. Nos libros hai persoaxes que non "aparecen", que só son historias contadas por outro, coma nesta serie. Precisamos esceas de Sophie coa súa nai, seu pai, seu entrenador... para que pase algo? Non abonda con que o conte a rapaza? Pois eso.

    ReplyDelete
  5. Mmm... a min o do sobradismo snob dame un pouco igual. Máis que nada porque non cola. Eu, amig@s, lin Millenium. E vin telenovelas. Sip. E ademais disfruteino.

    En calquera caso, entendo o que di Asca e podería estar dacordo... pero creo que en Lost (por poñer un exemplo) tamén hai moitas omisións e á xente parécella a hostia en verso.

    En fin. A min o único que me interesa agora mesmo (vin o capítulo 30 ao mediodía) é que coño significa a auga? Por dios, que alguén me veña dicir que hostia pasa coa auga e cos barcos, porque morro da intriga. E, advirto, se non pasa nada escríbolle ao fillo de García Márquez para chamarlle mentiroso e ao de El Mundo para dicirlle que tiña máis razón ca un santo.

    ReplyDelete