22 Nov 2004

Amnistía Internacional de Lugo ten o gusto de invitala/o á charla que baixo o título "Violencia contra a muller e conflictos armados" terá lugar o martes 23 de novembro ás oito do serán no centro social Uxío Novoneira (enfronte da praza de Abastos, digo, do Glam), na que participarán María Naredo (avogada especialista en violencia de xénero e responsable da campaña Non Máis Violencia Contra as Mulleres) e Rina Bolaño, víctima da violencia sexual no marco do conflicto armado colombiano, actualmente acollida ó programa de protección temporal de defensores dos dereitos humanos da sección española de AI.



Rina Bolaño, bacterióloga que traballaba con poblacións indíxenas, foi secuestrada o 12 de agosto de 2003 pola Frente 19 das FARC en Sierra Nevada de Santa Marta, no norte do país. Despois de quedar en liberdade, denunciou publicamente e ante as autoridades que o mando das FARC Beltrán a violara durante o seu cativerio de quince días. Considerada polos medios de comunicación a primeira denuncia de agresión sexual a mans de grupos armados realizada por unha supervivinte, o seu caso tivo gran repercusión pública, e contou co apoio dunha recoñecida organización de mulleres (Red Nacional de Mujeres), así como da Defensoría del Pueblo. Días despois de presenta-la denuncia, o seu caso deu un insólito xiro. O 12 de setembro, a denunciante foi detida por orde da Fiscalía 23 de Valledupar, acusada de rebelión:

Llegaron dos carros con armados hasta los dientes. Dijeron: "Venimos a protegerte de parte de la vicepresidencia. Éste no es un barrio seguro. Recoge tu ropita." Yo inocentemente caí. Cuando llegué al DAS [Departamento Administrativo de Seguridad] me tomaron las huellas. De manera cínica el agente me dijo: "¿Usted qué hizo? Ahora no la podemos proteger, tenemos que detenerla por rebelión." Como una delincuente, con fotos. El Director Nacional del DAS hizo declaraciones públicas señalando que había sido capturada y que era del ELN. Yo contaba con el apoyo de las mujeres que me decían "te vamos a sacar". Pero eso duró 46 días. El mando Beltrán se reinsertó, pro eso quedó protegido por Estado. Hizo declaraciones en al televisión. La autoridad policial dijo que había sido un romance y que yo era una guerrillera. La palabra del reinsertado valía más que la mía.

Rina Bolaño quedou en liberdade tras 46 días de reclusión, e en agosto de 2004 foi exonerada de toda acusación de relación coa guerrilla. Mentres o proceso na súa contra por rebelión permaneceu aberto non houbo avances na investigación nen acción xudicial polo delito de violación que denunciou.

No comments:

Post a Comment