30 Nov 2004


Ansar o 29.11.04 no Congreso. Foto de AFP publicada por El Mundo.

Comparados con la perfección,
todos salimos perdiendo


Ánsar resistiu case 11 horas as ansias de autocrítica para non "darlle o gusto" ó voceiro de IU. Mentres, ás portas do Circo, digo do Congreso, os ollos feridos e ferintes dos familiares das víctimas enfrontábanse ós dos seguidores do líder, que apretaban contra si as bandeiras españolas como se fosen a capa da invisibilidade de Harry Potter. Nota Cristina García Ramos: entre estes últimos tamén puiden ver un par rapaces que lle daban un toque persoal ó conxunto Burberry's cunha bufanda do PP. Como diría miña irmá, qué fuerrrrrte me parece. Habendo como hai festas de Jack Daniels tódalas findes para rapañar ese tipo de complementos. Pecho nota.

Gracias a que onte estiven toda a mañá pegada á 2, hoxe sei que o mellor gobernante que tivo este país dende os tempos de Maura non é perfecto. Tampouco o é Llamazares. Nin o son os
partidos de la oposición y medios de comunicación conocidos por su delirante obsesión contra el Gobierno del PP, que "fabrican unha gran mentira" e "xogan a desestabilizar". Deduzo fabrican e xogan peor ca el, que é un pouco menos imperfecto.

Tamén sei que os autores que "algúns chaman intelectuais" dos atentados non andan en desiertos muy remotos ni en montañas muy lejanas. Tranquila me quedo, non deben andar por Galicia logo.

Outra cousa importante que antes non sabía é que "hai datos incontestables dos vencellos entre A
l Qaeda e ETA". Incontestables, eh, que non innegables ou incuestionables. Ese novo mito que é Olabarria saliulle ó paso cun chisco de maliciosa xenialidade: como los dos somos profesores y sabemos lo importante que es la corrección lingüística, intentaré cuidar más mi léxico.
Guai rison, guan rison: comparados con la perfección todos salimos perdiendo.

No comments:

Post a Comment