3 Mar 2006
O ano 2000
Unha vez, cando era aínda máis pequena que hoxendía, lin nalgures que para o ano 2000 os electrodomésticos serían máis intelixentes que a maioría das persoas, como nos supersónicos (magníficos debuxos, estúpido alcume que me perseguirá toda a vida). Hoxe chegoume unha mensaxe multimedia coa foto que vedes. Unha noite de choiva en Valado City. Idéntica a aqueloutra na que, acubillada no sofá da casa petrucial, lía ciencia ficción nunha revista, seguramente a Pronto (as miñas referencias culturais son ben variadas, como xa sabedes). E idéntica, tamén, a aquela improbable profecía tecnolóxica.
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment