16 Mar 2010
Ando por aquí, recuperando miradas. Por fin.
Actualización 17.03.10.- Editar centos de fotos propias dá para facer algo de autoanálise. Dá, como mínimo, para recoñecer a incapacidade para desbotar, o complexo á hora de roubar outras miradas e a obsesión coas portas, coas ventanas e cos camiños... cos marcos, cos límites, cos puntos de fuga. Sen furgar muito na ferida, dá para recoñecer que me aburro a min mesma. Que xa é triste. Ai.
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
A min non me aburres, eu creo que do que falas é culpa da fotografía dixital e non túa, a posibilidade de facer 100 fotos dun mesmo anaco de chan dá como resultado o aburrimento (dígocho eu) e non é culpa nosa ;)
ReplyDeleteGracias!
ReplyDeletePero máis alá de de quen sexa a culpa (que está clarísimo que nosa non é, jeje) ti non pensas ás veces que ter cousas / imaxes / fantasías de máis é o máis parecido que hai a non ter ningunha?
Penso, e tamén penso que penso de máis,e pensar de máis tráenos moitas dores de cabeza, va que si?
ReplyDelete(sigo traballando, que estou seleccionando fotos de setembro para poder velas de verdade :-) )
E ademáis facer moitas fotos dá moito traballo, e máis se es indecisa coma min, e se descubres como editalas xa non che conto nada... era mellor non ter, nin saber, tes toda a razón.
Era mellor non ter nin saber?!
ReplyDeleteMmmm.
Estás usando a psicoloxía inversa comigo? Porque, se é así, advírtoche que resulta inesperadamente eficaz :D
Pois non son eu de poñerlle nome ás cousas, pero alégrame que funcione ;-P
ReplyDelete