26 Oct 2010

Cuestión de carácter



Xenio nervio temperamento forza firmeza tenacidade vontade empuxe potencia valentía. O que máis admiro nas mulleres da miña familia é o caracter. Medrei confiando en que dentro de min había algo diso, que mesturada coa melancolía viña parte desa enerxía... e así levo toda a vida, tirando dese stock xenético. Parece infinito. Pero supoño que non o é. De feito, ás veces, dame medo malgastalo. Desperdiciar esa forza tirando de carros alleos cheos de persoas moles. Dame moito medo pensar que pode chegar un día no que sinta que non dou máis. Que se acabou. E dame máis medo aínda darme conta de que ese día necesitarei que alguén tire de min. Necesitarei que alguén teza para min unha nova capa de invulnerabilidade. E pode que ese alguén non exista, ou que eu non fora capaz de atopalo, porque estaba demasiado ocupada desperdiciando a miña enerxía en discusións estériles con mediocres ben situados.

8 comments:

  1. bueno, eu creo que na túa vida hai moita xente que, se chega o momento, tirará de ti encantada... xenios e mediocres situados donde teñen q estár, ao teu lado :D.

    ReplyDelete
  2. noguerol11:29 am

    coa súa enerxía seguro que algo bo saca ata das discusións estériles :)

    ReplyDelete
  3. Agradécense os ánimos, aínda non se merezan. Cando releo estas cousas tan choricas, non me aturo :D

    Noguerol, pódese saber en que anda vostede metido? Sigues por Compos?

    ReplyDelete
  4. ascárida4:00 pm

    Atúrate tía.

    ReplyDelete
  5. Totalmente comprensible. Deberías argallar un carro teu propio ben pronto!

    ReplyDelete
  6. ¿É unha indirecta? ¿Lembraste de algun compañeiro en particular cando falas das discusións con mediocres?

    Que te denuncio...

    ReplyDelete
  7. Jajajajaja, Xabi!!! O meu facha favorito... canto tempo. Vinte na entrevista de Dani, xenio e figura. Vennos visitar un día á capital, anda, e así coñeces á filla de La-Seijo. Seguro que é divertido ver como che da caña, como a mai, je :D

    ReplyDelete
  8. A filla de la Seijo non por favor... ¡seguro que xa está nas xuventudes socialistas! Eu á capital vou case tódolos días, a ver se algún día paso por esa vila burocrática chamada Santiago.
    Saúdos

    ReplyDelete