4 Nov 2004
Oda a unha castaña no chan
Da follaxe ourizada
caiches
completa
de madeira pulida,
de lúcida caoba,
lista
coma un violín que acaba
de nacer na altura,
e cae
terminado en segredo
entre paxaros e follas,
escola da forma,
liñaxe de leña e da fariña,
instrumento ovalado
que garda na súa estructura
delicia intacta e rosa comestible.
Pablo Neruda. En Odas elementales.
Xa sabía eu que dalgún lado nos tiña que saír a nós a morriña compartida. Foi das castañas inxeridas na infancia... no doubt. Abráiame descubri-la de doces que fai a tradición culinaria chilena co elas: flan, marmelada, dulce, budín... Teño saudade do super-cuchuflote do cuchufli e dos freixós con manjar mentres gozo coas castañas cocidas con leite (burgazos ou burgós, parece ser) de miña nai.
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment