12 Nov 2004
Por que será máis difícil describi-los momentos de felicidade cós de tristeza? Eu cando estou morriñenta, triste ou agobiada (esto último é o máis frecuente) teño unha certa necesidade de contar. Contar dende as tripas, cara a fóra. O que escribo neses momentos non o dicta a miña cabeza, en todo caso sae directamente dos dedos, e cumpre unha dobre función de exorcismo dos meus demos e de xenerosa auto-compaixón. Sen embargo, cando (coma agora) me sinto feliz e tranquila teño que forza-la escritura. Unha escritura que, de sair, sae da cabeza. Razono. Por qué estás tan contenta: 24 anos, a carreira acabada, matada e rematada; non tés un can (nin real nin simbólico); non tés traballo; non tés rapaz (por non ter non tés nin ganas, que é peor); non tés un plan ó que cinguirte... Ai, ai, ai... Por que estarei tan contenta?
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment