O deuvedé multiformato non vai no meu reproductor do ano da polca (neste caso sería máis preciso dicir do ano de... de... Iuropslivinaselebreixon, creo recordar) así que de momento quedo sen reforzo para as miñas leccións avanzadas de chilensis e concéntrome na carta que o acompaña, nas ganas que tiña de saber dela, na de tempo que facía que non recibía unha carta com-cal, no malísima amiga que son (sobre todo) por a) non recordar nunca unha data e b) non escribir a ninguén.
Sempre fago igual
Achégase o cuarto de século. E findano. E eu con estos pelos... Non sei nada dos de Barcelona. Non chamei ás BTV-becarias, non falei con P. dende aquel pique ridículo, non contesto ós mails de Javi, hai séculos que non falo cos de Valencia, teño que envia-las postais de Unicef que me encasquetou meu tío, teño que acaba-la tesina antes do nadal, teño que escribir un libro... Ou era prantar unha árbore?...
Recordo un post xenial que lin non hai moito e decido apropiarme del vilmente, digo, posmodernamente:
Me he propuesto varias cosas, a saber:
-Escribir (e mandar) por primeira vez na miña vida as felicitacións de Nadal que tódolos anos acabo mercando
-Axudar a miña irmá coa Selectividade
-Saír sempre que teña ocasión, aínda que na casa se estea quentiña e (sobre todo) aínda que teña un libro fascinante ó lado da cama
-Escribir tódolos e-mails que debo
-Aclara-la miña situación académica
-Atopar (aínda que só sexa na miña cabeza) un traballo que me permita: sentir que aproveito minimamente o meu tempo, vivir comodamente preto da familia, escribir o que me apeteza, manter viva a esperanza de dirixi-lo meu documental algún día, viaxar (e non a Tenerife)..
-Atopar un rapaz que reuna estes requisitos:
Ollos grandes e misterioros, con longas pestañas e con gafas; pelo escuro, indomable, un pouco guedellas; sonrisa ampla e confiada formada por uns dentes un chisco imperfectos e uns beizos fermosos; nin alto nin baixo nin gordo nin escutrulido; con mans inquedas de guitarrista de jazz; infinitamente máis culto ca ninguén deste mundo, pero sen abucharar (sobre todo a min); naturalmente divertido, pero sen ser cansino; rojo a morir; que pense levar vaqueros e/ou pana con camisetas e/ou sudadeiras toda a vida; que lle guste o frío, a néboa, a choiva e a neve... e o xelado de limón; que use Axe Alaska; que queira ve-las pelis en versión orixinal; que non sexa chorón (para eso xa chego eu) pero sí moi paixonal (nas discusións políticas... e no resto); que poda falar de calquera cousa durante horas; que se entenda co meu abuelo; que fale (ou aspire a falar) galego; que non vaia de urbanita irredento; que (tamén) lle gusten as pelis malas e os programas cutres da tele; que estea completamente seguro de que endexamais me sería desleal; que lle guste conducir (comigo de copi); que me baixe compra-lo xornal os domingos pola mañá; que lle encante á miña familia, sobre a todo meus pais, e que a el lle encanten eles... e eu... que adoite ve-la cara amable da xente; que de cando en vez saiba sair de esmorga ata que o corpo aguante; que lle guste os pequenos (dos demais); e que non crea que quererse é casarse, ter fillos e/ou durmir abrazados para sempre xamais.
Ui, que fácil é pasarse pedindo... xa o dicía o orixinal, puestos a pedir, es mi fantasía (es mi scattergories). Claro que tamén dicía: para que hacerme esquemas si yo con cuatro tonterías me como hasta las flores (todo lo de arriba es falta de sexo).
Ai! Que dura está a realidade.
No comments:
Post a Comment