O día 25 de novembro entregaránse no Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales as firmas recabadas ó abeiro da campaña Non Máis Violencia Contra as Mulleres.
Se aínda non firmaches, apúrate.
Na mesma páxina, abaixo á esquerda, hai un link (para aqueles/as con un pouco máis de tempo e/ou interese) que explica como enviarlle unha carta ó ministro Caldera recordándolle as preocupacións do Comité da CEDAW das Nacións Unidas sobre a situación dos dereitos humanos das mulleres en España. Preocupacións que lle foron trasladadas ó goberno español hai xa uns meses, xunto coas recomendacións pertinentes e que aínda non obtiveron resposta.
3 Nov 2004
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment