1 Aug 2005

Din-xustiza

Acordádesvos daquel post do día da liberdade de expresión?
A fiscalía de Lugo imputou, a través do xulgado de Viveiro, a unha sobriña de Manuel Fraga, Ana Robles Fraga, que exerce como directora do IES Perdouro de Burela por un presunto delicto contra a Administración pública. Tamén se imputa polos mesmos delictos á secretaria do centro educativo, Soledad Gude; á persoa contratada de forma irregular, María José López Galán; e ó inspector de educación Manuel Álvarez Martínez.Pero no diario de Lugo desde 1908 non o veredes.
Pois onte recibín este comentario ao respecto:
Por que no cuentas la historia completa? que la denuncia la puso una concejala del Bloque, profesora del IES PERDOURO, y enlace sindical de la CIGA, dispuestos a inventar cualquier cosa con tal de hacer su sucia campaña habitual.
Quizais sexa bon, para animar o debate, traelo ao tempo presente. Non me meto coa xestión do IES Perdouro. Nin coas relacións familiares da súa directora. Nin sei nin (de momento) me importa a resolución do caso. Só digo que si que era noticia, que un dos meus compañeiros investiu tempo e esforzo escribíndoa e que se finalmente non saiu publicada foi porque a protagonista era sobriña de Fraga. E, por certo, que importa a afiliación política da denunciante? Que propós, anonymous, prohibirlles aos representantes políticos e/ou sindicais poñer denuncias?

No comments:

Post a Comment