Hai unha semana comezamos a falar da montaxe final da aula de teatro. A idea inicial é representar A Nai de Máximo Gorki, pero a investigación sobre o autor ruso vai revelando unha cara oculta que ten medio preocupada á directora. Ofrécenos a opción de retrata-la chamada historia recente de España: o periodo que vai da segunda república á transición. Marabíllome só coa idea, que me parece tan complexa como imprescindible e boto unha semana aplicando o conto da leiteira á nosa futura obra: a cara e a cruz da república, o golpe, a guerra, o franquismo... Quizais ata poda paga-la débeda persoal que adquirín cando acabei La voz dormida. Hai unhas horas, os comentarios dalgúns dos meus compañeiros derramaron o balde de leite ante os meus ollos: é demasiado cercano, é imposible ser imparcial, feriremos sensibilidades...
E, se ben o penso, creo que prefiro cala-la boca que ser imparcial.
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment