8 Mar 2010

Palabras Contadas

Un día chega a dor e ponse sentada en ti manexando o mando a distancia das emocións. Chega e coloca unha lene transparencia sobre a realidade para que todo se distancie. E todo pasa e todo queda, como os ecos das cousas que son, e fodeuse o humor, e quedaches ti a secas, mirando no espello se teñen razón as persoas que din que adelgazas.
___

*Palabras contadas (Xerais, 2006) é un libro de relatos, un catálogo de argumentos de novelas, un videoclip, unha mostra de arte contemporánea e un espectáculo de spoken word. Se non coñecedes o proxecto de Camilo Franco (que me extraña), podedes comezar lendo o libro: en galego ou en castelán.

2 comments:

  1. Anonymous1:49 pm

    Cando alguén fala deste libro sempre fago o mesmo comentario. A capa parece unha homenaxe á capa de "A love supreme" de Coltrane, que se tes un pouco de ollo pode verse ao fondo.

    http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Datos/Portadas/978-84-9782-509-2.jpg

    ReplyDelete
  2. Unha das cousas grandes que ten ese libro é que está cheo de detalles dos que apropiarse. Como ese, por exemplo :-)

    ReplyDelete