8 Nov 2004

En Armental con Armental.- Encaaaaaaaaaaaantame que me paseen. E no no digo só para que me chovan as ofertas (que tamén), senón para agradecerlle a Margarita unha magnífica fin de semana na que: aprendín unhas leccións básicas de educación infantil, corrin favela arriba a media noite, tentei fotografar un esquivo ceo vermello perludio dunha noite xeada (alí xiada) e dun día soleado, probei o pica-pica mentres facía corpo para o licor café, bailei música boa e rinme coa malamalísimamalisísima, durmín coma unha pedra baixo vinte quilos de pura lá virxe, probei o bacallau con cebola estilo empanada, vin e critiquei (ata o extremo) unha curta tan pretenciosa e cara como malamalísima, gocei do agobio máis visualmente fermoso dos últimos tempos, comprendín + compartín + envexei a paixón dos que o intentan aquí, alá e acolá, declareime namorada doutro repelente niño vicente e tiven a sorte de comprobar (unha vez máis) que a comedia romántica segue tendo posibilidades... se se asumen riscos.

Impa(g)able maría.

No comments:

Post a Comment