21 Mar 2006

Recurrencias

Nunca collo os xornais gratuitos. Chamádeme doña R que R, pero négome a contribuir á prostitución definitiva da prensa escrita. E non é tan fácil, ás veces boto en falta un sudoku co que encher as horas mortas do máster e outras veces escápaseme, no metro, un ollo cara ós titulares alleos. Hoxe, índa medio durmida, o titular de primeira do Que atravesoume como unha descarga eléctrica:

armas baixo control

Nunha milésima de segundo recordei como, hai xa dous anos, xogaba nos ordenadores da Pompeu coa metáfora das dúas balas:
Estando así las cosas, podemos elegir entre seguir disfrutando con el circo mediático de las armas perdidas o exigir a los medios que nos cuenten qué pasa con esas dos balas y pico que nos corresponden a cada uno de nosotros.
E, xa case asustada, rememoraba como hai pouco máis dun ano saía dun armario máxico, dicindo:
A mí me gustaría saber quién fabricó, quién vendió y quién compró las mías.
Como era aquelo do eterno retorno?
SegundoHeráclito, todo flúe, todo cambia, nada permanece. "Non podemos bañarnos dúas veces no mesmo río", dicía o filósofo de Éfeso, "nin o río nin nós seriamos os mesmos". O devir é o Principio de Todas as Cousas. "Todo é lume que se encende e se apaga, segundo unha medida. O cambio, o devir, está rexido polo logos". O logos regula o devir como unha lei inmanente ó mundo. O devir dáse segundo a loita dos contrarios. A tensión entre os contrarios en luita xera o movemento; por iso á paz séguelle a guerra e a esta, novamente, a paz. "A guerra é a nai de todas as cousas", di Heráclito. E este movemento retorna eternamente sobre sí. Ao terminar o gran ano solar todo volve comezar e repetirse... O eterno retorno.

No comments:

Post a Comment